sábado, 28 de abril de 2018

365 FÁBULAS


365 FÁBULAS
Autor: Susaeta Ediciones
Susaeta Ediciones, S.A. 

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad Recomendada: A partir de 6 años 

Un tejón trasnochador, un pingüino glotón, una lagartija testaruda... 365 fábulas para que disfrutes cada día del año de una bonita historia protagonizada por animales. 

ISBN: 978-84-305-5430-0
Nº de páginas: 308
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27,5 cm


TENRURA


TENRURA
Autor: Antón Cortizas Amado
Ilustracións: Lidia Nokonoko
Editorial Galaxia, S.A. 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Este non é un libro calquera. Esta é unha historia moi especial. Tenrura é o seu título mais tenrura é a música que o inspirou. 

Antón Cortizas agasállanos un conto que gustará moito á cativada, pero que aos grandes vai levarnos a un sitio moi especial da nosa memoria... como lle acontece á protagonista, que se perde e se atopa, que está e que non está...

Unhas páxinas cheas de maxia, de delicada luz e, sobre todo, de tenrura.

ISBN: 978-84-9151-090-1
Nº de páxinas: 99
Encadernación: Tapa dura
Formato:14,5 x 28 cm
                            

venres, 27 de abril de 2018

A POUSADA DO SÉTIMO DÍA


A POUSADA DO SÉPTIMO DÍA
Autor: Juan Farias
Tradución: Xavier Senín Fernández
Ilustración: Xosé Cobas
Editorial Everest Galicia S.L.
Colección Xabarín 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Tódolos 25 de Xullo, se o ano é Xacobeo, aparece nun claro do bosque a taberna do Suso. El, a súa muller e mais un neto parvo pasaron a ser ánimas en pena des que un día, xa hai moitos anos, deron mal trato a uns pobres que ían en peregrinación.

ISBN:84-403-0385-8
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


EL GRAN LIBRO DE LOS MAGOS


EL GRAN LIBRO DE LOS MAGOS
Autor: Cristian Timoneda
Ilustración: Sabrina Cámara
Grafito Editorial 

Género: Literatura Infantil en Castellano - COMIC

Edad recomendada: A partir de 9 años. 

Estamos acostumbrados a ver a los magos sobre un escenario, o luchando contra monstruos... pero ¿qué hacen cuando no están ahí? Pues lo mismo que tú: vivir su vida.

Con el Gran Libro de los Magos, por primera vez podrás verlos en todas esas situaciones que hasta ahora ni te habías planteado.

Gracias a la más poderosa de las magias (conocida como "humor") podrás vivir situaciones mágicas cotidianas, o de lo más arriesgadas, todo sin correr peligro alguno y sin levantarte del sillón.

Desenfunda tu varita, y disfruta del Gran Libro de los Magos.

ISBN: 978-84-9122-251-4
Nº de páginas:64
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 21 cm
                            

xoves, 26 de abril de 2018

COS PÉS NO AÍRE


COS PÉS NO AÍRE
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Edicións Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 11 anos

Este libro gañador do Primeiro Premio de Literatura Infantil Raíña Lupa trata sobre un tal Daniel que traballa nunha oficina e leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente.

Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade.

Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen por feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal.

Deste xeito, Cos pés no aire é unha lucida e suxerente parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima.

Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades.

O libro, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.
ISBN: 84-8302-473-X 
Nº de páxinas: 79 
Encadernación: Tapa branda 
Formato: 12 x 22,5 cm

" S.O.S. MAR DE FONDO"


"S.O.S. MAR DE FONDO"
Autor: Carlos Freire Pérez
Edicións Fontel
Colección Biblioteca Didáctica Fontel

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Teatro

A obra de Teatro trata sobre o encallamento dun buque que verteu unha cantidade importante de petroleo no mar e fan unha parodia sobre piratas, unha gota do mar, a morte e outros personaxes sobre a importancia de coidar e protexer o medioambiente e as catástrofes medioambientais que afectaron ás costas galegas...

Un tema que afectounos moi recentemente e que é de importancia vital afrontala tanto a nivel político como ambiental e social.

ISBN: 84-87951-16-3
Nº de páxinas: 83
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm


mércores, 25 de abril de 2018

VEN, SÉ MI LUZ


VEN, SÉ MI LUZ
Autor: Madre Teresa de Calcuta
Edición y Comentarios: Brian Kolodiejchuk, M.C.
RBA Promociones Editoriales, S.L 

Género: Biografía

Madre Teresa se ha convertido en un icono de la caridad y la compasión para personas de todas las religiones y de todos los países. Pero poco sabemos de su espiritualidad o de sus luchas internas. Se recogen aquí las cartas- en su mayoría inéditas- que escribió a sus más cercanos confidentes durante sesenta años, donde descubriremos su desolación al sentirse rechazada por Dios y sus reflexiones acerca de su propio cometido en esta vida.

Descubriremos a la "Santa de Calcuta" más personal y sincera a través de esta recopilación que ha hecho el padre Brian Kolodiejchuk- postulador para la causa de su canonización-, quién colaboró con ella durante veinte años.

ISBN: 84-473-1435-9
Nº de páginas: 463
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 21 cm
                            

O TRASNO MIXIRICAS


O TRASNO MIXIRICAS
Autor: Efrén Vázquez
Ilustraccións: F. Mantecón e Riera 
Edicións do Cumio
Colección Gaivota

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa 

Como ben sabedes, os trasnos son uns personaxes de aspecto pequeno con dous minúsculos cornos, un entrecello mesto, diminutos ollos de cor gazo e un corpiño moi feituco que levan sempre espido.

Non me preguntedes se son macho ou femia. Non volo sei e ademáis, sempre que se deixan ver ante os homes, levan unha cunchiña coma a dos peregrinos a Compostela, que nolo impide averiguar.

O caso é que aquí temos a Mixiricas, macho ou femia segundo queirades imaxinar, na súa primeira viaxe por cada unha das sete cidades, que noutrora foran capitais de provincia do Reino de Galicia. E disposto a facer das súas tan axiña como se lle presente a ocasión, que eso está a ser parte do seu oficio...

ISBN: 84-87126-84-7
Nº de páxinas:127
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13,5 x 19 cm

martes, 24 de abril de 2018

MOONKID E LIBERTY


MOONKID E LIBERTY
Autor: Paul Kropp
Traducción: Uxía García Cameselle
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Moonkid e Liberty preséntanos as peripecias de dous irmáns influenciados por dous mundos distintos. O do seu pai, un libreiro nostálxico dos "hippies" e os movementos marxinais, e o da súa nai, unha adiñeirada "yuppie" californiana.

Ian - Moonkid - prefire o mundo do pai e considérase un extraterrestre en medio dos seus compañeiros de Instituto.

Polo contrario, Libby - Liberty - identifícase máis coa nai e o único que desexa é ser unha muller respectable e poderosa.

O reencontro desta singular familia, narrado polos fillos nunha linguaxe directa e sen concesións, vai producir situacións de gran comicidade. 

ISBN: 84-7154-812-7
Nº de páxinas:150
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 12 x 21 cm


¿ UN CACHIÑO DE BICA?


¿ UN CACHIÑO DE BICA?
Autora: María Victoria Moreno

Ilustracións: Manolo Uhía
Ediciones SM
Colección  O Barco de Vapor


Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía


Idade Recomendada:  A partir de 6 anos

Dunha taza de letras poden saír palabras, e das palabras nacen Nica e Iván; unha cadela e o seu amo amigo. ¿Queres xogar con eles?

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:84-348-4444-3
Nº de páxinas: 63
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 19 cm


luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR


Dende 1996, o 23 de abril é o día de gala da Literatura, unha xornada especial na que o libro é o principal protagonista e se celebra o Día Mundial do Libro. 

Instaurada pola UNESCO, é unha festa internacional que busca fomentar a lectura, render homenaxe ás letras e aos autores que contribuíron ao longo dos séculos ao progreso social e cultural da humanidade. De paso, tamén se celebra o Día do Dereito de Autor en pos da preservación da propiedade intelectual e da industria editorial.

Cartel do Día Mundial do Libro - Bibliotecas Escolares de Galicia
Colexios, bibliotecas, librerías e a maioría das institucións relacionadas co mundo do libro celebran este día.

Neste enlace podes ver tódolos libros dos que dispoñemos no catálogo de BIBLIOPAZOS para celebrar este día cunha boa lectura. 

A iniciativa máis bonita para celebrar o Día do Libro é regalar un a alguén especial. Tamén podemos usar redes sociais e medios dixitais para recomendar e dar a coñecer obras e autores clásicos e contemporáneos, compartir imaxes e citas relacionadas cos beneficios da lectura e o amor aos libros, organizar unha liberación de Bookcrossing na túa zona ou doar libros a unha biblioteca ou algunha organización que axude a aqueles con menos recursos, poñer en marcha ou participar nunha lectura conxunta ou un recital poético... Simplemente dá renda solta á túa creatividade e celebra este día transmitindo a paixón por ler.

Día Mundial do Libro - Bibliotecas Escolares de Galicia - Texto de Fran Alonso
Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2018 

O 23 de abril de 1616 desapareceron dous xenios da literatura mundial, dúas precursores cuxa obra habería de revolucionar o xeito de escribir e de concibir a creación literaria: Cervantes e Shakespeare. Esta coincidencia é o motivo de que se elixise a data do 16 de abril para celebrar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

Ao celebrar o libro, celebramos actividades -a escritura, a lectura, a tradución, a publicación- mediante as cales o ser humano elévase e realízase; e celebramos tamén, fundamentalmente, as liberdades que as fan posibles. O libro constitúe o punto de encontro das liberdades humanas máis importantes, entre as que destacan en primeiro lugar a liberdade de expresión e a liberdade de edición. Trátase de liberdades fráxiles. Enfrontadas a numerosos desafíos, desde o cuestionamento do dereito de autor e da diversidade cultural ata as ameazas físicas ás que están expostos os autores, os xornalistas e os editores en numerosos países, estas liberdades néganse, ata nos nosos días, cada vez que hai un ataque contra unha escola ou que se destrúe un manuscrito ou un libro.

É pois noso deber en todo o mundo protexer estas liberdades e promover a lectura e a escritura, a fin de loitar contra o analfabetismo e a pobreza e reforzar os cimentos da paz, así como de protexer e valorizar as profesións e aos profesionais relacionados co libro.

A UNESCO, en colaboración coa Unión Internacional de Editores (UIE) e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas, presta apoio, por exemplo, ao labor dos editores, que ha de ser recoñecida no seu xusto valor e protexida, xa que a circulación de obras escritas contribúe de xeito fundamental á liberdade de expresión, ao debate público e ao diálogo. Con este propósito, a UIE creou o Premio Voltaire, co que se recompensa cada ano o valor dos editores que se negan a ser silenciados e que permiten aos autores exercer a súa liberdade de expresión.

Atenas foi designada Capital Mundial do Libro 2018 en recoñecemento da calidade dos seus programas de apoio ao sector do libro, que facilitaron o acceso aos libros ao conxunto da poboación e, especialmente, aos migrantes e os refuxiados.


Con Atenas e con toda a comunidade internacional, celebremos xuntos o libro, que encarna a creatividade, permite intercambiar ideas e coñecementos transcendendo as fronteiras e fortalece o entendemento mutuo e o diálogo.
Historia da celebración

O Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor estableceuse o 15 de novembro de 1995 durante unha Conferencia Xeral da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), celebrada en París, como homenaxe universal aos libros e aos escritores, como forma de animar a descubrir o pracer e os beneficios da lectura e como medida de protección da propiedade intelectual. A partir do 23 de abril de 1996 comezou a conmemorarse oficialmente. Na actualidade son máis dun centenar de países os que adaptaron esta festividade como propia.

Con todo, poucos saben que a idea orixinaria deste día naceu en España. Institucionalmente foi iniciativa do escritor valenciano Vicente Caravel, gran admirador cervantino e vocal da Cámara Oficial do Libro de Barcelona desde 1922, quen propuxo a creación da festividade do Día do Libro Español, tal e como figura na Memoria da Cámara Oficial de Barcelona de 1924. A idea quedou en suspenso, aínda que Caravel non se rendeu e finalmente logrou que o rei Alfonso XIII asinase un Real Decreto o 6 de febreiro de 1926, establecendo de xeito oficial a festa.



No entanto, ata 1930 estívose celebrando o día 7 de outubro, que se cría a data de nacemento de Cervantes, e logo elixiuse o 23 de abril, documentado como día da súa morte. Así, coincidiu co "Día de San Jorge" ou Diada de Sant Jordi en Cataluña, unha festa tradicional na que os homes regalan rosas ás mulleres e que, desde entón, incluíu a novidade de que elas regalasen un libro a cambio da flor.

Mentres que en Barcelona o Día do Libro sempre ha ter un cariz máis popular, en Madrid a festividade mantivo un viso máis solemne -por exemplo, coa entrega do Premio Cervantes en Alcalá de Henares-, que nos últimos anos trata de cambiar con iniciativas como "La Noche de los Libros".

A práctica afianzouse en España e estendeuse aos países iberoamericanos a partir de 1964. Logo, en 1993, adoptouse pola Comunidade Europea, ata a súa institución mundial pola UNESCO dous anos máis tarde. En varios países de fala hispana, como Cuba, nesta data tamén se conmemora o Día do Idioma Español. No caso de Irlanda e Reino Unido, o World Book Day (Día Mundial do Libro) celébrase o primeiro martes de marzo. 

Máis sobre as orixes do Día do Libro 

Por que o 23 de abril? 

Este día faleceu en 1616 Miguel de Cervantes, autor da considerada obra magna das letras hispanas, "El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha". O destino quixo que o mesmo día, do mesmo ano, tamén pasase a mellor vida outros dos grandes da literatura universal, o dramaturgo inglés William Shakespeare, así como o insigne poeta das letras hispanoamericanas, Garcilaso de la Vega, El Inca.

Outros escritores naceron ou morreron un 23 de abril, como é o caso de Maurice Druon, Vladimir Nabokov, William Wordsworth, Josep Pla, Manuel Mejía Vallejo ou Halldor K. Laxness, por nomear algúns.

A Capital Mundial do Libro 

Como vén sucedendo desde 2001, a UNESCO nomea cada ano unha cidade como Capital Mundial do Libro, unha honra que ostenta dende o 23 de abril ata o mesmo día do ano seguinte. A cidade elixida para este ano 2018 foi Atenas a capital de Grecia. 

Recordemos que a primeira Capital Mundial do Libro foi Madrid no ano 2001 e que tras ela mereceron devandito recoñecemento as seguintes:
  • 2002 Alejandría (Exipto)
  • 2003 Nova Delhi (India)
  • 2004 Amberes (Bélxica)
  • 2005 Montreal (Canadá)
  • 2006 Turín (Italia)
  • 2007 Bogotá (Colombia)
  • 2008 Ámsterdam (Holanda)
  • 2009 Beirut (Líbano)
  • 2010 Liubliana (Eslovenia)
  • 2011 Bos Aires (Arxentina)
  • 2012 Ereván (Armenia)
  • 2013 Bangkok (Tailandia)
  • 2014 Port Harcourt (Nixeria)
  • 2015 Incheon (Corea do Sul)
  • 2016 Breslavia (Polonia)
  • 2017 Conakry (Guinea)

Disfruta
do
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
e
DO DEREITO DE AUTOR
Ven á BIBLIOPAZOS, faite socio/a e leva un montón de libros para ler na túa casa e gozar da lectura.


PASENIÑO - TROMPETA

 

PASENIÑO - TROMPETA
Autor: Antonio Cerviño Loira
Consello da Cultura Galega
Colección Autores&Textos

Xénero: Belas Artes - Música

O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidades Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical. 

Partituras para aprender a tocar a trompeta. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais.

O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os alumnos de grao elemental da Trompeta se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo. 

ISBN: 978-84-92923-17-5
Nº de páxinas: 78
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 21 x 30 cm

IONQUI


IONQUI
Autor: Melvin Burgess
Traducción: María Reimóndez Meilán
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Tar ama a Gemma. Pero Gemma non quere atarse a nada nin a ninguén. Están fartos das súas familias. O pai de Tar, alcohólico, malla na súa muller e Gemma sente  que a vida na súa casa está chea de prohibicións.

Queren voar: foxen a Bristol na procura de okupas. Alí compartirán a súa vida, incluíndo a súa adicción pola heroína, con Rob e Lily. Inician así un camiño de destrucción e desesperación. 

Tar comenta: "se non importa non chegar ós vinte anos, non hai ningún argumento contra a heroína".

ISBN: 84-8302-366-0
Nº de páxinas: 326
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

domingo, 22 de abril de 2018

ENREDANDO CON PAKOLAS - Actividade de Dinamización Lingüística

FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias.


Un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

https://www.dropbox.com/s/g1fsmth03nexpxs/06%202018-05-12%20Enredando%20con%20Pakolas%20con%20logos%20Pazos1.jpg?dl=0

"ENREDANDO CON PAKOLAS" chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.

Paco Cerdeira ven de lanzar en Decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.

https://bibliopazos.blogspot.com.es/2017/12/pakolas.html
Finalista dos Premios Martín Códax da Música 2018
Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero.

"Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas: "Baldomero o mero", "Xabarín con bombín", "Furafollas", "A Quenlla Madrugadora", "Mc Pac", "Rí salta ri corre", etc.

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

"Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR  a ritmo moi rockeiro e guitarreiro.

Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia.

Así que xa sabedes, o...

Sábado 12 de maio 

no

Auditorio do Concello

a partir das 18:00 horas

teremos con nos a

PAKOLAS

co seu espectáculo

"ENREDANDO CON PAKOLAS"

Actividade patrocinada pola


Dende a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade.

ESPERÁMOSVOS!!!

NON FALTEDES!

VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger