A CASA GRANDE
Autor: Joäo Manuel Ribeiro
Ilustrador: Ricardo Rodrigues
Edita: Hércules de Edicións
Colección: Novas Lecturas de Hércules
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ética
Idade recomendada: + 6 anos.
Un día, un home tivo o soño de construir una Casa Grande, sen portas nin ventás, onde puidesen vivir os homes e as mulleres de todas as linguas, cores, razas, relixións e latitudes.
En A Casa Grande, Joäo Manuel preséntanos un "Manifesto de Cidadanía". Aborda temas plurisignificativos, como as distintas linguas, culturas, cores e crenzas relixiosas . O escritor apela aos pequenos lectores para que compartan sentimentos como o amor, a verdade e o perdón. Convídaos a participar neste desafío que é o combate pola conquista dunha linguaxe universal, nova e común a todos aqueles que respectan a diferenza.
A Casa Grande é un albúm metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecer e vive con intensidade. As ilustracións de Ricardo Rodrigues, dunha forma particularmente feliz, recrean os momentos clave do texto, así como contemplan aspectos que o compoñente verbal non inclúe, enriquecéndoo.
(Gabriela Sotto MAyor, Casa da Lectura)
ISBN: 978-84-947770-4-2)
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.