sábado, 2 de abril de 2022

ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE ABRIL DE 2022


Outro ano máis desde Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos sumámonos aos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se conmemora en todo o mundo o día 2 de abril de cada ano desde que o IBBY (International Board on Books for Young People) promoveu por primeira vez en 1967 ese día coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


Animádevos a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e XUVENIL participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando aos mais novos a que lean polo menos 20 minutos ao día.

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos conmemoraremos outro ano máis o Día Internacional do Libro Infantil cun contacontos pola igualdade que baixo o título de “TANTO CONTA, CONTA TANTO” levará a cabo a narradora ANA FACCHINI o próximo Venres día 8 de Abril a partir ás 11:00 horas, no Auditorio do Concello.

Participará nesta actividade o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira, e os usuarios da Asociación ASPAVI e a realizaremos en dúas sesións; unha de 11:00 a 12:00 horas na que están convidados o alumnado e mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e a segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas contará coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.

TANTO CONTA, CONTA TANTO son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.


E para celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se conmemora en todo o mundo o día 23 de abril, teremos con nós ao escritor MIGUEL ANXO ALONSO DIZ (fillo de Carmen da Carballeira) nacido en Madrid, residente na cidade de Vigo, e con raíces na parroquia de Moscoso (Pazos de Borbén).

O noso “veciño” traerános o seu vontacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.

Será o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidado para asistir o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

"A xente da vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos."

Neste contacontos empregaranse contos e poemas escritos polo autor como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva); co obxectivo de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o uso da imaxinación.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

O PEIXE ARCODAVELLA

O PEIXE ARCODAVELLA
Texto e ilustracións: Marcus Pfister
Tradución: Iago Nicolás Ballesteros

Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +3 anos

Premio Christopher (1992, Nova York)
Premio Critici in Erba (1993, Feira de Boloña)

De ser o máis admirado a quedar só e triste.

E todo por non compartir unha das súas escamas escintilantes.

Porque a beleza non vai por fóra, senón no interior.

ISBN: 978-84-8464-417-0
Nº de paxinas: 32
Formato: 21,5 x 28 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 1 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022


Outro ano máis a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos súmase aos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra en todo o mundo o día 2 de abril de cada ano desde que o IBBY (International Board on Books for Young People) promoveu por primeira vez en 1967 ese día coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

En España promove esta conmemoración a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Asociación de Literatura Infantil e Juvenil Galtzagorri Elkartea.

Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY recibe a encomenda de patrocinar a celebración; e este ano o país encargado é Canadá que escolleu a Richard Van Camp para escribir a mensaxe e á ilustradora Julie Flett para elaborar o cartel que inspiren en todos os nenos e nenas do mundo o amor pola lectura e os libros.



Se queredes descargar o cartel e o díptico coa mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil nos catro idiomas (Castelán, Galego, Catalán e Euskera) podes facer clic AQUÍ.

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día.

Ler é liberdade. Ler é respirar.

Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.

Ler permítelle ao teu espírito soñar.

Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.

A plenitude do teu universo só medra cando les.

As historias son as que non axudan a remontar o voo acada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.

As historias son menciña. Curan. Reconfortan.

Inspiran. Ensinan.

Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.

Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHAR VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

Nos próximos días informaremos das actividades que realizaremos para conmemorar este importantísimo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Animádevos a participar e a conmemorar o
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

VAIA CABUXIÑO!

VAIA CABUXIÑO!
Autor: O Hematocrítico
Ilustracións: Mar Villar
Tradución: Anaír Rodríguez
Edicións Xerais de Galicia SA
Colección: Pequeno Merlín - Álbums

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +6 anos

O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría.

Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz.

Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante.

Ata que un día un cabuxiño se enfrontou a el co seu enxeño.

ISBN: 978-84-9121-883-8
Nº de páxinas: 72
Formato: 16,2 x 25 cm
Encadernación: Tapa dura

xoves, 31 de marzo de 2022

LA BIBLIOTECARIA DE SAINT-MALO

LA BIBLIOTECARIA DE SAINT-MALO
Autor: Mario Escobar
Editorial: HarperCollins Ibérica S.A.
Colección: Narrativa histórica

Género: Literatura en castellano - Novela histórica

Un corazón puro puede iluminar la noche más oscura en el más terrible de los momentos históricos.

Jocelyn es la guardiana de la Biblioteca de Saint-Malo, una mujer huérfana que se aferra a la literatura y a su marido, Antoine. Pero ambos corren peligro: la llegada de las tropas alemanas a la ciudad, en especial la del comandante Adolf Bauman, empeñado en robar algunos de los incunables que tan celosamente guarda la bibliotecaria, quiere acabar con su felicidad.

El capitán Hermann von Choltiz, amante de los libros, es enviado por las autoridades alemanas para expurgar las bibliotecas de la región, pero se resiste a destruirlos. Jocelyn y Hermann comenzarán una amistad imposible: los libros los unen, pero la violencia y la guerra los separan.

Destinados a ser enemigos y obligados a vivir en un mundo en el que se ha desatado la locura, los inolvidables protagonistas de esta hermosa novela se convertirán en héroes cuyo amor vencerá incluso a la guerra.

ISBN: 978-84-9139-636-9
Nº de páginas: 320
Formato: 15,5 x 23 cm
Encuadernación: Tapa blanda con solapas


mércores, 30 de marzo de 2022

OS HORIZONTES DE ADAR

OS HORIZONTES DE ADAR
Autor: Xoán Babarro
Ilustración cuberta: Nader Sharaf
Santillana Infantil y Juvenil SL
Edicións Obradoiro SL
Colección: Oqueleo narrativa

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: +12 anos

Viaxar clandestinamente en barco, estar só, buscar comida no lixo, durmir en albergues, estar separado dos seus...

Por sorte, Adar faise amigo dun can extraviado. Nese momento todo empeza a cambiar. E, a medida que vai resolvendo o enigma da misteriosa marioneta que lle aparece no peto, as novas amizades axudaranlle a albiscar unha luz no seu futuro prometedor.

A guerra. Migracións. Convivencia interxeracional. A familia. E no centro de todo, o amor entre Adar e Ester.

ISBN: 978-84-16834-25-9
Nº de páxinas: 168
Formato: 13,5 x 20 cm
Encadernación: Rústica

martes, 29 de marzo de 2022

ESCRITO EN EL AGUA

ESCRITO EN EL AGUA
Autora: Paula Hawkins
Traductor: Aleix Montoto Llagostera
Editorial Planeta
Colección: Planeta Internacional

Género: Literatura en Castellano - Novela negra - Thriller

Una apasionante novela sobre las historias que nos contamos al recordar nuestro pasado y su poder para destruirnos.

Pocos días antes de morir, Nel Abbott estuvo llamando a su hermana, pero Jules no cogió el teléfono, ignoró sus súplicas de ayuda. Ahora Nel está muerta. Dicen que saltó al río. Y Jules se ve arrastrada al pequeño pueblo de los veranos de su infancia, un lugar del que creía haber escapado, para cuidar de la adolescente que su hermana deja atrás. Pero Jules tiene miedo. Mucho miedo. Miedo al agua, miedo de sus recuerdos enterrados largo tiempo atrás, y miedo, sobre todo, de su certeza de que Nel nunca habría saltado…

No te fíes nunca de una superficie en calma, no sabes lo que puede haber debajo.

ISBN: 978-84-08-17217-8
Nº de páginas: 560
Formato: 13 x 21,5 cm
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta

luns, 28 de marzo de 2022

A LECTORA DE MENTES

A LECTORA DE MENTES
Autor: César Mallorquí
Ilustracións: Sergio García
Tradución: Isabel Soto
Edebé Rodeira
Colección: Tucán verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
Idade recomendada: +10 anos

Olivia tiña catro anos cando leu por vez primeira a mente da súa nai. A partir dese momento, o poder de Olivia foi medrando aos poucos.

Daquela, a cativa descubriu algo: a mente de cada persoa ten un «olor», ou un «sabor», ou un «son», ou un «tacto» distintos. Con todo, nunca topou nada tan horrible e noxento coma cando, algúns anos despois, captou a mente do monstro.

ISBN: 978-84-8349-717-3
Nº de páxinas: 160
Formato: 13 x 19,5 cm
Encadernación: Rústica






domingo, 27 de marzo de 2022

EL CAMINO DEL PERDÓN

EL CAMINO DEL PERDÓN
Traducción: Mauricio Bach
Pengüin Random House Grupo Editorial SAU
Ediciones B

Género: Literatura en castellano - Novela negra - Thriller

Una extraordinaria nueva protagonista que deberá enfrentarse al mismo tiempo a nuevas amenazas... y a antiguas pesadillas.

Atlee Pine vive marcada por la terrible experiencia que vivió en su infancia: cuando tenía seis años, un desconocido secuestró a su hermana gemela, Mercy, y nadie volvió a verla nunca más. Tres décadas después, Atlee se ha convertido en una agente del FBI con extraordinarias capacidades, rebelde, valiente y autosuficiente.

Sin embargo, entre sus muchas cualidades no figuran la misericordia o la capacidad de perdonar. Su cometido es perseguir y atrapar a criminales en la zona del Gran Cañón, que conoce al detalle.

Cuando se produce una extraña muerte por apuñalamiento en un área frecuentada por turistas, Atlee es apartada del caso abruptamente y deberá decidir entre cumplir las órdenes o arriesgar su carrera para tratar de averiguar la verdad.

ISBN: 978-84-666-6976-4
Nº de páginas: 552
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Tapa blanda con solapas

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger