sábado, 21 de setembro de 2019

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA
Autor: Marcial Valladares
Edita: El Correo Gallego.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Maxina ou a filla espúrea é unha novela de Marcial Valladares Núñez.

Públicada en 1890 (pero editada en forma de folletín ao longo de 1880 e cuyo manuscrito data de 1870), se trata da primeira novela en língua galega.

Maxina (Título co que se a coñece abreviadamente) é unha novela romántica, de asunto contemporáneo, con episodios truculentos e trama folletinesca, que termina cun desenlace sorprendente.

ISBN: 84.85553.36
Nº de páxinas: 93
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 15 cm


GALEGAS NO MUNDO con OS PIÑEIRIÑOS


Por último e para rematar as actividades deste mes teremos con nós o Venres día 27 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello a ANDREA VÁZQUEZ acompañada dos irmáns Fuco e Xela "OS PIÑEIRIÑOS" co seu espectáculo "GALEGAS NO MUNDO" a través do que queremos facer visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura Galega.

Nesta ocasión participaran neste evento os alumnos de 1º a 4º de Primaria e Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os da EEI "A Galeriña" de Nespereira, xunto con algúns usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmarcase no programa de narración oral para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Entrada de balde ata completar o aforo do local. 
Obrigatoria inscrición previa no teléfono da Biblioteca nº 986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

xoves, 19 de setembro de 2019

SETE PALABRAS


SETE PALABRAS
Autor: Suso de Toro.
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Género: Literatura Galega - Narrativa

Esta novela tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. 

O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con ternura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que o autor, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece Badaladas, traza unha nova fronteira literaria.

ISBN: 978-84-9914-029-2
Nº de páxinas: 317

Encuadernación: Tapa Blanda
Formato: 22 x 14 cm




IGUAIS, DIFERENTES


Continuamos coas actividades de animación á lectura, esta vez con outra actividade enmarcada no programa LER CONTA MOITO que se realizará o Mércores 25 de setembro, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.

Nesta ocasión contaremos con Manuel Solla Barragáns de Expresión producións que nos traerá o espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

"Para tomar conciencia de que somos iguais cos mesmos dereitos e deberes o mellor é facelo de forma lúdida, amena e divertida coa axuda dos contos, xogos, a maxia e a participación."

Nesta ocasión están convidados a participar desta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

VEN A BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!

martes, 17 de setembro de 2019

CÍRCULO


CÍRCULO
Autor: Suso de Toro.
Edita: Edicións Xerais de Galicia.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terrible e maravilloso, múltiple e repetido. Un libro como unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida.

Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si.

Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos a atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisibles de emocións profundas e perturbadoras

ISBN:84-8302-317-2
Nº de páxinas: 239
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14 cm



domingo, 15 de setembro de 2019

UNHA POUCA DE CINZA


UNHA POUCA DE CINZA
Autor: Suso de Toro
Edita: El Correo Gallego

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nas páxinas de Unha Pouca de Cinza está Santiago na súa historia pasada e no seu presente, na súa dimensión de capital política, cidade universitaria e espazo cotián de xentes anónimas. Rúas, prazas, lugares diversos: escenografía urbá, santiaguesa, poboada de figuras habita nestas páxinas. De entre elas, "Aquí somos así, positivamente", semella contar entre o mellor que ofrece o narrador. Un narrador de hoxe, cada vez con mais oficio no seu labor, dotado dunha intensa forza expresiva, dunha prosa viva, ateigada de coloquialidade. Un escritor que está a acadar a súa madurez, que está a anovar espacios, temas e linguaxe na narrativa galega. Un escritor con proxección de futuro desde un presente no que é unha interesante realidade. Pero podemos agardar moito maís del. É agardámolo.

ISBN:84.85553.112
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda

Formato: 21 x 15 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger