CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
sábado, 17 de abril de 2021
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 2021
EL RATÓN DE BIBLIOTECA III
venres, 16 de abril de 2021
"CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS" con Ana Facchini - Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
A cuarta actividade coa que damos por rematadas as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR neste mes de abril consiste nun contacontos que terá lugar o
Venres 23 de Abril ás 12:30 horas
na
EEI Infantil "A Galeriña" de Nespereira
na que participarán todos os seus alumnos e alumnas.
Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos
rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS
ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase
en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.
Pequenas historias contadas e cantadas por
animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.
Peludos, tenros, comellóns, medorentos,
curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un
gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a
descubrir que se agocha entre tanta animalada!!
SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO
xoves, 15 de abril de 2021
Conferencia: "A INCRIBLE HISTORIA DO GALEGO CRISTOVO COLÓN. DE POIO A BAIONA" do escritor RODRIGO COSTOYA SANTOS, autor da novela histórica "PORTOSANTO"
Seguiremos conmemorando o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE
AUTOR coa terceira actividade deste mes de abril que forma parte do noso programa de animación á lectura "ENCONTRO CON AUTORES" e que terá
lugar o próximo
XOVES 22 DE ABRIL ÁS 10:00 HORAS
NO
AUDITORIO DO CONCELLO
Trátese da conferencia “A INCRIBLE HISTORIA DO GALEGO CRISTOVO COLÓN. DE POIO A BAIONA” que será impartida polo escritor RODRIGO COSTOYA SANTOS autor da novela histórica “PORTOSANTO. O enigma de Colón” na que se basea esta charla.
“PORTOSANTO”, editada en galego -idioma orixinal do texto- no ano 2017 pola editorial Toxosoutos; e en castelán coa editorial Caligrama no ano 2019, é a primeira parte da triloxía “De Luz e de tebras”, tres novelas (cada unha coa súa temática, pero cun núcleo común no que atinxe á época, feitos históricos e personaxes) que abordan dende diferentes perspectivas a eterna loita que libra o ser humano contra si mesmo. A luz da sabedoría, a razón e a tolerancia contra a escuridade que representan a ignorancia, o fanatismo e o dogmatismo.
A publicación desta novela ambientada na Idade Media que aborda a loita do ser humano contra a escuridade ao longo da historia, relanzou a teoría que avala que “CRISTÓBAL COLÓN” naceu en realidade en Galicia.
Aos primeiros datos achegados por CELSO GARCÍA DE LA RIEGA a principios do século XX, e aos descubrimentos de ALFONSO PHILIPPOT ABELEDO a partir dos anos 70 dese mesmo século, RODRIGO COSTOYA recrea na novela a historia dese neno bastardo que chega a ocupar un lugar preeminente na Historia universal.
E é que desde PHILIPPOT, os indicios que demostran que a identidade de COLÓN é en realidade un invento do propio descubridor para ocultar as súas auténticas orixes comezan a ser demasiado convincentes como para ser ignorados. Así, o conxunto de probas que achega o investigador (e desde entón, novas achegas a cargo de moitos outros) deixa poucas dúbidas acerca da coincidencia entre o perfil do almirante e o nobre galego do século XV PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, máis coñecido como “PEDRO MADRUGA”. A novela de RODRIGO COSTOYA SANTOS eríxese, na actualidade, como o principal elemento de difusión da teoría do Colón galego.
RODRIGO COSTOYA ten publicada coa editorial Pamiés a segunda novela da triloxía, “EL CUSTODIO DE LOS LIBROS”, gañadora do IX Certame de Novela Histórica da Cidade de Úbeda (Jaén) en 2020 e fora tamén finalista do Premio de Novela Torrente Ballester en 2018 convocado pola Deputación da Coruña. Xa vai pola súa 3ª edición.
Contaremos coa asistencia dos alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aquelas outras persoas interesadas que queiran participar nesta actividade e coñecer un pouco máis polo miúdo a historia “do pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre”, poden inscribirse –ata completar o aforo- chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.
ANÍMÁDEVOS!!!
PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
EL RATÓN DE BIBLIOTECA II
mércores, 14 de abril de 2021
"CONTOS DIVERSOS" con Miguel A. Alonso Diz para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor
A segunda actividade prevista para a conmemoración durante este mes de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, terá lugar o próximo