Menú de enganos
Un restaurante literario moi especial
Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.
Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.
Preséntase un conxunto de relatos, a xeito de carta gastronómica de extensión moi diferente, en función da xerarquía do prato. Cun sabor picante, amargo ou doce, conforman un espléndido banquete lúdico no que prevalece o aderezo do humor, case sempre coa negrura do café natural. O menú componse de cinco pratos, cada un deles con catro degustaciones:
Para picar: un matrimonio acomodado e elegante pasea cunha nena chinesa vestida de galega e comenta a muller que quere que de maior aprenda chinés "para non privala da súa cultura"; outro matrimonio, como o primeiro de maio foi domingo, mandou traballar á asistenta para poder ir eles á manifestación; do caniche que atropelou e matou o coche ao dar marcha atrás porque o dono estaba distraído mirándolle as pegatinas de defensa da natureza; "Conmutador": "O home apagou a tele e acendeuse el".
Entrantes: dous anciáns, que nunca foran grandes amigos e agora xuntábanse nunha sorte de "solidariedade de supervivientes", síntanse e falan no parque sen dicirse nada; un traballador canso do rutineiro día de traballo na cadea de montaxe pola noite sóñase empresario triunfador que se relaxa pola noite soñándose traballador de cadea de montaxe; o neno é castigado moitas veces sen máis razón aparente que o humor co que chega o pai; á carnicera de luxo con clientela de alto stánding engánaa unha pordiosera marchando sen pagarlle unha suculenta compra.
Primeiros: un home non logra chegar a tempo de coller o avión para gozar coa familia as ansiadas vacacións por querer saír do co tempo xusto, mais como a muller chega máis tarde a culpa a ela de perder a viaxe; un home afeccionado ás psicofonías creu oír unha voz cando pegou un salto sobre a gabia e como segundo a altura do salto as sílabas eran máis, deduciu que alguén tiña unha mensaxe para el, polo que se tirou dun carballo e entón unha voz anuncioulle o que pasou: que ía partir as pernas; nunha imprenta a sobrina do xefe quere amolar ao encargado homoseual cambiando os calendarios do arzobispado polos da coordinadora gay-lésbica pero non é a única en cambialos, polo que ao final cada un chega onde debe; nun grupo escolar de tempos da ditadura, unha moza fermosa e mal vestida é castigada na madriguera pola crueldade das compañeiras, polo que o narrador pásalle as 200 pesetas que tiña na caixa de aforros dos agasallos das celebracións, que ela emprega nun vestido novo.
Segundos: un autor de éxito cóntalle a un amigo a súa obsesión por unha moza que vinte anos antes saudouno cando ía para a praia, fermosa coa súa bikini verde, e nun intento de atopala publica un cómic narrando o caso, engadindo o dato falso dunha amiga, que afirmou ser unha muller coa que, ao coñecela, forma parella; unha profesora asmática da facultade de farmacia espera a que o seu colega de departamento, tamén con asma, á que sempre odiou por triunfadora, non chegue ao avión pois iso supoñerá que inhaló o seu produto velenoso e cando xa fixo uso do inhalador ve que sae do baño: o seu era o que contiña o veneno; ante a posibilidade de que o seu socio, un home solteiro que foxe dos compromisos, enrédese cunha invitada o día que ela casa, unha muller prepara unha broma para escarmentarlo, mais a amiga segue o xogo da trampa, si, pero sen renunciar a gozar con el antes; un matrimonio acomodado económicamente baixa ao hemisferio sur para comprar unha irmá para o seu fillo Kevin, mais a avioneta cae na selva, e dous homes lévanse o rapaz louro, polo que pagará alguén un bo prezo.
Sobremesas: un ancián empapado pola choiva chegou dicindo "Hoxe non creo que aguante sen chover"; da semellanza entre homes e chimpancés, segundo o que creemos o home e resulta ser o simio; do vidente que, aínda furioso por unha discusión coa súa muller, anúncialle a un mozo con aspecto inxenuo e enfermizo a súa morte, mais é el quen morre a mans da súa muller; un malvado nutricionista recomendoulle reducir os hidratos na dieta e incrementar a ingesta de proteínas, por iso empeñábase en comer a Hansel e Gretel malia vivir nunha casita de chocolate, a moi bruxa.
116 p. - 13x21 cm.
ISBN: 978-84-9865-290-1
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA