NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Piratas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Piratas. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de outubro de 2020

LÚA E OS NUBEIROS


LÚA E OS NUBEIROS
Autor: Xosé Miranda
Ilustrador: Fran Jaraba
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara como outro calquera remataría de forma tan inesperada?

En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Que que é un nubeiro? Iso eche longo de contar. De todos modos por moi excitante que pareza, os nubeiros non sempre se portan ben cos nenos. O que capturou a Lúa, de feito, portouse rematadamente mal. Aínda bo é que chegaron para rescatala dous nenos...

Pero para saberes como se desenvolve esta historia fantástica o mellor é lela.

ISBN: 84-8288-919-2
Nº de páxinas: 118
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

venres, 4 de setembro de 2020

OS PIRATAS


OS PIRATAS
Autor: Ignasi Valios i Buñuel
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras de piratas cativan desde o primeiro momento a nenos e nenas.

Ademais, este libro é moi especial: pódese les ás escuras!

Se o poñedes aberto baixo un foco de luz e despois apagades, as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente. Embarcamos!

ISBN: 978-84-9121-424-3
Nº de páxinas: 19 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 19,5 cm

domingo, 9 de agosto de 2020

O PIRATA VALENTE


O PIRATA VALENTE
Autor: Ricardo Alcántara
Ilustrador: Gustavo Ariel Rosemffet "Gusti"
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O pirata Brais ten moita imaxinación.

¿Te atreves a acompañalo nas súas aventuras?

ISBN: 978-84-8464-448-4
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 22 cm

luns, 30 de xullo de 2018

LOS OLCHIS Y EL PIRATA NEGRO


LOS OLCHIS Y EL PIRATA NEGRO
Autor e Ilustrador: Erhard Dietl
Traducción: Noemí Risco
Santillana Infantil y Juvenil, S.L.
Colección Loqueleo Narrativa Serie Morada

Género: Literatura Infantil en Castellano -Narrativa

Edad Recomendada: A partir de 8 años. 

Los olchis viajan con su dragón Silla de Fuego a Villa Papilla, en el mar del Norte, para visitar a la tía Olga y a su hijo Othello. Allí descubrirán los restos de un barco pirata, habitado por el terrible fantasma del pirata negro.

Grumete, ¿estás preparado para vivir una misteriosa aventura de piratas?

ISBN: 978-84-9122-159-3
Nº de páginas:57
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

xoves, 26 de abril de 2018

" S.O.S. MAR DE FONDO"


"S.O.S. MAR DE FONDO"
Autor: Carlos Freire Pérez
Edicións Fontel
Colección Biblioteca Didáctica Fontel

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Teatro

A obra de Teatro trata sobre o encallamento dun buque que verteu unha cantidade importante de petroleo no mar e fan unha parodia sobre piratas, unha gota do mar, a morte e outros personaxes sobre a importancia de coidar e protexer o medioambiente e as catástrofes medioambientais que afectaron ás costas galegas...

Un tema que afectounos moi recentemente e que é de importancia vital afrontala tanto a nivel político como ambiental e social.

ISBN: 84-87951-16-3
Nº de páxinas: 83
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm


luns, 19 de marzo de 2018

OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE


OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección  Sopa de Libros

Xénero:  Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada : A partir de 12 anos

O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... 

Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.

Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente? 

ISBN:978-84-9121-298-0
Nº de páxinas: 185
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm



luns, 15 de xaneiro de 2018

DEZ PIRATAS


DEZ PIRATAS
Autora: Gloria Sánchez
Ilustracións: Montse Gisbert
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L
Colección: Oqueleo Poesía Serie Morada 

Xénero: Literatura Infantil en Galego- Contos

Idade Recomendada: A partir de 8 anos 

Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis socios, que saíron do peirao un día en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un detrás doutro van desaparecendo ata que só queda...

Rimas cheas de humor e enxeño que nos mostran o lado máis cómico da poesía.

ISBN: 978-84-16834-01-3
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm

sábado, 6 de xaneiro de 2018

COSTA DO SOLPOR


COSTA DO SOLPOR
O regreso da Illa do Tesouro
Autor: Xosé Mª Lema
Ilustracións: Antonio Seijas
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo 

Xénero: Literatura Xuvenil Galega- Narrativa 

Un traductor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro.Unha violenta tormenta obrigou á goleta a atracar nunha baía da galega Costa do Solpor.

Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose  da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Só se salvará Jim Hawkins, un grumete que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de salvar a goleta e mailos seus tripulantes...

Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña, que empeza onde remata a Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

ISBN: 978-84-9121-219-5
Nº de páxinas: 433
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

luns, 21 de agosto de 2017

CAPITÁN CALABROTE


CAPITÁN CALABROTE
Autor: Alberto Sebastián
Ilustracións: Carles Arbat
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora
Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 años

O capitán Calabrote foi o máis terrible dos piratas e as suás aventuras se contaban en todolos portos do mundo.

Despois dunha vida repleta de abordaxes e saqueos, Calabrote vivía retirado nunha illa perdida no inmenso océano...

ISBN: 84-8464-107-4
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

martes, 25 de xullo de 2017

KIKA SUPERBRUJA Y LOS PIRATAS


KIKA SUPERBRUJA Y LOS PIRATAS
Autor: Knister
Ilustración: Birgit Rieger
Editorial Bruño
Colección: Kika Superbruja 

Género: Literatura en Castellano -Narrativa

Edad Recomendada: + 9 años

En esta aventura, Kika se translada por arte de magia a un viejo barco pirata.

Allí tendra que enfrentarse con el temible capitán Carrillo Barbudo y su fiera tripulación. ¿Quién vencerá?

ISBN:84-216-3421-6
Nº de páginas:119
Encuadernación: Tapa blanda
Formato:21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger