sábado, 12 de setembro de 2020

DICHOS Y REFRANES


DICHOS Y REFRANES
Autor: Carme Oliveras
Ilustrador: Riki Blanco
Edita: La Galera, SAU, Editorial

Xénero: Literatura Infantil en Castellano - Ciencias Sociales - Folclore

Edad recomendada: +5 años

"Le falta un tornillo", "huir del fuego..."

Demuestra tu ingenio y adivina el significado de los dichos o el final de los refranes antes de abrir la solapa y descubrir la respuesta que hay detrás.

ISBN: 978-84-246-2962-5
Nº de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 16,5 x 17 cm

venres, 11 de setembro de 2020

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA SETEMBRO-OUTUBRO 2020

Despois do período de paralización desde o pasado mes de marzo debido á pandemia do COVID-19 que estamos a vivir, retomamos novamente as actividades de animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BiblioPazos” coas que queremos contribuír a animarnos nesta difícil etapa para todos ademais de seguir promocionando a lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, mediante a realización dun conxunto de actividades para achegar aos nenos e nenas do concello á lectura e a información dun xeito lúdico e atraente.

As actividades que presentamos para estas próximas datas atópanse incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.


Este programa ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas que reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.

Todas as actividades realizaranse no AUDITORIO DO CONCELLO cumprindo con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19 e será obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social. 


Nesta ocasión iniciamos o programa o Venres 18 de setembro con “O MUNDO DA DOBRAXE”, a cargo de Suso Pando e Manuel Pombal, que en dúas sesións –unha ás 11.00 e outra ás 13:o0 horas- realizarán esta actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico esta “ferramenta”; axudando á dinamización da lingua galega a través da súa aplicación en novas tecnoloxías; e que consta das seguintes fases:

Primeiro, mediante unha “brincadeira” dramática, móstranse todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a dobraxe da mesma. 

Logo, sen abandonar o ton lúdico, preséntanse os personaxes do “mini capítulo” que“@s propi@s nen@s” van dobrar, sorprendéndo@s con exóticas versións orixinais, en idiomas que probablemente xamais escoitaran. 

Acto seguido, ensaiamos “entre tod@s” un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. 

- ”Experimentámolo tod@s..? Ben. Agora... Quen quere sair?” 

Xa temos @s “dobrador@s”. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e...// 

Silencio! 

Imos gravar! // Gravamos… e, moi sorprendid@s, escoitamos o resultado. 

Xa vos contaremos como foi a gravación.

Está prevista a asistencia a esta actividade dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.


Continuamos a programación o Xoves día 24 de setembro ás 13:00 horas coa actriz e presentadora Genma Pardo “GEMOLA” cunha actividade de dinamización denominada “DECTECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO...” no que durante os 60 minutos de duración intentaremos que os asistentes resolvan este caso sen nome.

Se soñas con ser un auténtico detective e resolver misterios inexplicables; Se chaman a túa atención as series de investigación; pois esta é a túa oportunidade...

Asistirán os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e xa os manteremos informados sobre a resolución deste caso coa axuda da Detective Gemola.


E daremos por finalizadas as actividades do programa LER CONTA MOITO o Venres 2 de outubro ás 10:30 horas coa actividade de narración oral “NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE” que nos traerá a mestra, pedagoga e actríz de Sarabela teatro Sabela Gago, que con esta actividade pretende -entre outras cousas- fomentar entre os escolares o amor pola natureza e polos animas, así como o coidado do medio ambiente.

“Os animais do bosque buscan a Naturizo e convidarán aos rapaces a axudarlles, pero como está hibernando, o público terá que reconstruír a primavera para espertalo e que salve a súa amiga Amelia, atragantada cun tapón que confundiu con comida. Naturizo nomeará aos rapaces e rapazas “Naturvixiantes” tras pasarlles unhas probas e comprobar a súa destreza na reciclaxe e coidado do medio ambiente.”

Todos os asistentes serán agasallados cunha chapa e un carné de “Naturvixiante”.

Prevese a asistencia dos alumnos de 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

GERTRUDIS, LA MOMIA ENFERMERA


GERTRUDIS, LA MOMIA ENFERMERA
Autor: Anna Canyelles
Ilustrador: Agustín Comotto
Edita: La Galera, SAU, Editorial

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuento

Edad recomendada: +6 años

¡Horror en los estudios de cine!
¡Pánico en el circo!
¿¡Amor en el hospital!?

¿Tienes tú tantas dotes para la enfermería como Gertrudis?

¡Compruébalo con el práctico test al final de este libro!

ISBN: 978-84-246-3099-7
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 19 x 24 cm

xoves, 10 de setembro de 2020

HISTORIA INVISIBLE DO BICO SIMÓN


HISTORIA INVISIBLE DE BICO SIMÓN
Autor: Dolores Ruiz
Ilustradora: Belén Padrón
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Simón non é un bico calquera. Un día emprende voo na procura duns beizos nos que pousar. Ese é o seu destino soñado. Porque Simón é un bico de amor. Ooohhh... Qué bonito.

Si, é fermoso de certo ser un bico de amor.

Pero non é doado atopar o amor verdadeiro. No camiño cara a esa meta desexada bate coa pena Macarena, coas dúbidas Lalalalá, coa trola Vanesa ou con... Psss psss psss... O peido Beatriz.

Con tanto atranco polo medio, será posible que Simón acade o seu obxectivo?

ISBN: 84-8288-692-4
Nº de páxinas: 82
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

mércores, 9 de setembro de 2020

XV CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES


XV CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES
Autor: Varios autores
Edita: Concello de Ames

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa - Poesía

Libro editado polo Concello de Ames da XV edición do Certame Literario - Concello de Ames, que contén oito relatos curtos e nove poemas dos gañadores e gañadoras premiados neste certame celebrado no ano 2018.

Nº de páxinas: 116
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 21 cm

martes, 8 de setembro de 2020

OS BOLECHAS VAN A MOAÑA

 


OS BOLECHAS VAN A MOAÑA
Autor: Pepe Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Os Bolechas van participar coas súas amigas e amigos de Moaña nunha regata de traiñeiras.

Tamén veñen equipos de Escocia, Irlanda e mais da Bretaña, porque se celebra neses días o Festival Intercéltico do Morrazo.

ISBN: 978-84-09-1818-5
Nº de páxinas: 32
Formato: 21 cm x 14,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

luns, 7 de setembro de 2020

FORMIG4S: MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO


FORMIG4S: MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO
Autor: Pere Tobaruela
Ilustrador: Andrés Meixide
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il son os catro integrantes dos Formig4s, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os caso máis enigmáticos e complicados.

En Misión Camiño de Santiago os Formig4s investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha singular peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.

ISBN: 978-84-9121-504-2
Nº de páxinas: 106
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14,5 x 21,5 cm

domingo, 6 de setembro de 2020

A FURGONETA BRANCA


A FURGONETA BRANCA
Autor: Fina Casalderrey
Ilustradora: Lucía Cobo
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Cada mañá, a mesma cantinela. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca.

Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén agarda impaciente na veiga de en fronte. Sempre é así. Ata que un día, a furgoneta branca deixa de aparecer...

Unha fermosa historia sobre o sentimento de perda e o amor cara aos animais.

ISBN: 978-84-9121-465-6
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger