NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Língua galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Língua galega. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de decembro de 2017

O BONECO DE NEVE


O BONECO DE NEVE
Autor: Xoán Babarro
Ilustracións: Carmen Queralt
Editorial Combel
Colección: Trote

Género: Literatura Infantil en galego -Poesía

Idade Recomendada: +3 años

A mensaxe dun oso polar vén nun vento de nevar... e nevar...

A nena e o neno fan un boneco con boca e chaleco

¿ A onde irá co vento este bonequiño gracioso?

ISBN: 84-7864-559-4
Nº de páxinas: 22
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22cm

venres, 6 de outubro de 2017

PITUSA SEMIFUSA



PITUSA SEMIFUSA (Inclúe CD)
Autora: Olga Brañas
Ilustracións: Leandro Lamas
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección: Sonárbore

Xénero: Música - Poesía - Libro-Disco 

Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.

Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos.

Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical.

ISBN: 978-84-9865-525-4
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura


venres, 25 de agosto de 2017

O BOSQUE ANIMADO


O BOSQUE ANIMADO
Autor: Varios autores
Ilustracións: Editorial Evergráficas S.L

Xénero: Literatura Infantil en galego - Contos 

Idade  Recomendada: +9 anos

Descubre as aventuras de Furi, Linda e todos os seus amigos neste precioso álbum ilustrado baseado na pelicula de debuxos  O bosque animado.

No bosque animado viven animais de diversas especies, mesmo Furi, unha toupa. Furi está namorado de Linda e faría calquera cousa por conseguir que ela sentira o mesmo por el.

Un día, a Linda ráptana con fins terribles, pero cando ela máis precisa a axuda de Furi, el, paralizado polo pánico, non pode responder.

Finalmente, Furi consegue reaccionar con rapidez e logra atopar a maneira de salvar a súa amiga Linda dun tráxico final...

ISBN:84-8464-090-6 
Nº de páxinas:28 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

sábado, 10 de setembro de 2016

DIONISIO GAMALLO FIERROS


DIONISIO GAMALLO FIERROS
Varios autores
Edita Xunta de Galicia
Fotografía cuberta: Xosé Castro (La Voz de Galicia)

Xénero: Biografías

Xúntanse neste libro de homenaxe á memoria de Dionisio Gamallo Fierros máis de medio centenar de colaboracións provenientes dalgúns dos moitísimos amigos que tiña.

Están feitas despois do falecemento do gran polígrafo ribadense. Hai aquí escritos que repasan importantes aspectos persoais e biográficos de Dionisio Gamallo: profesor, conferenciante, erudito, escritor, poeta.

Outras colaboracións destacan as relevantes contribucións que nos deixou no campo da historia e da crítica literaria.

Sumando tódolos textos dan unha imaxe poliédrica e moi completa do que foi a vida, a obra e a personalidade do incesante investigador ribadense falecido no mes de xaneiro de 2000.

ISBN: 84-453-3138-8
Nº de páxinas: 340

martes, 6 de setembro de 2016

COS PÉS NA TERRA


COS PÉS NA TERRA
Personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros
Autor: Xosé Ramón Freixeiro Mato
Asociación Cultural "A Estrada" 
Edicións Fouce, 1999
Colección "Strata"

Xénero: Ensaio

Neste libro o catedrático Xosé Ramón Freixeiro Mato fai un percorrido pola vida, produción literaria e pensamento de Manuel García Barros.

Este traballo inclúe a correspondencia inédita do autor, a prosa narrativa en galego, textos poéticos, escritos en español, artigos xornalísticos e un apéndice con textos publicados no xornal El Estradense.

ISBN: 978-84-922840-1-3
Nº de páxinas: 200
Encadernación: Tapa branda


luns, 8 de agosto de 2016

O GATO CON BOTAS


O GATO CON BOTAS
Autor: Charles Perrault
Adaptación texto: Xosé Ballesteros
Ilustracións: Enjamio
Kalandraka Editora S.L.
Colección: Os Contos do Trasno Comodín 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 4 anos 

"Érase unha vez un muiñeiro que, ao morrer, deixou aos seus fillos unha herdanza ben cativa: o seu muíño, a súa mula e o seu gato.

O máis vello quedou co muíño, ao segundo tocóulle a mula, e o máis novo tivo que conformarse co gato.


- Os meus irmás poderán gañar a vida co que lles tocou no reparto, pero eu, ¿que vou facer co gato?- queixábase o mozo...

 
Para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS. 

ISBN: 978-84-95123-45-2
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura

domingo, 24 de xullo de 2016

LUDOPATÍA. Os escravos do xogo


LUDOPATÍA. Os escravos do xogo
Autores: Javier González Vázquez - Eloy Martínez Martínez - Sagrario Pérez Albero
Éride ediciones, 2015 

Xénero: Autoaxuda 

Esta publicación é posible grazas ao interese e esforzo dos seus autores, que teñen a seguridade de que merece a pena loitar contra a secuela social que supón a LUDOPATÍA.

Polas nosas vivencias, a calquera persoa que se atope identificada co que hai exposto, imos darlle uns consellos para poder tomar as necesarias medidas e poñer freo ao seu problema, que aínda sendo difícil, a saída do buraco é posible.

ISBN: 978-84-16596-25-6
Nº de páxinas: 140
Encadernación: Tapa branda

luns, 18 de xullo de 2016

A REVOLTA DOS ANIMAIS: Unha historia fantástica


A REVOLTA DOS ANIMAIS:
Unha historia fantástica
Autor: George Orwell
Tradución: X. Antón López Dobao
Edicións Positivas S.L.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Os animais dos Jones sublévanse contra os seus amos, e véncenos.

Pero a revolución fracasará axiña ó asomaren entre algúns dos sublevados ansias de poder.

A corrupción, as rivalidades, a mentira..., os valores dos amos derrocados, anularán o primeiro soño.

É esta novela unha diatriba contra o totalitarismo e unha defensa das diferencias. E é que a "liberdade -dixo Orwell- significa o dereito a dicirlle á xente o que non quere oír".

Unha obra con menxase aberta, universal.

ISBN: 84-87783-13-9
Nº de páxinas: 110


xoves, 17 de setembro de 2015

CLARA CAMPOAMOR E A LOITA POLO VOTO FEMININO

CLARA CAMPOAMOR E A LOITA POLO VOTO FEMININO
Autora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edición: Non Venal - Concellaría da Muller
Ano de edición: 2006

Xénero: Biografías

No ano 2006 conmemórouse o 75 aniversario da primeira consecución do voto feminino en España. Un acontecemento histórico do que Clara Campoamor foi a protagonista indiscutible nas Cortes Constituíntes da II República.

A Concellaría da Muller do Concello de Santiago tributou unha homenaxe con este libro á muller que co seu esforzo en solitario conseguiu un avance tan significativo, logo suspendido polo franquismo.

O contexto historico no que se desenvolve a súa existencia, o proceso do feminismo no mundo e os paralelismos en España, a biografía de Clara Campoamor e a súa propia visión da consecución do voto para as mulleres, ademais da presenza das mulleres nas Cortes da II República conforman este traballo sobre un personaxe sobre o que o silencio tendeu a súa longa man inxustamente.

ISBN: 84-89597-16-2
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 13 cm
Nº de páxinas: 115

mércores, 27 de maio de 2015

COLECCIÓN POLO CORREO DO VENTO

Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Álvarez Taboada
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Xénero: Literatura Infantil

A nova "Colección POLO CORREO DO VENTO", preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega.



 1º -  Está protagonizado polos páxaros
máis habituais da natureza galega
(a andoriña, a gaivota, o paporroibo, a pomba, o corvo mariño),
abordándose, ademáis, a cuestión do parentesco
e o coñecemento das cidades galegas
e dos nosos espazos naturais.


 

 2º -  Está protagonizado por algúns dos mamíferos
da nosa fauna (o teixugo, a toupiña, o xabaril, o furón, a raposa…),
pre-sentando os diversos oficios tradicionais
e algúns espazos paisaxísticos da Galicia
interior (Ancares, Fragas do Eume…).


 
3º -  Está protagonizado por algunhas
das nosas especies máis emblemáticas da
nosa fauna mariña (o polbo, o linguado, o rodaballo,
o peixe sapo, a sardiña…), presentando
diversos obxectos de uso cotián
e algúns dos espazos naturais protexidos da nosa
beiramar (as dunas de Corrubedo, a praia
das Catedrais,a Lanzada, a praia de Carnota…).




 7º - Está protagonizado por algúns dos réptiles
máis habituais na nosa fauna, presentando
algúns dos máis importantes
escritores e escritoras galegos.



Tamén atoparán nesta colección 4º- Carola, a carteira centola, 5º- Martiño, o carteiro porquiño e 6º-  Violeta, a carteira bolboreta.

Cada un dos volumes complétase cun epílogo, “¿Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protago-nistas de cada un dos volumes.


martes, 28 de abril de 2015

A CASA

A CASA
Biblioteca Básica da Cultura Galega
Autor: Xaquín Lorenzo Fernández
Editorial: Galaxia, SA
Ano de edición: 1982
Colección: Biblioteca Básica da Cultura Galega

Xénero: Usos e Costumes - Etnoloxía

A importancia da casa como elemento principal da cultura material dos pobos ten sido xustamente destacada polos etnógrafos de todo o mundo. A súa estreita relación co home, tanto como espacio natural en que se desenvolve a intimidade da súa propia existencia, como expresión arquitectónica dunha maneira de ver e entender a vida, concédelle este papel á hora de estudiar as manifestacións culturais dunha comunidade histórica. De ahí que fora obrigada a presencia dun tema tan esencial nunha colección como ésta, que ten como fin poñer o conxunto da cultura galega ao alcance dos lectores.

"Biblioteca Básica da Cultura Galega" é unha biblioteca basada nos feitos históricos, nos datos económicos, nas manifestacións estéticas e nas creacións populares da comunidade galega.

Unha cultura cimentada na claridade e ao servizo de todos.

ISBN: 84-7154-404-0
Encuadernación: Tapa Branda
Formato: 18 x 11 cm
Nº de páxinas: 211

sábado, 25 de abril de 2015

O SEGREDO DAS PALABRAS

O SEGREDO DAS PALABRAS
Autores: Miguel Seoane García e Charo Baleirón Sóñora
Ilustracións: Manuel Blanco Rey
Editorial: Grupo Correo Galego
Edición: Non venal

Xénero: Lingüística

Animados por un gran respecto e amor ó galego e á nosa herdanza léxica decidiron, hai dous anos, incluír no xornal O Correo Galego unha sección dedicada ás nosas voces.

Guiados algunhas veces pola sonoridade dos distintos termos (babuxar), outras o aspecto anecdótico do seu significado ou da súa orixe (estraperlo, quinqué); nuns casos atraeunos a forza expresiva dun vocábulo do que se está esquecendo o seu uso a prol doutras formas non tan contundentes (arrebolar fonte a tirar, guindar, lanzar) ou o feito de que se substitúa por un castelanismo; tamén nos engaiolou a tradición ou o folclore asociados a unha forma, como son os casos de termos pertencentes ó campo semántico do lecer, das plantas, dos animais (carballo, curuxa, sadismo). Por último, tamém deixamos un oco para lembrar algúns datos sobre diversos cultismos (epopea) e varios signos (?, @).

Trátase dunha obriña que ten como única pretensión a de entreter e a de servir de aguilloada para abri-las nosas mentes ó inmenso e interesante mundo das palabras e dos seus segredos.
 
ISBN: D.L. C-1001-2002
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 259

martes, 11 de febreiro de 2014

Qué o CELGA? - Validación dos estudos de galego

Que é o Celga? 

O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun novo modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega que se adapta ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) definido polo Consello de Europa e no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz. 

Se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz. 

Táboa de referencias co MCERL:
Celga 1 --- Nivel A2
Celga 2 --- Nivel B1
Celga 3 --- Nivel B2
Celga 4 --- Nivel C1
Celga 5 --- Nivel C2
Como obteño o Celga?
 
Para obter o certificado de Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 débese superar unha proba oficial emitida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Para ter dereito á proba débese formalizar unha matrícula previa e pagar unha taxa polo dereito a examinarte. Podes consultar as convocatorias para o presente ano e o procedemento de matrícula aquí.
 
O Celga 5 unicamente se consigue por validación, mediante un título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4. Ver a normativa sobre a validación de estudos de galego aquí.
 
Onde e cando se fai o exame do Celga?
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca os exames para a obtención dos Celga dúas veces ao ano en maio e novembro.
 
Recorda que o deseño e corrección do exame así como a expedición do certificado é competencia da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galícia, non do centro avaliador.
 
Que pasa cos cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento?
 
A partir da entrada en vigor dos Celga desaparecen os cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento.
 
Para que me serven os meus diplomas de Iniciación e/ou Perfeccionamento?
 
Todos os diplomas obtidos ata a entrada en vigor do novo sistema (1 de setembro de 2007) seguirán tendo nun futuro a mesma validez que tiñan a efectos oficiais: Iniciación para os grupos de funcionariado D e E e Perfeccionamento para A, B e C.
 
Os novos niveis esixidos son Celga 1 para os grupos D e E e Celga 4 para os grupos A, B e C.
 
Con todo, Iniciación non é equivalente a Celga 1 nin Perfeccionamento a Celga 4. Elevouse o nivel de coñecemento esixido ao funcionariado.
 
Que diferenzas hai entre os Celga e os tres niveis de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento?
 
Son moitas as diferenzas, pero as máis salientables son:
 
1. Antes había só tres niveis e os Celga contemplan ata cinco niveis.
 
2. O modelo anterior tiña validez oficial só dentro do territorio galego e o novo modelo ten un recoñecemento europeo tanto nas horas impartidas coma no nivel comunicativo adquirido.
 
3. O novo modelo céntrase nas catro destrezas comunicativas (escoitar, falar, ler e escribir) de xeito que agora os coñecementos do código lingüístico (gramática, fonética e léxico) son un apoio para a comunicación.
 
Hai validacións para algún nivel de Celga?
 
O Celga 1 e Celga 2 valídanse co certificado de ter realizado un curso de lingua e cultura galegas para estraxeiros, de nivel inicial ou nivel intermedio respectivamente, impartidos nas universidades de Galicia.
 
O Celga 5 é validado por un título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4.
 
Ver a normativa sobre a validación de estudos de galego aquí.
 
Onde podo ter máis información actualizada?
 
 
 

mércores, 15 de maio de 2013

Pequeno diccionario da lingua galega

Este Pequeno diccionario da lingua galega trata de dar a coñece-lo significado das palabras máis frecuentes do léxico galego actual. Nas súas, aproximadamente, 8.000 entradas inclúense as palabras consideradas fundamentais dentro do léxico patrimonial, así como outras pertencentes a vocabularios técnicos ou científicos bastante usuais na comunicación nos nosos días.

O criterio seguido para establece-la orde das entradas é o alfabético. Neste sentido, cómpre aclarar que ch e ll non as consideramos letras á parte; aparecen, no lugar que lles corresponde, dentro do c e do l, respectivamente.

Tendo en conta os límites impostos foi necesaria unha gran selección de entradas; ás veces familias léxicas numerosas quedan reducidas a un ou só uns poucos representantes. Á súa vez, dentro de cada entrada están soamente as acepcións, locucións, frases feitas, etc., máis usuais.

Nas definicións tratouse de evita-la circularidade (A define B e B define A); procurouse tamén evitar na definición o uso de palabras que non teñen entrada no diccionario. Isto provoca non poucos problemas á hora de redacta-las definicións pero así cumpre a nosa pretensión de que as dúbidas se solucionen dentro da propia obra. En cada acepción póñense exemplos que serven en xeral para a súa mellor comprensión.

Á parte da información léxica, incluímos datos relativos á gramática, á morfoloxía, ó uso, etc. Así, indícanse aqueles casos en que o feminino ou o plural non seguen as normas máis habituais de formación, observacións relativas á sintaxe, ó nivel de lingua, etc.

Co desexo de contribuír ó proceso de normativización da lingua, preséntanse formas que, sendo moi correntes no momento actual, non se consideran correctas e aconséllanse entón as formas máis en consonancia co léxico que posúe o noso idioma.

Pretendemos ofrecer ó público unha obra sinxela, pero útil para aquelas persoas que desexen coñece-las primeiras nocións do léxico da nosa lingua. A pesar dos fallos que seguramente contén este traballo, sería a nosa maior satisfacción acadar este obxectivo.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA CONSULTAR NA TÚA CASA

 

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger