"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN
Continuará o 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" o venres
15 de novembro coa presenza de CRIS DE CALDAS que nos ofrecerá
os seguintes espectáculos:
A esta primeira sesión asistirán os rapaces de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ademais de varios usuarios da Asociación ASPAVI.
Ás 20:00 horas presentará para o público adulto "TECENDO
CONTOS", contos tecidos na memoria dos tempos e transmitidos oralmente xunto a
outros contos tecidos na escrita. Versións non coñecidas de contos clásicos que
se unen a interpretacións libres de relatos literarios. Oralidade e literatura
danse a man para xuntar contos para non esquecer, dos escoitados ao redor do
lume, de denuncias, pantasmas e algunha risa tamén se tecerá...
Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL
ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!