sábado, 24 de xullo de 2021

LA PUERTA DEL INFIERNO

 
LA PUERTA DEL INFIERNO
Autor: Mariano Vara
Ilustraciones: Toño Benavides
Editorial Luis Vives

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +11 años

Sam decide explorar el sótano de una casa que habían comprado sus padres. Descubre una pirámide de cristal que desprende una luz inquietante. Sam traspasará el lugar donde está la pirámide y de esta forma hará un viaje en el tiempo. Se encontrará de pronto en un mundo del futuro que resultará terrorífico.

Mariano Vara trabaja e los servicios informativos de la Televisión Española. En sus obras literarias aprovecha los conocimientos que adquirió en los viajes por el mundo, que le permiten dar un amplio horizonte a sus novelas.

ISBN: 84-263-2345-6
Nº de páginas: 109
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 18 cm

venres, 23 de xullo de 2021

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL
Autor e ilustrador: Fonso Barreiro (Fon)
Retranca Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +11 anos

Premio fin de curso 2015 da Escola Profesional de Historieta e Ilustración "O garaxe hermético".

Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades. Conta a lenda que canto máis fermosa é unha voz, mellores son os feitizos das bruxas. Existe unha voz máxica coa que calquera conxuro é posible, “a voz de Azazel”.

Na procura desa voz, Morcia, unha bruxa noxenta, roubará as voces de todos os nenos. E tamén a de Curuxa, unha aprendiz de meiga, que privada da súa voz e polo tanto da súa maxia, terá unha difícil misión, recuperar todas as voces.

O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.

ISBN: 978-84-941632-3-4
Nº de páxinas: 90
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 27 cm

xoves, 22 de xullo de 2021

MEMORIAS DUN RAPOSO

MEMORIAS DUN RAPOSO
Autor: Antonio Reigosa
Ilustracións: Manolo Uhía
Editorial Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

Premio Merlín de Literatura Infantil 1998

Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó.

Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes.

Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre.

ISBN: 978-84-8302-903-9
Nº de páxinas: 144
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm

mércores, 21 de xullo de 2021

NANA PARA UN SOLDADO

NANA PARA UN SOLDADO
Autor: Pepablo Patinho Penya
Ilustracións: Nuria Díaz
Edicións Embora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade Recomendada: +12 anos

Dous soldados inimigos coinciden na fronte. A pesar das súas diferenzas terán que poñerse de acordo ante un feito absolutamente imprevisto: o nacemento dun neno.

Con grandes doses de humor, Pepablo Patinho propón aos lectores máis novos dúas visións que se contrapoñen: por un lado, a guerra e a morte; por outro, o nacemento e a vida. Unha reflexión que transmite ao nenos o absurdo das guerras e o necesario que é escoitarse, entenderse, respectarse.

ISBN: 978-84-17824-19-8
Nº de páxinas: 71
Formato: 16 x 24 cm
Encuadernación: Tapa dura

martes, 20 de xullo de 2021

SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS

SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS
Autor: Alfredo Gómez Cerdá
Ilustracións: David Pintor
Tradución: Isabel Soto
Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Son persoas que teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos.

Alfredo Gómez Cerdá reuiniu sete delas neste libro e amósanos que tamén el ten unha chave mestra para facernos soñar.

ISBN: 978-84-1343-024-9
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23 cm

luns, 19 de xullo de 2021

MATILDE E O COMISARIO. O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA

MATILDE E O COMISARIO
O asasinato da profesora de xeografía
Autor: Pere Tobaruela
Ilustracións: Dani Padrón
Edicións Embora
Colección: O Globo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Un misterioso asasinato, o preludio dunha investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a un estraño caso no que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguén é o que parece.

ISBN: 978-84-17824-14-3
Nº de páxinas: 174
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

domingo, 18 de xullo de 2021

PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR

PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR
Autor: Astrid Lindgren
Ilustración: Ingrid Van Nyman
Traducción: David Ángel Álvarez Martínez
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil  - Contos

Idade recomendada: +8 anos

Medalla Hans Christian Andersen

Novas e abraiantes aventuras agardan a Pippi e os seus inseparables amigos na illa de Korakora, onde Efraim Mediaslongas é un poderoso rei.

No colofón da famosa triloxía de Astrid Lindgren, máis humor, extravagancias e divertidas ocorrencias.

ISBN: 978-84-8464-488-0
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger