A MOURA QUE CREOU O MUNDO.
O mito galego da creación
Autor: Rafael Quintía
Ilustracións: Polo Correo do Vento
Editorial: Ab Origine Edicións + Polo Correo do Vento
Xénero: Literatura galega - Contos
Idade recomendada: + 6 anos
Neste conto, Rafael Quintía, unindo as diferentes modalidades de lendas de mouras recollidas por todo Galicia, reconstrúe o que podería ser un mito cosmogónico, o mito galego de creación.
Coa argamasa da interpretación mitolóxica e algo de literatura e imaxinación naceu así este conto infantil ilustrado por Polo Correo do Vento e que conta, ademais, cun último apartado -Manual da Moura- con textos e fotografías nos que se intenta explicar o mito da Moura aos adultos.
ISBN: 978-84-947844-8-4
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Rústica
Formato: 21,5 × 22,5 cm