BASES CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS "PRÍNCIPE FELIPE" ANO 2013
A Deputación de Pontevedra oferta, novamente, os Campamentos Polideportivos "Príncipe Felipe", que se realizarán nas seguintes datas:
· Primeira quenda: 08 de xullo – 13 de xullo
· Segunda quenda: 15 de xullo – 20 de xullo
· Terceira quenda: 22 de xullo – 27 de xullo
· Cuarta quenda: 05 de agosto – 10 de agosto
· Quinta quenda: 12 de agosto – 17 de agosto
· Sexta quenda: 19 de agosto – 24 de agosto
SOLICITUDES
Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 1999 e 2006, ambos os dous incluídos.
A modalidade do campamento será de internado en pensión completa.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
Impresos
Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 6ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).
Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.
Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 19 de abril.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 06 ó 10 de maio.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 28 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.
Prezo
O prezo será de 125 € por neno.
MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borbén.
Teléfono 986 498 934
Horario: Luns a Venres de 09:00 a 14:00