NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Contos na Natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos na Natureza. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de novembro de 2021

NATURIZO. LAZOS DE AMIZADE

NATURIZO. LAZOS DE AMIZADE
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Amelia é unha raposa que vive na serra de San Mamede. Gústalle pasear e durmir a sesta deitada á sombra dun carballo…, pero o que máis desexa é ter un amigo.

Conseguirao?

No caderno de actividades, incluído no libro, poderedes atopar diferentes actividades relacionadas ca amizade e a natureza. Actividades de comprensión, coloreables, recortables, manualidades e tamén a canción de Naturizo.

ISBN: 978-84-120058-8-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24 cm

martes, 11 de maio de 2021

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Na primavera nova vida nace na serra. Os lobetos de Lúa chea énchena de ledicia, ata que unha misteriosa desaparición require a axuda de Amelia.

Conseguirán resolvela?

ISBN: 978-84-120058-2-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

martes, 7 de xaneiro de 2020

MAX E LEA


MAX E LEA
Autor: Estefanía Padullés
Edita: Hercules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosaurio moi grande, moi forte, e cunha morea de cairos, así que ninguén se atreve a meterse con el.

Pero polas noites cambia o conto... Xa que Max ten moito medo a escuridade.

Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosaurios que coñece... Pero parece que ninguén pode solucionar o seu problema.

Cando max está xa a punto de renderse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.

Poderá axudarlle Lea?

Logrará Max vencer á fin o seu medo á noite?

ISBN: 978-84-944396-9-8
Nº de páxinas: 22
Encadernación: Tapa dura
Formato: 30,5 x 23 cm


venres, 7 de xuño de 2019

XEOCACHING NA "SENDA ARQUEOLÓXICA DE AMOEDO"

Despois de ter que aprazar a actividade o pasado dia 4 de xuño por culpa do mal tempo, informamos que a realizaremos o próximo Luns día 10 de Xuño á mesma hora e no mesmo lugar previstos inicialmente.



BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, retoma as actividades de animación á lectura este próximo luns día 10 de xuño cunha nova actividade de natureza que se inclúe no proxecto de promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega de 2019, patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén e a Deputación Provincial.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio animando aos mais novos a utilizala máis polo miúdo, tanto na fala como na escrita, así como a difundir o seu entorno promovendo e dinamizando o uso da lingua galega no municipio.
  • Fomentar a animación á lectura.
  • Incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega.
  • A posta en valor do patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial, prestando especial atención á recuperación da toponimia do concello nas sendas e nos paraxes naturais do municipio; en concreto, nesta ocasión na Senda Arqueolóxica de Amoedo.


A actividade iniciarase sobre as 10:00 horas da mañá e desenrolarase na Senda Arqueolóxica de Amoedo no entorno do "Carballo de Martiz" durante 2 horas e 30 minutos aproximadamente, tendo previsto rematala sobre as as 12:30 horas. Nela participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus profesores.

Realizarase por equipos, e consistirá nunha “busca do tesouro”, seguindo as pistas (cachés) cun GPS para, unha vez atopadas, resolver as mesmas. Desta forma se pretende ademais do achegar ao mundo rural aos escolares, ensinarlles o funcionamento da xeolocalización e familiarizalos coa mesma. Para elo deseñarase unha ruta na que se esconderán as pistas (cachés) para que os participantes as atopen e resolvan os enigmas que esconden as mesmas adecuadamente, mentres se divirten e aprenden no medio natural novas cousas sobre o seu entorno, sobre o concello, e tamén sobre a toponimia do lugar e o medio ambiente.

Ao finalizar, mentres recuperamos os folgos, haberá unha sesión de contacontos coa que remataremos a actividade para voltar aos puntos de orixe.

RECOMENDACIÓNS PARA OS PARTICIPANTES:

- Aconsellable levar avituallamento (Auga e algo de comida -bocata ou barritas enerxéticas). 
- Aconsellable levar gorra para resgardarse do sol, no seu caso. 
- Levar pantalón largo en vez de curto para protexe-las pernas si pasamos por zonas de espiños, herba seca, ramas baixas, etc. 
- Levar calzado adecuado para andar polo monte para evitar accidentes. Recomendable que sexa calzado pechado. Evitar zapato aberto tipo sandalias e ou zapatillas de sola fina porque resultarán incómodos. O ideal é levar un calzado apto que teña unha sola grosa, suxeición do nocello e que sexa impermeable. 
- Non separarse do grupo para evitar perdernos. 

NOTA INFORMATIVA: 

Por último comentar que a zona acaba de ser repoboada con carballos e otras especies autóctonas polo que pedimos aos participantes que teñan moito coidado por onde pisan para axudar a protexer a zona repoboada e o medio ambiente. 

Agora soamente queda que, nesta novo intento, a climatoloxía permita realizar a actividade e que gocemos dela.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

luns, 3 de xuño de 2019

domingo, 2 de xuño de 2019

XEOCACHING NA SENDA ARQUEOLÓXICA DE AMOEDO



BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, retoma as actividades de animación á lectura este próximo martes día 4 de xuño cunha nova actividade de natureza que se inclúe no proxecto de promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega de 2019, patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén e a Deputación Provincial.



Os obxectivos desta actividade son: 

  • Promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio animando aos mais novos a utilizala máis polo miúdo, tanto na fala como na escrita, así como a difundir o seu entorno promovendo e dinamizando o uso da lingua galega no municipio. 
  • Fomentar a animación á lectura. 
  • Incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega. 
  • A posta en valor do patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial, prestando especial atención á recuperación da toponimia do concello nas sendas e nos paraxes naturais do municipio; en concreto, nesta ocasión na Senda Arqueolóxica de Amoedo. 

A actividade iniciarase sobre as 10:00 horas da mañá e desenrolarase na Senda Arqueolóxica de Amoedo no entorno do "Carballo de Martiz" durante 2 horas e 30 minutos aproximadamente, tendo previsto rematala sobre as as 12:30 horas. Nela participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus profesores.


Realizarase por equipos, e consistirá nunha “busca do tesouro”, seguindo as pistas (cachés) cun GPS para, unha vez atopadas, resolver as mesmas. Desta forma se pretende ademais do achegar ao mundo rural aos escolares, ensinarlles o funcionamento da xeolocalización e familiarizalos coa mesma. Para elo deseñarase unha ruta na que se esconderán as pistas (cachés) para que os participantes as atopen e resolvan os enigmas que esconden as mesmas adecuadamente, mentres se divirten e aprenden no medio natural novas cousas sobre o seu entorno, sobre o concello, e tamén sobre a toponimia do lugar e o medio ambiente.

Ao finalizar, mentres recuperamos os folgos, haberá unha sesión de contacontos coa que remataremos a actividade para voltar aos puntos de orixe.

RECOMENDACIÓNS PARA OS PARTICIPANTES:

- Aconsellable levar avituallamento (Auga e algo de comida -bocata ou barritas enerxéticas). 
- Aconsellable levar gorra para resgardarse do sol, no seu caso. 
- Levar pantalón largo en vez de curto para protexe-las pernas si pasamos por zonas de espiños, herba seca, ramas baixas, etc. 
- Levar calzado adecuado para andar polo monte para evitar accidentes. Recomendable que sexa calzado pechado. Evitar zapato aberto tipo sandalias e ou zapatillas de sola fina porque resultarán incómodos. O ideal é levar un calzado apto que teña unha sola grosa, suxeición do nocello e que sexa impermeable. 
- Non separarse do grupo para evitar perdernos. 

NOTA INFORMATIVA: 

Por último comentar que a zona acaba de ser repoboada con carballos e otras especies autóctonas polo que pedimos aos participantes que teñan moito coidado por onde pisan para axudar a protexer a zona repoboada e o medio ambiente. 

Agora soamente queda que a climatoloxía permita realizar a actividade e que gocemos dela.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS. 

domingo, 24 de decembro de 2017

A MAXIA DA HORTA



A MAXIA DA HORTA
Textos e ilustracións: Dani Viéitez e Iria Iglesias
Edicións Embora
Colección: O raposo Rufo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

"A maxia da horta" trata de achegar os máis pequenos ao mundo da horta e á orixe dos alimentos que ven na casa a diario.

Coñecer de onde proceden os alimentos e como cultivalos e coidalos, de seguro que animará aos cativos a unha alimentación máis saudable, ao tempo que gozarán dun contacto coa natureza e coas plantas moi divertido.

ISBN: 978-84-16456-33-8
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19,5 x 20 cm



luns, 9 de outubro de 2017

"UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS" Lendas e Contos na Senda da Fraga do Barragán



"UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS" lendas e contos na Senda da Fraga do Barragán con ANA HERMIDA da Asociación Cultural Lisístrata o Martes 10 de Outubro de 2017.


A través do programa “CONTOS NA NATUREZA” preténdese promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio; fomentar a animación á lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega mediante contadores de historias; incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do concello a través de actividades nas sendas do municipio, en concreto, nesta ocasión da Senda da Fraga do Barragán ao seu paso polos concellos de Mondariz, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Iniciaremos a andaina cos alumnos de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI sobre as 09:50 horas en Freaza (Fornelos de Montes) na parada do bus onde a marquesina e, dende alí, comezamos o percorrido pola Senda da Fraga do Barragán a uns 50 metros, acompañados por Alvaro Martínez Leiro, presidente da Comunidade de Montes de Moscoso, que será o noso guía durante todo o percorrido.

A andaina continuará ata a zona do Monte da Cidade en Calvos (Fornelos de Montes) durante uns 120 minutos aproximadamente, pasando polas parroquias de Xunqueiras e Moscoso (Pazos de Borbén) visitando muíños, pontes e toda a ribeira do río Barragán.

No Monte da Cidade estaranos a esperar a actriz e contadora de contos ANA HERMIDA da Asociación Cultural Lisístrata que intentará incentivar aos xovenes no hábito lector coas súas historias e lendas do seu espectáculo "UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS".
“Os espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, tamén o entorno natural está cheo de contos que iremos narrando nun percorrido cheo de historias da historia, lendas fascinantes, curiosidades e personaxes que gardamos na mochila para todo o público que se achegue a facer este roteiro con nós.”
Ao finalizar pasearemos un ratiño ata o cruce de Calvos onde nos esperan os buses para voltar aos puntos de orixe.

VEN A BIBLIOPAZOS
E
PARTICIPA NAS ACTIVIDADE

sábado, 30 de setembro de 2017

"UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS" - Animación á Lectura con ANA HERMIDA - PROGRAMA "CONTOS NA NATUREZA"

Continuamos en BIBLIOPAZOS coa programación de Animación á Lectura para este ano 2017 e seguimos co noso programa "CONTOS NA NATUREZA" a través do que se pretende promover e dinamizar o uso da lingua galega e fomentar a animación á lectura mediante a promoción da tradición oral galega a través de contadores de historias, incrementado así a oferta da actividade cultural en lingua galega no municipio e apostando pola posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do Concello.


Nesta ocasión achegarémonos á Senda da Fraga do Barragán cos alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da ASOCIACIÓN ASPAVI.

A andaina iniciarémola ás 10:00 horas da mañá en Freaza (Mondariz) e dende alí percorreremos uns 5 km de senda pasando polas parroquias de Xunqueiras e Moscoso en Pazos de Borbén, para finalizar na zona coñecida como "Monte da Cidade" en Calvos (Fornelos de Montes) a donde temos previsto chegar sobre as 12:00 horas.

Muíño do Barragán

Ao chegar ao Monte da Cidade teremos con nos a

ANA HERMIDA, da Asociación Cultural Lisístrata
 
co seu espectáculo
 
"UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS"

A Cidade

Os espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, tamén o entorno natural está cheo de contos que iremos narrando nun percorrido cheo de historias da historia, lendas fascinantes, curiosidades e personaxes que gardamos na mochila para todo o público que se achegue a facer este roteiro con nós.

O río en Xunqueiras


ANA HERMIDA é Licenciada en Arte dramática por Casahamlet, participou nesta compañía como profesional na obra "Se non queres casar, o mesmo dá", así como en series de televisión, cine, teatro, radio, documentais, dobraxe... conta tamén con experiencia no mundo da narración oral.

No teatro interpretou, entre outros, a Cunqueiro, Shakespeare, Pisón, Graña, Rosalía... Actuacións en numerosos lugares da xeografía galega. Formación no mundo da Igualdade e Violencia de Xénero. Actualmente desenvolve o seu traballo artístico (narración, teatro, recitais) en Lisístrata, potenciando a figura feminina e concienciando na igualdade e violencia de xénero, valéndose para tal medio das artes escénicas. 

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia. 

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono

986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

venres, 29 de setembro de 2017

ANDAINA GUIADA POLA SENDA ARQUEOLÓXICA DE AMOEDO E "CONTOS NA NATUREZA": "A METAMORFOSE DE MEDUSA E OUTRAS HISTORIAS"

BiblioPazos realizará cos alumnos e alumnas do CPI Curros Enríquez un paseo pola Senda Arqueolóxica de AMOEDO. 

Despois de celebrar o pasado día 9 de setembro a andaina “O Eco das Pedras” pola Senda Arqueolóxica de Amoedo - na que participaron o arqueólogo Xosé Lois Vilar e a actriz e contacontos Raquel Queizas- a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén realizará un segundo percorrido cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez o próximo martes 3 de outubro.


Esta andaina contará con dúas actividades.

Na primeira contaremos novamente coa presencia do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos, quen dará conta da importancia e dos misterios que a día de hoxe aínda continúan ao redor da arte rupestre e megalítica de Galicia; e sempre nun ambiente educativo e de lecer, os alumnos visitarán petróglifos, mámoas e o foxo do lobo de Amoedo, estrutura que a dia de hoxe aínda inspira a imaxinación sobre o misterioso lobo baixo as explicacións de Xosé Lois Vilar.


Unha vez rematada a andaina arqueolóxica, os alumnos e alumnas descansarán xunto ao maxestoso Carballo de Martiz, onde a contacontos CHARO PITA comezará coa segunda e última actividade do día que buscará a participación e complicidade dos ollos dos máis novos e novas ofrecendo o seu espectáculo de narración oral “A metamorfose de Medusa e outras historias” contos recollidos de distintas mitoloxías sobre historias de metamorfoses e transformacións en elementos da natureza. 

O punto de encontro e comezo da ruta será desde a Casa Cultural de Amoedo sobre as 10:00 da mañá e desde alí iniciaremos a caminata pola Senda Arqueolóxica de Amoedo.

Recoméndase aos asistentes que traian calzado adecuado para camiñar por sendas forestais, e roupa de abrigo para a humidade e o frío; e tamén algo de bebida e merenda por si entra a fame e a sede.

Dende a Concellería de Cultura e dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) agradecemos a Jorge Alvarez a súa axuda para facer posible esta andaina e a súa publicidade. 

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

xoves, 28 de setembro de 2017

AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO 2º SEMESTRE DE 2017 EN BIBLIOPAZOS

Despois dunha intensa programación durante o primeiro semestre de 2017 e despois do merecido descanso do verán por vacacións voltamos novamente con máis actividades de Animación á Lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos, coas que pretendemos contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, mediante a realización dun conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito lúdico e atraente. 

https://www.dropbox.com/s/azyqcfchxp9h2ro/01%20-%20Cartel%20Senda%20Amoedo%2009_2017.png?dl=0
As actividades deste semestre foron iniciadas o Sábado 9 de setembro de 2017 no que organizamos unha andaina educativo-cultural pola Senda Arqueolóxica de Amoedo na que participaron unhas 150 persoas de tódalas idades. Con esta e outras actividades incluídas dentro do programa "CONTOS NA NATUREZA" da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, co que se pretende promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio; fomentar a animación á lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega a través de contadores de historias; incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do concello a través de actividades nas sendas e nos paraxes naturais do municipio.

https://www.dropbox.com/s/hhe31leq65yjyy6/IMG_1467.JPG?dl=0
A actividade comezou ás 20:00 horas na Casa Cultural de Amoedo cunha charla do arqueólogo e divulgador XOSÉ LOIS VILAR do Instituto de Estudos Miñoranos, sobre o mundo da arte rupestre galega na que conxugou arqueoloxía con grandes doses de humor e retranca. Logo realizamos unha pequena andaina pola Senda Arqueolóxica de Amoedo, (considerada como unha das mellores e máis importes da arte rupestre do sur de Galicia e dunha inmensa riqueza arqueolóxica e etnográfica) na que admiramos un petróglifo e unha mámoa baixo as explicacións de Xosé Lois Vilar. 

https://www.dropbox.com/s/z7dvubtf84bstia/IMG_1476.JPG?dl=0Ao final do percorrido no Carballo de Martiz atopámonos coa actriz, filóloga e sobre todo contacontos RAQUEL QUEIZÁS que nos ofreceu baixo a luz das estrelas o seu espectáculo “O ECO DAS PEDRAS”, no que nos encheu de  historias e lendas tradicionais que nos mergullaron nunha Galicia chea de misterio, nunha Galicia de milenios aínda por descubrir e coas que fomos coñecendo o noso patrimonio inmaterial e como este vai intimamente ligado a súa vez co noso incrible patrimonio material de onde veñen gran parte destas lendas e contos e no que descubrimos todo un mundo oculto que tamén nos fai pobo e que debemos estimar, coidar e non dar a esquecemento.

Este evento foi patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio.

---------------------------------------------------------------------------------

MARTES 3 DE OUTUBRO DE 2017: Continuamos coas actividades o próximo cunha andaina guiada pola Senda Arqueolóxica de Amoedo do programa Contos na Natureza.

https://www.dropbox.com/s/mrnvc1ugnmnr4pt/2017-10-03%20CHARO%20PITA%20-%20A%20METAMORFOSE%20DE%20MEDUSA%20-%20CONTOS%20NA%20NATUREZA%20-%20SENDA%20ARQUEOLOXICA2.jpg?dl=0
 Nesta ocasión participarán neste actividade os alumnos e alumnas de de 5º e 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez nunha andaina que contará con dúas actividades.

Na primeira contaremos novamente coa presencia do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos, quen dará conta da importancia e dos misterios que a día de hoxe aínda continúan ao redor da arte rupestre e megalítica de Galicia; e sempre nun ambiente educativo e de lecer, os alumnos visitarán petróglifos, mámoas e o foxo do lobo de Amoedo, estrutura que a dia de hoxe aínda inspira a imaxinación sobre o misterioso lobo baixo as explicacións de Xosé Lois Vilar.

Remataremos a andaina xunto ao maxestoso Carballo de Martiz, onde a contacontos CHARO PITA nos ofrecerá o seu espectáculo de narración oral “A metamorfose de Medusa e outras historias” con contos recollidos de distintas mitoloxías sobre historias de metamorfoses e transformacións en elementos da natureza cos que buscará a participación e complicidade dos ollos dos máis novos e novas.

Dende a Concellería de Cultura e dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) agradecemos a Jorge Alvarez a súa axuda para facer posible esta andaina e a súa publicidade; e á Deputación Provincial de Pontevedra e á Xunta de Galicia polo seu patrocinio. 

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono 986 497 273.

---------------------------------------------------------------------------------

https://www.dropbox.com/s/1voevmgmkq38my4/2017-10-10%20ANA%20HERMIDA%20-%20UN%20ROTEIRO%20CHEO%20DE%20HISTORIAS%20-SENDA%20BARRAG%C3%81N5.jpg?dl=0
MARTES 10 DE OUTUBRO DE 2017: Seguimos co programa Contos na Natureza cunha nova andaina na que nos achegarémonos á Senda da Fraga do Barragán guiados por Alvaro Martínez Leiro presidente da Comunidade de Montes de Moscoso cos alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e que percorerremos dende Freaza (Mondariz) pasando polas parroquias de Xunqueiras e Moscoso (Pazos de Borbén) ata o lugar do “Monte da Cidade” en Calvos (Fornelos de Montes) -visitando muíños, pontes e toda a ribeira do río Barragán-  ata atoparnos con ANA HERMIDA, da Asociación Cultural Lisístrata que nos ofrecerá o seu espectáculo "UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS". 

Os espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, tamén o entorno natural está cheo de contos que iremos narrando nun percorrido cheo de historias da historia, lendas fascinantes, curiosidades e personaxes que gardamos na mochila para todo o público que se achegue a este roteiro. 

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono 986 497 273.

---------------------------------------------------------------------------------

https://www.dropbox.com/s/m1mudpbcjch6042/2017-1014%20OS%20Bolechas%20cartel%20con%20logos%20Pazos.jpg?dl=0
 SÁBADO 14 DE OUTUBRO DE 2017: E para finalizar as actividades do mes de outubro contaremos o Sábado 14 de outubro ás 18:30 horas no AUDITORIO do CONCELLO de Pazos de Borbén con OS BOLECHAS e o seu espectáculo “De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zás” do novo programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, á que pertence o Concello de Pazos de Borbén.

Os seis irmáns Bolechas e o can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Aquí chegan, un ano máis, os máis divertidos referentes galegofalantes para percorreren este outono 21 localidades galegas cunha actividade familiar e participativa. 

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa.

Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos.

Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas. 

Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para FalaRedes a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao www.osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.




Tamén, coma sempre no FalaRedes, a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Toda a información sobre a nova edición xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega en www.lingua.gal/dechispaatata. 

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

ESPERÁMOSTE NO AUDITORIO DO CONCELLO
DE PAZOS DE BORBÉN

-----------------------------------------------------------------------

NON TE ESQUEZAS!!!

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger