sábado, 1 de setembro de 2018

FÓRA DO NORMAL


FÓRA DO NORMAL
Autora: María Reimóndez
Ilustrador: Antonio Seijas
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

André, igual ca os heroes da banda deseñada como Superman, Batman e A Muller Marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo pronóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa de afectos e pola lectura das aventuras dos heroes so cómic clásico, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son.

Fóra do normal, novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola igualdade, identifica os heroes e heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.

ISBN: 978-84-9121-401-4
Nº de páxinas: 143
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

VIOLETA QUERE SER VAMPIRO. UN CONTO DO SAMAÍN


VIOLETA QUERE SER VAMPIRO. UN CONTO DO SAMAÍN
Autor: Ramón D. Veiga
Ilustrador: David Sierra Martínez
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego -  Contos

Idade recomendada: +5 anos

Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín.
Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, "aos mortos non hai que terlles medo: cos vivos xa é outro cantar".

ISBN: 978-84-9121-262-1
 Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 27 x 22 cm.

venres, 31 de agosto de 2018

SEN PIEDADE


SEN PIEDADE
Autor: Pedro Feijoo
Edicións Xerais de Galicia S.A

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. "Neno, o que ti necesitas é unha boa festa", dixera. E así foi como decidimos tomar prestado o coche do vello, un impresionante Dodge Charger do 68, e botarnos á estrada nunha viaxe feroz. A tumba aberta. Sen coidado nin preocupación, sen tregua, sen límites.

ISBN: 978-84-9121-400-7
Nº de páxinas: 246
Encardernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

A NOITE DAS BICICLETAS


A NOITE DAS BICICLETAS
Autora: Teresa González Costa
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

Raymond era un apaixoado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro duncha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre Vancouver, a súa bicicleta azul e vermella. 
Cando chegou co circo á nova vila, fixo amizade con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Os dous amigos querarán abraiados ao veren a rapidez con que Valentina, a filla do alcalde, aprende a andar e facer acrobacias sobre a súa bici Celífera, para impedir a amizade entre Raymns e a sua filla.

Precuela d' A filla do ladrón de biciletas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.

ISBN: 978-84-9121-369-7
Nº de páxinas: 219
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

xoves, 30 de agosto de 2018

DEZ DEDOS NAS MANS E DEZ DEDAS NOS PÉS


DEZ DEDOS NAS MANS E DEZ DEDAS NOS PÉS
Autor: Mem Fox
Ilustradora: Helen Oxenbury
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -  Contos

Idade recomendada: +0 anos

"Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés" é un tenro álbum ilustrado para pre-lectores e primeiros lectores que, a partir dun sinxelo texto rimado, estrutura repetitiva e fórmula acumulativa, amosa varios bebés nacidos en distintos lugares do mundo, destacando o que teñen en común: dez dedos e dez dedas.

O ton rítmico do texto favorece a lectura en voz alta e a participación dos destinatarios.

ISBN: 978-84-8464-382-1
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 27,5 x 23,5 cm.

mércores, 29 de agosto de 2018

A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA


A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
Autor e Ilustrador: Carlos Taboada
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Idade recomendada: +9 anos

Pedrarcana de Leira era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lías, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, seixábase levar.
Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas.
Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
A biblioteca de Pedrarcana é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

FINALISTA DO PREMIO MERLÍN 2017

ISBN: 978-84-9121-370-3
Nº de páginas: 207
Encardernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN


A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
Autor: Xabier P. DoCampo
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A vila de Ribadaísua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.

Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaite mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutadas que se queren donas da súa propia vida..., son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa mais fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de  verdade, o que está alén de Ribadaínsua.

Novela de longo alento, traballada durante máis de quince anos, "A nena do abrigo de Astracán" reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa a Xabier P. DoCampo como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.

ISBN: 978-84-9121-286-7
Nº de páxinas: 399
Encardenación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

martes, 28 de agosto de 2018

O LADRÓN DE SOÑOS


O LADRÓN DE SOÑOS
Autora: Sabela Fernández Trelles
Ilustradora: Alicia Suárez
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?

ISBN: 978-84-9121-378-9
Nº de páxinas: 47
Encardernación: Tapa dura
Formato: 17 x 25,5 cm.

A RAÍÑA DAS VELUTINAS


A RAÍÑA DAS VELUTINAS 
Autor: Lionel Rexes
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de personas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas.

A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por personas con diversos intereses e maneiras de procedes. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; máis nada será o que parece.

Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidaridade.

Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal"

ISBN: 978-84-9121-268-3
Nº de páxinas: 150
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

luns, 27 de agosto de 2018

LA DOCTORA COLE




LA DOCTORA COLE
Autor: Noah Gordon
Traductor: Jordi Mustieles
RBA Promociones Editoriales, S.L

Género: Literatura en Castellano -Narrativa

La doctora Cole es una mujer de cuarenta años que reflexiona sobre su vida: es médica, divorciada y el ejercicio de su profesión, al que dedica todo su tiempo, ha perdido su dimensión humana. Decide dejar la ciudad y regresar al campo, donde recuperará el don de la adivinación que heredó de sus antepasados y descubrirá un tipo de medicina muy diferente. 

Con esta gran novela, el escritor Noah Gordon completa la trilogía que con El médico y Chamán, dedica a una estirpe de sanadores que tiene sus orígenes en la Edad Media y se extiende hasta nuestros días.


ISBN: 84-473-1432-4
Nº de páginas: 316
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13x 21 cm
                            

MILLADOIRO DE CONTOS


MILLADOIRO DE CONTOS
Autora: Adriana Andrade
Ilustracións: Teresa García Fernández
Edicións Embora
Colección: O Globo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

O traballo artesán de dous canteiros locais na construcción dun elemento simbólico serve de fío de unión para esta presa de relatos enraizados na maxia da contística. Neles peregrinan personaxes tradicionais xunto con xente do común que adquire papel de protagonista.

O Milladoiro das Pozacas é espazo de crenzas, casa  se seres míticos, bálsamo fronte ás dificultades da veciñanza e punto de encontro e honra para romeiros de cerca e de lonxe. O misterio da noite de Reis, as trasnadas de pícaros que se converten nun perigoso incendio, a conquista amorosa dunha princesa ou a voda de dous anfibios complementan o seu día a día milagreiro.

ISBN: 978-84-16456-79-6
Nº de páxinas: 89
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm.



domingo, 26 de agosto de 2018

A ESTRAÑA AVENTURA DE MANOLIÑO SINGAPUR


A ESTRAÑA AVENTURA DE MANOLIÑO SINGAPUR
Autor: Xoán Bábarro González
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: O globo

Xénero: Literatura infantil en galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos.

Imaxina que unha avelaíña chega á pantalla do teu ordenador cunha chamada de auxilio procedente dunha descoñecida páxina web.

Que, despois de atravesares polo sitio más solitario do mundo, chegas a unha cidade onde te consideran inimigo.
Que aparecen nas pantallas como un hácker intruso perigoso.
E que, a pesar de todo, consegues saír vitorioso. 
Pois todo iso viviuno Manoliño Singapur.

ISBN: 978-84-16456-75-8
Nº de páxinas:82
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm.

SULTANA




Sultana
Autor: Jean Sasson
Traductor: María Millán
RBA Promociones Editoriales, S.L

Género: Literatura en Castellano -Narrativa

La escritora Jean Sasson, que vivió durante más de diez años en Arabia Saudí, narra la infancia y la adolescencia de una princesa que fue su íntima amiga, y a quien debe referirse con el nombre de Sultana para ocultar su verdadera identidad y proteger su vida.

Sultana, a pesar de vivir rodeada de fabulosas riquezas, nació en un país donde la vida está regulada por estrictas normas dictadas por los hombres y en el que la mujer no es dueña de su propio destino. 

Esta historia verídica, convertida por la maestría de Jean Sasson en un conmovedor relato, es una valiente denuncia de la opresión y las atrocidades que sufren las mujeres en los países regidos por la Ley islámica.

ISBN: 84-473-1437-5
Nº de páginas: 224
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13x 21 cm
                            

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger