NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 22 de abril de 2018

ENREDANDO CON PAKOLAS - Actividade de Dinamización Lingüística

FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias.


Un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

https://www.dropbox.com/s/g1fsmth03nexpxs/06%202018-05-12%20Enredando%20con%20Pakolas%20con%20logos%20Pazos1.jpg?dl=0

"ENREDANDO CON PAKOLAS" chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.

Paco Cerdeira ven de lanzar en Decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.

https://bibliopazos.blogspot.com.es/2017/12/pakolas.html
Finalista dos Premios Martín Códax da Música 2018
Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero.

"Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas: "Baldomero o mero", "Xabarín con bombín", "Furafollas", "A Quenlla Madrugadora", "Mc Pac", "Rí salta ri corre", etc.

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

"Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR  a ritmo moi rockeiro e guitarreiro.

Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia.

Así que xa sabedes, o...

Sábado 12 de maio 

no

Auditorio do Concello

a partir das 18:00 horas

teremos con nos a

PAKOLAS

co seu espectáculo

"ENREDANDO CON PAKOLAS"

Actividade patrocinada pola


Dende a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade.

ESPERÁMOSVOS!!!

NON FALTEDES!

VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger