NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Primeira Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primeira Lectura. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de abril de 2021

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI
Autora: Paula Merlán
Ilustracións: Blanca Millán
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Un libro dirixido a Primeiros Lectores para favorecer o desenvolvemento do pensamento.

Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki. As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender a pensar e a resolver os seus propios problemas.

Advertencia! Este libro pode producir efectos secundarios: formigos emocionantes, sorrisos a moreas e fortes ataques de diversión.

As aloucadas historias dos Monki é unha adaptación, para primeiros lectores do libro The Peterkin Papers, escrito pola xornalista americana Lucretia Peabody Hale, publicado por primeira vez en 1867 e reeditado en 1960 nos EUA.


ISBN: 978-84-121186-2-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

venres, 22 de maio de 2020

QUEN É ESE BECHO?


QUEN É ESE BECHO?
Autor: Carmen Queralt
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Neste libro descubrirás quen é o maior becho de todos os bechos existentes. 

Anímaste a descubrilo?

ISBN: 978-84-8464-397-5
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 22 cm

sábado, 22 de febreiro de 2020

UN, DOUS, TRES, VAMPIRO TI ES


UN, DOUS, TRES, VAMPIRO TI ES
Texto e ilustracións: Nadia Budde
Tradución e adaptación: Xosé Ballesteros
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Encadeando inquedantes criaturas e rimando cunha aterradora fauna. Personaxes que, máis que medo, provocan tenrura e fannos sorrir.

Con dentes, con unllas, con gadoupas, no Samaín veñen por ti!


ISBN: 978-84-8464-393-7
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 17,5 cm

venres, 19 de xaneiro de 2018

APRENDE OPOSTOS



APRENDE OPOSTOS
Ilustracións: Maxine Davenport e Cindy Roberts
Engaiolarte Edicións
Colección: O primeiro Libro en Branco e Negro

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

Achega á túa crianza aos primeiros antónimos e fomenta a súa maduración visual con este libro en branco e negro de alto contraste, para usar desde o berce.

ISBN: 978-84-944792-6-7
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

luns, 15 de xaneiro de 2018

OS BOLECHAS: CURROS ENRÍQUEZ


OS BOLECHAS: CURROS ENRÍQUEZ
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: + 3 anos

Braulio disfrázase de Curros Enríquez para narrar unha das súas historias: O divino sainete. É un conto en verso no que o autor viaxa a Roma para ver o papa León XIII.

E vai acompañado dun amigo zombi, que é capitán da Santa Compaña. Que medo! Pero este zombi é moi listo e xunto con Curros, lograrán que o papa renegue das riquezas e das louvanzas interesadas.

ISBN: 978-84-617-9642-7
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm

domingo, 14 de xaneiro de 2018

TEMBO O BEBÉ ELEFANTE


TEMBO O BEBÉ ELEFANTE
Texto:Adrienne Heymans
Ilustrador: Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 3 anos

Tembo sempre está caendo. Será quen a súa mamá de axudarlle?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Tembo para descubrir o mundo!

ISBN: 978-84-9995-206-2
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

sábado, 13 de xaneiro de 2018

LAICA A CADELA


LAICA A CADELA
Autor e Ilustrador:Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 3 anos

A  cadela Laica sempre está axudando a todas as súas amigas e todos os seus amigos. Pero farán o mesmo por ela?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Laica para descubrir o mundo!

ISBN: 978-84-9995-208-6
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

KERA O ORANGUTÁN


KERA O ORANGUTÁN
Autor: Adrienne Heymans
Ilustrador: Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 3 anos

Kera o orangután está aburrido de estar só. Atopará novos amigos e novas amigas no bosque?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Kera na busca de novas amizades!

ISBN: 978-84-9995-205-5
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

venres, 12 de xaneiro de 2018

MICHI A GATA


MICHI A GATA
Texto e ilustracións: Gabriel Cortina
Baia Edicións
Colección: Diviértete con

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

A gata Michi dorme todo o día mentres Laica, a cadela, quere xogar. Que farán as dúas amigas?

Descúbreo neste precioso libriño.

Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Michi neste conto!

ISBN: 978-84-9995-208-6
Nº de páxinas: 10
Encadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 13 cm

martes, 2 de xaneiro de 2018

ABECEDARIO ILUSTRADO


ABECEDARIO ILUSTRADO
Autor: Carles Cano
Ilustracións: Adolfo Serra, Alberto Gamón, Ana Pez, Antonia Santolaya et al [...]
Traducción: Anaír Rodriguez Rodríguez
Edicions Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste Abecedario ilustrado. 

Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada. 

Con chiscadelas nas ilustracións que fan referencia a palabras que empezan pola mesma letra. 

Con ilustracións de: Adolfo Serra, Alberto Gamón, Ana Pez, Antonia Santolaya, Carme Solé Vendrell, David Pintor, Emilio Urberuaga, Federico Delicado, Goyo, Gusti, Iban Barrenetxea, Isol, Ivar da Coll, Javier Olivares, Lucía Serrano, María Espluga, Miguel Ángel Díez, Miguelanxo Prado, Mikel Valverde, Nuria Díaz, Óscar Julve, Paco Giménez, Rafael Yockteng, Roger Ycaza, Víctor Rivas, Xan López Domínguez, Ximena Maier. 

ISBN: 978-84-9121-110-5
N º de páxinas: 72
Encadernación:Tapa dura
Formato: 24,5 x 27,5 cm

sábado, 9 de decembro de 2017

SÍGUEME 123


SÍGUEME 123
Ilustrador: Fhiona Galloway
Engaiolarte Edicións
Colección: Sigueme

Género:  Literatura infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos 

Anime á súa crianza a trazar os camiños que se atopen en cada páxina deste libro interactivo comenzando no punto verde e seguindo a dirección das frechas.

Con esta divertida actividades mellorarán a coordinación entre a man e o ollo.

ISBN: 978-84-944792-3-6
Nº de páxinas: 14
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18,5 x 18,5 cm

domingo, 3 de decembro de 2017

SÍGUEME EN MARCHA



SÍGUEME EN MARCHA
Ilustrador: Fhiona Galloway
Engaiolarte Edicións 
Colección: Sigueme

Xénero:  Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos 

Sigue o camiño en cada páxina e axuda os xemelgos a chegar á meta.

Esta actividade, sinxela e divertida achegará ás túas crianzas á pre-escrita e a mellorar a coordinación entre a man e o ollo.

A colección "Sígueme" son libros pensados para a aprendizaxe e o estímulo sensorial, e considerados como de prelectura, porque no seu deseño gráfico e nos seus materiais procuran o interese directo dos pequenos. Son tamén un primeiro veículo de achegamento ao galego e para despertar o apego ao idioma a través das ilustracións.

Búscase a intervención directa do neno, a interrelación co libro tamén como obxecto de xogo, de asombro, de estímulo da curiosidade, ao que contribúen as cores utilizadas.

Con algúns deles os rapaces aprenden os números manipulando os troqueles cos dedos, mellorando a súa psicomotricidade fina.

ISBN: 978-84-944792-4-3
Nº de páxinas: 14
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 18,5 x 18,5 cm

mércores, 22 de novembro de 2017

QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA


QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA
Ilustradores: Maxine Davenport e Cindy Roberts
Engaiolarte Edicións 
Colección: Moitas cousas para ver e dicir

Xénero:  Literatura infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Ven á escola e atópame...

Cunha chea de elementos divertidos para ver e dicir, este libro axuda a aprender novas palabras, estimulan hábitos de observación e prepara para o mundo escolar. 


ISBN: 978-84-944792-8-1
Nº de páxinas: 16
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 21 x 21 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger