NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 5 de setembro de 2020

COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO


COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
Autores: Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Aplicadas- Economía Doméstica

Idade recomendada: +6 anos

En Cociñando con Bolboretas no bandullo cada receita garda unha historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados... Non podemos para de babexar!

Entre estas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar. Adiante, bolboreteiros e bolboreteiras. Agardámosvos con moita ilusión!

ISBN: 978-84-9121-407-6
Nº de páxinas: 73
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27,5 cm

venres, 4 de setembro de 2020

OS PIRATAS


OS PIRATAS
Autor: Ignasi Valios i Buñuel
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras de piratas cativan desde o primeiro momento a nenos e nenas.

Ademais, este libro é moi especial: pódese les ás escuras!

Se o poñedes aberto baixo un foco de luz e despois apagades, as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente. Embarcamos!

ISBN: 978-84-9121-424-3
Nº de páxinas: 19 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 19,5 cm

xoves, 3 de setembro de 2020

ORESTES PERDE O SENTIDO!


ORESTES PERDE O SENTIDO!
Autor: Rosa Aneiros
Ilustrador: Kiko da Silva
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño.

A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.

ISBN: 978-84-9121-474-8
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

mércores, 2 de setembro de 2020

CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO


CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO
Autor: Eloy Moreno
Ilustrador: Pablo Zerda
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial, SAU

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +12 años

Un libro que contiene 38 cuentos para todas las edades. Cuentos que nos harán replantearnos el mundo, que nos aportarán valores en sus moralejas.

¿Y si son las ramas las que mueven el viento?

Este libro esta orientado para todos aquellos que siguen siendo niños aunque los adultos les obliguen a disimularlo.

ISBN: 978-84-1314-141-1
Nº de páginas: 151
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 14 cm x 21,5 cm

martes, 1 de setembro de 2020

EL CLUB DE LA CANASTA


EL CLUB DE LA CANASTA
Autor: Ángel Burgas
Edita: La Galera, SAU Editorial

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +12 años

Martina recibe un regalo el día que cumple doce años: las memorias del Anticlub.

Hace unos años, su hermana y unos compañeros de clase crearon este grupo, dedicado a luchar contra las injusticias del barrio y del instituto. Y ahora Martina siente la necesidad de volver a formar una banda como la de su hermana.

Ya lo ha decidido, se lo comentará a sus amigos, pero, ¿quiénes son sus amigos?

ISBN: 978-84-246-2544-3
Nº de páginas: 139
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

luns, 31 de agosto de 2020

QUEN SALVA UN CAN


QUEN SALVA UN CAN
Autor: Érica Esmorís
Ilustrador: Iria Fafián
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo. 

Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos, arriscada na terra onde os cans falan.

Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o rio Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios. 

Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.

ISBN: 978-84-9121-528-8
Nº de páxinas: 205
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

domingo, 30 de agosto de 2020

A CIENCIA DO DÍA A DÍA


A CIENCIA DO DÍA A DÍA
Autor: Caterina López Rigo
Ilustrador: Bruno Martínez Tabares
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Fundamentos da Ciencia e da Cultura

Idade recomendada: +6 anos

Por que estoupan o flocos de millo? De onde vén a electricidade? Poden pensar os ordenadores?

Todos comenzamos a tremer cando un cativo ou unha cativa nos mira directamente aos ollos e abre a boca para dicir "POR QUE?". Con este libro poderán atopar a resposta de seu!

ISBN: 978-84-9121-431-1
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger