NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 15 de marzo de 2013

A RAGC homenaxeará ao Pai Feijoo no Día do Científico Galego



 
A Real Academia Galega de Ciencias deu a coñecer este martes 12 de marzo as actividades que vai desenvolver con motivo da homenaxe a Frei Feijoo no Día do Científico Galego. Serán actividades a desenvolver de xeito tradicional (presencial) pero tamén haberá accións cunha clara vertente dixital. Como lembraremos, o pensador e ensaísta Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, máis coñecido como Pai Feijoo (ou Frei Feijoo), será o protagonista este ano da devandita xornada logo de que a RAGC aprobase por unanimidade a súa elección polo "seu esforzo defensor e impulsor da nova ciencia baseada na razón e na experiencia e polo seu espírito crítico á hora de cuestionar dogmas e espallar as ideas científicas". Foi, en boa medida, un escéptico en relación coa ciencia dogmática que defendía a Igrexa e en relación tamén ao papel secundario da muller.

Aínda que o acto académico conmemorativo celebrarase o 23 de abril, data na que foi publicada en 1977 a constitución da RAGC no Diario Oficial de Galicia, grazas á colaboración da Fundación Barrié as actividades de difusión estenderanse ao longo de todo o ano, con especial atención á comunidade escolar.

É a sexta ocasión en que a RAGC celebra a devandita xornada. O seu obxectivo é homenaxear as figuras máis destacadas da Historia da Ciencia, "difundindo a súa contribución para que a opinión pública poida percibir, a través dos exemplos máis destacados do pasado, o prestixio actual da investigación en Galicia e a necesidade de investir recursos nela para que o seu potencial sexa cada vez maior de cara ao futuro". 

En anteriores, como recordaremos, conmemorouse as figuras do matemático Enrique Vidal Abascal, do xeógrafo Isidro Parga Pondal, do enxeñeiro agrónomo Cruz Gallástegui, do astrónomo Ramón María Aller Ulloa e do químico Antonio Casares. O homenaxeado este ano será por primeira vez un home de letras.

Ademais de organizar actividades específicas para achegar a figura de Feijoo á comunidade escolar e ao gran público en varias localidades galegas, a Fundación Barrié presentará diverso material tecnolóxico para dar conta da súa contribución, entre o que se inclúe unha unidade didáctica dedicada a el e ao seu legado, que será distribuída en todos os centros de ensino de Galicia. Esta colaboración enmárcase en educaBarrié, a canle en liña de ensino da Fundación Barrié. 

martes 12 de marzo do 2013, por Redacción
Fuente: Codigo cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger