sábado, 13 de xaneiro de 2018

LAICA A CADELA


LAICA A CADELA
Autor e Ilustrador:Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 3 anos

cadela Laica sempre está axudando a todas as súas amigas e todos os seus amigos. Pero farán o mesmo por ela?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Laica para descubrir o mundo!

ISBN: 978-84-9995-208-6
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

KERA O ORANGUTÁN


KERA O ORANGUTÁN
Autor: Adrienne Heymans
Ilustrador: Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 3 anos

Kera o orangután está aburrido de estar só. Atopará novos amigos e novas amigas no bosque?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Kera na busca de novas amizades!

ISBN: 978-84-9995-205-5
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

venres, 12 de xaneiro de 2018

MICHI A GATA


MICHI A GATA
Texto e ilustracións: Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

A gata Michi dorme todo o día mentres Laica, a cadela, quere xogar. Que farán as dúas amigas?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Michi neste conto!

ISBN: 978-84-9995-208-6
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

QUERES LER UN LIBRO COMIGO?



QUERES LER UN LIBRO COMIGO?
Autor: Lawrence Schimel
Ilustracións: Thiago Lopes
Tradución: Quique Alvarellos 
Alvarellos Editora 
Colección: Verdemar 

Xénero: Literatura infantil en Galego -Contos 

Idade recomendada: A partir de 5 anos

Un álbum ilustrado que convida a compartir e reflexiona sobre a diversidade. 


Antón xa sabía ler só, pero quería compartir con alguén o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou..., pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado...! Ata que atopou a alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo... 

Queres ler este libro comigo?... 

Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.

Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel. 

MIRA ESTE VÍDEO DE UXÍA [+3] CONTANDO A HISTORIA DE ANTÓN


ISBN: 978-84-8464-250-3 
Nº de páxinas: 34 
Encadernación: Rústica
Formato: 22,5 x 29 cm

xoves, 11 de xaneiro de 2018

LOS CHAKRAS


LOS CHAKRAS
Despierta tu energía vital
Autor: C.W. Leadbeater
Traducción: Inés Lara
Idea y creacion editorial S.L.
Colección: Guía para la salud y la superación personal 

Género: Ciencias Aplicadas - Medicina - Autoayuda

Existe una energía que mueve el mundo y alienta desde el menor grano de arena a la mayor de las constelaciones. En el microcosmos denominado ser humano, ese impulso vital se canaliza a través de siete centros de energía, los denominados chakras. Cuando el hombre comienza a evolucionar, desarrolla sus sentidos y empieza a percibir algo más de lo que otros ven. 

El objeto de este libro es explicar de forma resumida qué son y qué significan los chakras, y a través de este descubrimiento, aportar al lector una visión diferente de nosotros mismo y de cuanto nos rodea... 

ISBN: 978-84-15101-30-7
Nº de páginas: 219
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 20 cm
                            

MARÍA VICTORIA MORENO


MARÍA VICTORIA MORENO
Autora: Eli Ríos
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Xénero: Lieratura Infantil Galega - Contos - Biografía

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

E se non existisen contos nos que as nenas son as protagonistas?

E se esas nenas non falasen a túa lingua?

Cando María Victoria Moreno, muller brava imprescindíbel, fixo estas preguntas e as respostas excluían as rapazas, decidiu que sería ela quen as escribiría.

María Victoria Moreno deulle voz ás personaxes femeninas desde o agarimo, a solidariedade, a sororidade e un profundo amor á lingua galega.

Tal como era ela: divertida e cun compromiso que superaba as condicións nas que lle tocou facer literatura. Brava e imprescindíbel onde as haxa, María Victoria Moreno.

María Victora Moreno é a autora homenaxeada á que se lle adicará o DÍA DAS LETRAS GALEGAS neste ano 2018. 

ISBN: 978-84-16121-63-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


mércores, 10 de xaneiro de 2018

ROSALÍA DE CASTRO



ROSALÍA DE CASTRO
Autora: María Lado
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Esta é a histora dunha nena que brillaba no silencio da noite...

Velaquí a primeira das nosas Mulleres Bravas, a benquerida e admirada Rosalía de Castro.

Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola súa nenez, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta máis senlleira de Galiza.

Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz.

...por onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.

ISBN: 978-84-15699-98-9
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


OS LAPIS PRIMOS

 
OS LAPIS PRIMOS
Autor: José A. Ramírez Lozano
Ilustraccións: Natalie Pudalov
Tradución: Marisa Nuñez
OQO Editora
Colección: Colección O 

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos 

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

"Os lapis nin o imaxinan. 
Non saben que teñen primos 
nin parentes de raíz. 
Descubrimos que eles son 
algúns sobriños do xiz 
e outros netos do tizón". 

Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo? 

ISBN: 978-84-9871-534-7 
Nº de páxinas: 33 
Encadernación: Cartoné 
Formato: 22,5 x 27,5 cm

martes, 9 de xaneiro de 2018

CORREDORA


CORREDORA
Autor: María Reimóndez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a esmolar polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba.

Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, coma a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.

Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.

ISBN: 978-84-9121-218-8
Nº de páxinas: 95
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

O NOSO SAMAÍN



O NOSO SAMAÍN
Autora: Loretta Birott Bermejo
Ilustraccións: Nuria Valdeón Balsas
Editorial Galaxia S.A.

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 6 anos 

Benvidos a unha das noites máis especiais do ano. Imos coñecer o Samaín, unha festa chea de máxia, onde case todo pode acontecer. 

O NOSO SAMAÍN, non o Halloween… esa é a premisa que moveu a Loretta Birott e á Editorial Galaxia a apostar por este femoso álbum ilustrado por Nuria Valdeón: explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen de hai moitísimos séculos, tantos como ten o noso pobo milenario. 

Para a autora é crucial, e a editorial comparte, que a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre.

Unha xeitosa maneira de achegarse a esta tradición nun relato sinxelo, poético e cargado de historias.

ISBN: 978-84-9865-738-8
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Cartoné
Formato: 30 x 22,5 cm


luns, 8 de xaneiro de 2018

CANTA CONNOSCO!


CANTA CONNOSCO!
Textos: María Campos e Carlos Yus
Ilustracións: Óscar Villán
Música: Migallas
Arranxos: Paco Dicenta
Kalandraka Editora S.L.

Xénero: Infantil- Libro CD - Música - Poesía

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

No 20.º aniversario deste sobranceiro traballo musical, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron bailar a moitas xeracións de rapazas e rapaces a ritmo de rap, rock, reggae e melodías tradicionais. 

Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. 

Pensado para o público infantil, tamén pode gustar a toda a familia pola diversidade de contidos:os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ás novas tecnoloxías; a animación á lectura; a importancia do uso do galego; a ecoloxía; a cultura tradicional... 

As ilustracións de Óscar Villán -de vivas cores, grande expresividade e dinamismo- acentúan o ton lúdico da obra, que se complementa con divertidos vídeos musicais de José Miguel Sagüillo, que inclúen animacións e karaokes para fomentar a interactividade. 

Deixámosvos un enlace para que podades ver máis información deste libro-cd.

ISBN: 978-84-8464-276-3
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm

EL OLFATO


EL OLFATO
Autor: J.R. Feijoo
Ilustrador: Shutterstock images LLC
Monterrey Grupo Editorial
Colección: Mi Mundo

Género: Literatura infantil en castellano - Narrativa

Idade recomendada: +4 anos

Un sencillo cuento para descubrir los sentidos, en este caso el olfato. El libro pertenece a la colección Mi Mundo dirigida a los niños que comienzan a leer con el objetivo de ayudarlos a comprender situaciones comunes y a observar el mundo que les rodea.

Con un texto muy breve, presentado en dos tipos de letras, mayúsculas y manuscritas, y unas llamativas ilustraciones, siendo algunas de ellas fotos reales de gran tamaño.

ISBN: 84-95060-16-7
Nº de páginas: 167
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

domingo, 7 de xaneiro de 2018

GALEGOS UNIVERSAIS



GALEGOS UNIVERSAIS
Influencia de Galicia no Mundo
Autores: Victorino Pérez Prieto, Manuel Antonio Castiñeiras González, et al [...]
Traducións: Charo Baleirón Sóñora
Hércules de Ediciones S.L.
Colección: Galegos Universais

Xénero: Biografías

A influencia de Galicia no mundo foi -e segue a ser- moi superior ao que, tradicionalmente, se nos fixo crer.

Este libro inicia unha colección cuxo obxetivo último é dirixir a luz a episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar o seu decisivo vencellamento con Galicia.

Neste volume, varios autores- especialistas en diversos campos do saber- analizan, desde unha perspectiva innovadora, as biografías de protagonistas da Historia como Prisciliano, Xelmírez, Cristobal Colón, Simón Bolívar e Fidel Castro.

Atrevemonos a dicir que - tras finalizar a súa lectura- a valoración do lector sobre a influencia de Galicia no mundo cambiará.

ISBN: 978-84-945896-9-0
Nº de páxinas: 215
Encadernación: Tapa branda
Formato: 24 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger