sábado, 23 de febreiro de 2019

OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO


OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO
Autor: Jaureguizar
Ilustrador: Matalobos
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Nica é unha "detectivesa" que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos.
O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para hacer maxia. Os catro sabuxos xogan e divírtense alí ata que descobren que quedaron atrapados dentro dun sitio que ninguén coñece: o Museo Prohibido.

ISBN: 978-84-9914-899-1
Nº de páxinas: 159
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm.

venres, 22 de febreiro de 2019

O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS


O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS
Autora: María Canosa
Ilustrador: Dani Padrón
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +5 puntos

O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes.

En canto viron que o verde se volvía amarelo, ás nubes pareceulles tan mal que decidiron facer unha folga traballando, e puxéronse a chover os sete choveres ata que quedaron sen agua.

Por culpa de tanto chover a Vila de Portoseco quedou asolagada e os seus habitantes navegaban entre os tellados das casas e o campanario da igrexa.

Como ían solucionalo?, pensaron as nubes.
Pois podiamos facer que chovera do revés.

ISBN: 978-84-9914-965-3
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18,5 x 20,5 cm.

xoves, 21 de febreiro de 2019

MARCOPOLA A ILLA REMEIRA. AS ORIXES DE MARCOPOLA


MARCOPOLA A ILLA REMEIRA
1. AS ORIXES DE MARCOPOLA
Autor: Jacobo Fernández Serrano
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Cómic

Idade recomendada: +9 anos.

Marcopola, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia.

Que sería esa cousa tan rara?
Para que serviría?

ISBN: 978-84-9914-442-9
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 17 x 24 cm.

mércores, 20 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019 - 182º ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

Vaise acercando o día 24 de febreiro, unha nova xornada para celebrar e festexar outro ano máis á nosa poeta nacional, ROSALÍA DE CASTRO no 182 aniversario do seu nacemento.

BiblioPazos adhírese a esta homenaxe á autora a través desta nova no blog e da actividade "CONTANDO CON ROSALÍA" a cargo da actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMA que terá lugar mañá xoves día 21 de febreiro na sala de lectura da Biblioteca e na que participarán os alumnos de 2º e 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI. 

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese historico, cultural e intelectual.

O seu relato é entender desde a perspectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe... á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

Máis información sobre a vida e obra de Rosalía de Castro facendo click AQUÍ.

Vente, rapasa (I)

-Vente, rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.

¡Que augua tan limpa!
¡Que rica frescura!
Venta a lavar,
que é un primor, criatura.

Válganos Dios,
que si auguiña n'houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpois os peíños.

¡Ai!, ¡que miniña!
¡Que nena presiosa!
Dempois de lavada
parese unha rosa.

I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.

¡Ai!, ¡que tan cuco!
¡Ai!, ¡que santiño!
Ven ós meus brazos,
dareiche un biquiño.

¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corasón de manteiga!

Corre, corre
a que Antona te peite;
corre, darache
unha cunca de leite.

Corre, corre,
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.


Rosalía de Castro "CANTARES GALLEGOS"
Fragmento do poema "Vente, rapasa"

Velaquí unhas imaxes coas portadas das súas obras e que temos en BiblioPazos a disposición dos lectores e usuarios. Podedes localizalas no catálogo ou preguntar ao persoal da biblioteca.



Sumámonos tamén á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que propón desde o 2010 á cidadanía que neste día agasalle un libro en galego e unha flor.


Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019

Cantarte hei. Manifest(o)Acción no Día de Rosalía


*Manifesta que escribe, escribe, escribe. E a escritura é unha acción.



*Manifesto eu que escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude. Libre o seu pensamento



*Manifesta o poema



o espolio                     dunha perenne miseria,

as violacións                a roupa de cote puñéronma en tiras,

a inxustiza social          sin abrigo tembra,

os desafiuzamentos      embargaránnos todo,

o abuso laboral            que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno

os éxodos                    en errantes hordas.




Do XIX ao XXI



*Manifesto eu que un poema con palabras da lingua que eu falo –que non é aquela que bastardean nas mais ilustradisimas provincias– aínda hoxe é un Manifesto. A miña infeliz patria tan desventurada



*Aqués que tén fama de honrados na vila. Galicia. Ano 2017. 82 agresións sexuais

raposos de sangre maldita. Galicia. Ano 2017. 6436 denuncias por violencia de xénero

vendéume a xusticia. manda, manda, manda, fato, rabaño

Dun golpe!




                                – Manifesta acción o poema




*Na xa vella baranda un corpo fala. Arrima o seu seo e no frío da reixa tatúa incisións. Traspasa as nosas carnes.



*Estas migallas de liberdade. Alertou. Tenteamos nós compracentes os rostros que nos cegan.



*Aquelas escuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre ignorados. – Manifesta que existen



*De humanos seres a compauta linea polas fronteiras pechadas en columnas nómades, en fronte o arame.





Do XIX ao XXI



*Escrito en medio de todos-los desterros. Manifesta que sabe que non a escoitan



*Do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaban. Prende o computador, algún dispositivo. Ladran.



*Manifesta que o poema é o lugar onde a voz afía a sombra.



*Indóciles nos camiños desertos eses versos.



*Cantos de independencia e liberdade. Manifesto.



*Acción que se inunda e anega. Cantarte hei





Ana Romaní

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#LibreOMeuPensamento_rdc_19

Fonte: Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

 

MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST


MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
Autora: Iria Misa
Ilustradora: Alba Barreiro
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Idade recomendada: +10 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Aine visita unha exposición sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto, coma os camaleóns. Sente un arreguizo estraño cando repara na roupa que vestía: non sabería dicir se é de home ou de muller.

Logo escoita aquela canción sobre un extraterrestre que só quere cantar e bailar, e ten unha revelación: Aine, de maior, será igual que Ziggy Stardust. Un músico marciano que podía ser como lle dese a gana.

FINALISTA DO PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE.

ISBN: 978-84-9121-415-1
Nº de páxinas: 221
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 13 x 20 cm.

martes, 19 de febreiro de 2019

TÁRTARUS


TÁRTARUS
Autor: Antonio Manuel Fraga
Ilustracións: Evaristo Pereira
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Fora de Xogo

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música. A inicialmente difícil relación coa súa mestra cambia cando a Mastrina lle propón un trato: contaralle unha historia a cambio de que Guiomar aprenda a tocar a klavia. A partir de entón, despois de cada clase, a Mastrina nárralle unha fantástica aventura que comeza cando Átika, unha rapaza güenda, asiste de incógnito a un concerto nun distrito mallumá. Átika perde o tren de volta á casa e vese na obriga de ir canda Fuco, un neno da rúa empeñado en saber por que a cidade está inzada de alacráns. As súas pescudas lévaos a descubrir a existencia dun mundo soterrado, Nigrofe, onde un gran perigo ameaza con destruír todo canto coñecen.

ISBN: 978-84-9914-980-6
Nº de páxinas: 244
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

luns, 18 de febreiro de 2019

"CONTANDO CON ROSALÍA" para celebrar o 182º aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

Iniciamos unha nova temporada de actividades de animación á lectura en BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, con novas e interesantes actividades culturais das que iremos informando puntualmente.

Comezamos o próximo xoves dia 21 de febreiro conmemorando o 182º aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO -que ocorrerá o domingo 24 de febreiro- co espectáculo "CONTANDO CON ROSALÍA" a cargo da actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA.

Terá lugar na Sala de lectura da biblioteca ás 11:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 2º e 3º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


Haberá contos e poemas para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro. Un achegamento á poesía da autora dun xeito lúdico, divertido e saboroso.
"Rosalía estaba sentada debaixo dunha árbore lendo un conto. De súpeto, unha xigantesca raposa saltou sobre ela e atrapouna.
-Ai, vou facer sopa de Rosalia! -dixo a raposa.
A raposa meteu a Rosalía nunha pota, pero... esa sopa non vai saber a nada. Non leva nin poesías nin contos!! Para que estea boa, a sopa TEN QUE LEVAR POESÍAS E CONTOS...!!"
Rimas, poesías e contos para o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Se queredes asistir a esta homenaxe a Rosalía de Castro aínda quedan algunhas prazas libres. A inscrición é obrigatoria, estades a tempo de facelo chamando ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273.

Veña animádevos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS!!!

O CASTAÑEIRO DE ABRIL


O CASTAÑEIRO DE ABRIL
Autor: Antonio Manuel Fraga
Ilustrador: Antonio Seijas
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Merlín

Idade recomendada: +11 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas.
Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños de bailarinas de madeira, labradas coa súa navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súa vida e unha chea de acontecementos que trastornan a vida da xente do seu barrio.

O Castañeiro de Abril é unha historia de superación, dunha dignidade tremenda e dunha afouteza extraordinaria. Unha reivindicación das cousas miúdas, que adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións.

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2013

ISBN: 978-84-9914-574-7
Nº de páxina: 149
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

domingo, 17 de febreiro de 2019

LOS MAYAS


LOS MAYAS
Autor: Carter Scott
Edita: Edimat Libros, S.A

Género: Literatura en Castellano - Historia

A los mayas se les llamó los "griegos de América" debido a sus grandes conocimientos astronómicos y matemáticos. Sin embargo, fueron algo más que eso: crearon un panteón de dioses mágico, vivieron unidos a la naturaleza, no le temían a la muerte y construyeron pirámides cargadas de unas pinturas de sobrecogedora fascinación. A lo largo de más de 3.000 años dieron forma a una civilización excepcional, hasta que, súbitamente, se dejaron sepultar por la selva y el tiempo, sin querer mirar hacia atrás... ¿ Por qué?

En el Popul Vuh, su "biblia", los mayas nos indicaron que provenían de los "hielos" y que habían llegado en barcos. Pero en el Templo de las Inscripciones de Palenque se encontró un dibujo con todas las características de ser un "astronauta en el interior de una nave espacial"... ¿Acaso nos hace suponer el mensaje que estas gentes, cuyos sacerdotes se hacían llamar "maestros de las estrellas", habían sido educadas por extraterrestres?¿Nos provendrían del Venus de hace un millón de años?

También los mayas adoraban a Kukulkán, un dios "blanco y barbado", y a una Cruz, en la cual murió, según rezaba en sus leyendas, "un hombre de luz que vivirá eternamente"... ¿Como pudieron alimentar esta idea? ¿Es posible que se la enseñara un misionero cristiano, muy anterior a la llegada de Cristóbal Colón, que visitó Yucatán gracias a las expediciones templarias que buscaban las minas de plata¿

Muchos enigmas que descifrar sobre un universo de la belleza impresionante, de Carter Scott plasma su habitual facilidad para transformar la documentación en literatura, casi en una novela que en ciertos momentos muestra una gran sensibilidad, mientras que en otros no duda en recurrir al mayor dramatismo. Todo en bien de una obra única.

ISBN: 84-8403-986-2
Nº de páginas: 187
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 14 x 21,5 cm.

JUAN PABLO II PREGONERO DE LA VERDAD


JUAN PABLO II PREGONERO DE LA VERDAD
Autor: Eusebio Ferrer
Edita: ABC, S.L
Colección: Biografías Vivas

Género: Literatura en Castellano - Biografías

El polaco Karol Józef Wojtyla, el primer papa no italiano en 456 años, fue obrero en una cantera, párroco rural y profesor antes de ser designado obispo auxiliar de Cracovia. Su servicio a la iglesia católica y a la causa de la humanidad, que culminaron con su nombramiento como Supremo Pontífice en 1978, se presentan en esta obra con especial detalle, ya que se analiza su papel en algunos de los momentos más trascendentes de la historia de nuestro tiempo, desde el desmoronamiento del comunismo a sus incesantes viajes de evangelización por todo el mundo.

ISBN: 84-413-2067-8
Nº de páginas: 285
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 12 x 21 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger