CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
sábado, 27 de febreiro de 2021
EL TRATANTE HORN
SIETE CAPERUCITAS Y UN CUENTO CON LOBO
venres, 26 de febreiro de 2021
EL SECRETO DE ÎLE-DE-SEIN
MIS CUENTOS AFRICANOS
xoves, 25 de febreiro de 2021
AURORA BOREAL
MARI PEPA Y EL CLUB DE LOS PIRADOS
mércores, 24 de febreiro de 2021
"A MALETA" contacontos en galego e en lingua de signos - Conmemoración do Día da Lingua Materna
Continuaremos coas actividades o Venres día 26 de Febreiro cun evento organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos consistente nun contacontos en liña para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna que se celebra todos os anos do día 21 de febreiro.
O conto "A MALETA" será retransmitido en liña e será realizado por Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos contado en
lingua galega e lingua de signos.
Está baseado no álbum ilustrado "La
maleta" do autor Chris Naylor-Ballesteros editado
por La Galera editorial:
"Un día un animal estranxeiro chega a
un lugar con tan só unha maleta. Algúns animais empezan a facerse preguntas.
Que raro! Por que está aqui? De onde vén? E que leva na maleta?
Unha emotiva historia de diversidade, de
amizade, de axuda, de emigración e o valor da acollida e aceptación pola
diferenza.
A actividade será retransmitida
nunha primeira emisión ás 13:00 horas e irá dirixida
aos escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; de
Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e
aos usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace
para conectarse a través de internet e poder gozar do conto.
LAS SEMILLAS DE LA VIOLENCIA
PALABRAS DE CARAMELO
martes, 23 de febreiro de 2021
EL CORAZÓN HELADO
LOS NIÑOS CANTORES
luns, 22 de febreiro de 2021
BUSCANDO A ROSALÍA
"A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco... Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta, Rosalía de Castro, a nosa gran poeta.Que bela e caprichosa é a alegría (Rosalía de Castro).Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón."
ESPERÁMOSVOS!!!
LA PARTE ESCONDIDA DEL ICEBERG
A FILLA DE VERCINXÉTORIX
domingo, 21 de febreiro de 2021
INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO ANO 2021
Neste segundo ano de pandemia o primeiro que temos que dicir é que aconsellamos a toda a cidadanía que se coide moitísimo e que cumpra escrupulosamente coas medidas e protocolos sanitarios para evitar contaxios pola COVID-19 en todas a súas variantes xa coñecidas e as que esperamos coñecer ao longo deste ano.
Iniciamos neste mes de febreiro as actividades do programa de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - Bibliopazos.
A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e se levaran a cabo diversas actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto intentando abarcar moitos diversos ámbitos da educación e da cultura: ciencia, maxia, contacontos, encontros con autoras/es, narración oral, poesía, homenaxes a autoras/es e escritoras/es, conmemoracións de días mundiais e internacionais, educación e promoción do patrimonio local tanto inmaterial como natural, artístico, históricos, etc., e actividades de dinamización con música, teatro e danza.
Se a pandemia nos deixa realizaranse nas datas que temos previstas e das iremos informando máis polo miúdo a través da prensa, blog e redes sociais da Biblioteca. Nun principio se levarán a cabo de modo presencial no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e, no seu caso, se as circunstancias sanitarias o impedisen teremos dúas opcións que valoraremos chegado o caso: ou se pospoñen as datas para outras máis favorables ou se realizarán as actividades en formato en liña (Online) ou mediante retransmisión en directo (Streaming). Xa veremos.
Como en anos anteriores a nosa idea é a de contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir. así imos intentar ofrecer un conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dunha forma lúdica e atraente.
Tamén seguiremos reforzando o carácter de espazo aberto da biblioteca, ao tempo que alentamos á aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que a biblioteca proporciona.
MES DE FEBREIRO
"A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco... Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta, Rosalía de Castro, a nosa gran poeta.
Que bela e caprichosa é a alegría (Rosalía de Castro).
Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón."
Están convidados a esta actividade as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.
O conto "A MALETA" será levado a cabo mediante unha retransmisión en liña por Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos e contado en lingua galega e lingua de signos.
Está baseado no álbum ilustrado "La maleta" do autor Chris Naylor-Ballesteros editado por La Galera editorial:
"Un día un animal estranxeiro chega a un lugar con tan só unha maleta. Algúns animais empezan a facerse preguntas. Que raro! Por que está aqui? De onde vén? E que leva na maleta?
Unha emotiva historia de diversidade, de amizade, de axuda, de emigración e o valor da acollida e aceptación pola diferenza.
A actividade será retransmitida nunha primeira emisión ás 13:00 horas e irá dirixida aos escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e aos usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para conectarse a través de internet e poder gozar do conto.
Ás 18:00 horas haberá unha segunda retransmisión do conto que poderá ser visualizado polo público e familias en xeral que se conecten a través da páxina de Facebook da Biblioteca. Nesta ocasión o conto estará dispoñible durante unhas dúas horas, aproximadamente, para que poida ser visualizado polo maior número posible de veciños e usuarios de BiblioPazos.
MES DE MARZO
Este espectáculo a medio camiño entre unha función de contos e unha charla sobre igualdade de xénero está estruturado cunha metodoloxía activa e participativa onde o público deixa de ser axente pasivo e pasa a ser parte dunha mesa redonda.
Din as persoas entendidas que, tradicionalmente, quen contaba os contos nos eventos sociais, ás crianzas antes de durmir, nas lareiras... eran as mulleres. Din que eses contos eran de todo tipo e neles o protagonismo recaía indistintamente en personaxes masculinas ou femininas.
Contan tamén que quen recopilou eses contos tradicionais para publicalos en papel e facelos imperecedeiros foron case sempre homes. Din que polo camiño quedaron unha infinidade de historias cribadas nos que o protagonismo recaía na muller.
Este espectáculo devólvelle ese protagonismo á muller e reivindica unha igualdade real e efectiva na que ningunha voz sexa calada.
Convidamos a esta actividade aos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos acompañados dos seus profesores.
"CINEMA DE HISTORIAS" será levado a cabo pola actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS o Mércores 10 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que espertaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos a ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas.
Alice Guy foi unha muller fascinante inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis...
Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín con ilustracións de Nella Bosnia e editado por Kalandraka, trata de Maragarida a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo. Ela non quere lucir lazos rosas, nin zapatos rosas, nin colares rosas. Ela quere ter a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións. Margarida descubrirá a sensación da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para o resto das súas compañeiras elefantas...
A actividade retransmitirase nunha única emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; os de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e os usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para conectarse a través de internet e poder gozar do conto.
E finalizamos os eventos do mes de marzo cun Obradoiro de Poesía para conmemorar o Día Mundial da Poesía que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo de cada ano.
O obradoiro "XOGUEMOS A POETIZAR" será realizado o Martes 23 de Marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello polo escritor madrileño con raíces en Moscoso (Pazos de Borbén) e residente en Vigo MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ.
Neste obradoiro a través da poesía introdúcense diversos temas con perspectiva de xénero como a igualdade ou o acoso escolar, entre outros. A través da creación poética do propio alumnado e da análise de letras de cancións, e versos de poetas, sobre todo de Galicia, trabállanse dun xeito transversal os temas antes expostos.
Traballo individual e en grupo. Co soporte de vídeos, cancións e imaxes e dunha forma eminentemente práctica ensinar diferentes camiños na creación dun poema.
Con esta actividade preténdese acadar os seguintes obxectivos: educar nos valores de igualdade, diversidade e respecto aos demais; fomentar a creatividade; asociar a aprendizaxe ao xogo; traballar vocabulario na nosa lingua; pór en valor a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; fomentar a lectura de poesía e o uso da imaxinación; e dotar ao alumnado de novas ferramentas que lles permitan ver a realidade dun xeito diferente.
Están convidados a esta actividade os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos cos seus mestres.
MES DE ABRIL
Neste mes conmemoraremos dúas importantes datas que teñen que ver co libro e coas bibliotecas, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o día 2 de abril e o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor o 23 de Abril con tres interesantes actividades.
Contos por teléfono! Última chamada! Aínda non reservaches a túa praza! A que esperas? Só tes que inscribirte para facer a túa reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e terás unha historia especialmente preparada para tí ao outro lado do fío.
Esta actividade recolle a idea da coñecida obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de soidade e confinamento vividos pola COVID-19.
As sesións inícianse cun xogo introdutorio, caracterizado pola complicidade e a procura da participación do oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros.
Os interesados deberán achegarse ou chamar á biblioteca ao teléfono 986 497 273 en horario de 09:00 a 14:00 horas para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada é que quere escoitar o seu conto. O prazo de inscrición é do 26 de marzo ao 7 de abril.
Ana Facchini levará ás persoas inscritas por un ratiño (cada conto dura non máis de 5 minutos) a un mundo divertido, a nosa infancia ou quen sabe onde, porque cada un dos contos é unha viaxe diferente. Hainos para todos, grandes e pequenos, porque esta actividade non ten idade, é para todo tipo de público, desde os 5 aos 99 anos.
Neste contacontos coa participación activa dos asistentes nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, foméntanse aspectos relacionados cos valores da igualdade, respecto á diferenza e á diversidade.
Tamén se traballa vocabulario en lingua galega, os números, as vocais; así como a motricidade e a coordinación.
Finalizado o contacontos farase unha actividade de debuxo cos participantes no que se pretende trasladar aos asistentes a idea de que a diversidade é positiva, é riqueza, é vida.
Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.
Pequenas historias contadas e cantadas por animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.
Peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a descubrir que se agocha entre tanta animalada!!
MES DE MAIO
Un percorrido xeográfico polo nome das Rúas que vertebran as nosas cidades e pobos. Desta maneira saberemos dos nomes que poboa o noso rueiro: Castelao, Rosalía, Cunqueiro, Manuel María, Carlos Casares, María Victoria Moreno... e como non, a propia Xela Arias.
Unha proposta que recolle recital, música en directo, teatro, conto fantástico, relato de misterio, poesía, discurso etnográfico... todo tecido co fío da narración oral e da palabra dialogada.
Esta actividade terá lugar o Mércores día 19 de Maio ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e está prevista a asistencia aá mesma dos mestres e alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
MES DE XUÑO
E damos por rematadas as actividades deste primeiro semestre do ano cunha proposta medioambiental que terá lugar o Venres 4 de xuño ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e á que asistirán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Un varredor (ou como el prefire que lle digan chico da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ao chan. Está farto de recoller chicles, papeis, panos dos mocos e avoas en bo estado de uso.
A partir deste comeza un pouco esperpéntico o seu discorrer escénico irá virando cara un todo máis amable dende o que abordar contos, xogos e cantigas de carácter ambiental.
Entre outros contidos tocaranse aspectos como a pegada ecolóxica, a reciclaxe (norma das tres R), a auga como fonte de vida, ... todo salpementado con datos, curiosidades e anécdotas que nos permita sensibilizar na necesidade de coidar o noso entorno para que él nos coide a nós.
VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
ESPERÁMOSVOS!!!