sábado, 17 de decembro de 2016

EL MAESTRO DE ESGRIMA


EL MAESTRO DE ESGRIMA
Autor: Arturo Pérez- Reverte
Grijalbo Mondadori, S.A; 1994
Colección: Literatura Mondadori

Género: Literatura en castellano - Narrativa

El maestro de esgrima es una enigmática historia de múltiples significados. Novela de aventuras, pero también policíaca, trata de un amor que apenas se atreve a expresarse, de odio, de traiciones y de maniobras políticas, y de un mundo que agoniza, simbolizado por la desaparación del viejo arte de la esgrima. El juego de cada uno de los peones de la historia permanece secreto, hasta que el maestro logra, con gran peligro de su vida, esclarecer el misterio y precipitar un trágico final, trasunto al fin de la desaparición de los caballerescos valores de honradez y fidelidad que el anciano ha mantenido durante toda su vida.

ISBN: 978-84-397-1981-7
Nº de páginas: 292
Encuadernación: Tapa blanda


ASTÉRIX E OS GODOS


ASTÉRIX E OS GODOS
Autor: René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Editorial: Xerais, 2015                                             

Xénero: CÓMIC

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...

Nesta ocasión, os nosos heroes, Astérix e Obélix, deben liberar o druída Panorámix que foi secuestrado polos godos para conseguir a poción máxica.

IBN:978-84-9914-762-8                                      
Nº de páxinas: 40  

Encadernación: Tapa dura

venres, 16 de decembro de 2016

O XARDÍN DOS DEUSES


O XARDÍN DOS DEUSES
Autor: Gerald Durrell
Traducción: Moisés Barcia
Sushi Books, 2016
       
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Este é o terceiro libro que escribo sobre unha estancia de toda a miña familia na illa de Corfú, antes da última guerra mundial. A algúns estrañaralles que aínda atope material para escribir sobre esa época da miña vida. Permítaseme sinalar que naqueles tempos eramos relativamente podentes, ricos sen ningunha dúbida para o nivel de Grecia; ningún de nós traballaba no sentido habitual da palabra, e polo tanto dedicabamos a maior parte do tempo a pasalo ben. En cinco anos de semellante réxime, calquera pode acumular moitas experiencias...

 A triloxía que se completa con esta obra despois de "A miña familia e outros animais" e "Bechos e demais parentes", retrata unha infancia "verdadeiramente feliz e luminosa."  

ISBN: 978-84-15920-93-9
Nº de páxinas:214
Encuadernación: Tapa blanda

QUEBRACABEZAS


QUEBRACABEZAS
Autor: Diego Bianki
Tradución: Manuela Rodríguez                      
Kalandraka Editora, 2016

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
 

Idade recomendada: +3 anos

Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas e coellos viven con nós xunto con millóns de animais e persoas máis.

Se contamos os que viven no ceo e, máis alá das nubes, no espazo, parece como se non existise un número en que puidésemos caber todos, como se cada parte dese número inmenso fose unha peza dun quebracabezas infinito. 

Máis aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo en que somos iguais: TODOS SOMOS DIFERENTES.

E aínda que non haxa un número en que caibamos, hai unha palabra en que si nos podemos atopar: NÓS.

Con este libro, Diego Bianki invítate a seguir sumando e a facer este quebracabezas cada vez máis grande. E máis grande, e máis grande, e máis grande...

ISBN: 978-84-8464-996-0
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa dura

xoves, 15 de decembro de 2016

TERRITORIO COMANCHE


TERRITORIO COMANCHE
Autor: Arturo Pérez- Reverte
Ollero & Ramos Editores, S.L; 1994
Colección: Novelas ejemplares

Género: Literatura en castellano - Narrativa

"Para un reportero en una guerra, territorio comanche es el lugar donde el instinto dice que pares el coche y des media vuelta; donde siempre parece a punto de anochecer y caminas pegado a las paredes, hacia los tiros que suenan a lo lejos, mientras escuchas el ruido de tus pasos sobre los cristales rotos. El suelo de las guerras está siempre cubierto de cristales rotos. Territorio comanche es allí donde los oyes crujir bajo tus botas, y aunque no ves a nadie sabes que te están mirando".

Pérez-Reverte nos enfrenta con la visión más real y descarnada, no exenta de ternura e ironía, sobre el trabajo de los corresponsales de guerra en la ex Yugoslavia. Un relato apasionado que se lee como una novela y obliga a preguntarse si existe una ética en el filo entre la vida y la muerte.

ISBN: 978-84-7895-025-7
Nº de páginas: 141
Encuadernación: Tapa blanda


GALICIA, NOSA LEDICIA


GALICIA, NOSA LEDICIA
Autor: Xosé Neiras Vilas
Ilustracións: Dani Viéitez                
Edicións Embora, 2015

Xénero: Historia - Infantil

Idade recomendada: +9 anos

Van aquí moitas noticias
con flores, versos, ledicias.
Retallos da nosa historia
que gardarás na memoria.
E has de sentir tenro achego
por ter nacido galego.

Unha historia de Galicia para nenos escrita con menos de 500 palabras! unha historia de Galicia en verso

O talento creador de Xosé Neira Vilas maniféstase neste libro pensado para os nenos pero que agradará tamén aos adultos. A través de 60 pareados, o autor repasa a historia de Galicia desde a cultura castrexa ata os nosos días, con referencias á Idade Media e Prisciliano, aos Irmandiños, á emigración e ao galeguismo, entre moitas outras. Un libro fermosísismo, que Neira Vilas deixou rematado días antes de morrer.

ISBN: 978-84-16456-13-0
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura


mércores, 14 de decembro de 2016

RAIOLAS DE SOL


RAIOLAS DE SOL
Autor: Antonio García Teijeiro                   

Galaxia S.A; 2016
Colección: Costa Oeste 


Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Unha raiola de sol, por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos que quizais permanecían agochados aos nosos ollos. 

Todos e cada un dos relatos deste novo libro: son como esas raiolas: alumean vidas, historias, ofrecen pinceladas luminosas sobre parcelas da realidade que nin imaxinabamos. unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. 

Unha das obras más delicadas da producción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro.

ISBN: 978-84-9865-692-3
Nº de páxinas: 83
Encuadernación: Tapa blanda

AUGUSTA E OS SEUS MEDOS


AUGUSTA E OS SEUS MEDOS 
Autor: Sabela Fernández Trelles
Ilustracións: Alicia Suárez
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...

Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir deste momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.

ISBN: 978-84-9914-783-3
Nº de páxinas:26
Encadernación: Tapa dura


martes, 13 de decembro de 2016

CUATRO CORAZONES CON FRENO Y MARCHA ATRÁS / LOS LADRONES SOMOS GENTE HONRADA


CUATRO CORAZONES CON FRENO Y MARCHA ATRÁS
LOS LADRONES SOMOS GENTE HONRADA
Autor: Enrique Jardiel Poncela
Espasa Libros S.L.U, 2010                                                     
Colección: Austral 

                                     
Género: Teatro

Cuatro corazones con freno y marcha atrás, una de sus obras más logradas, es la historia de unos seres que no sólo se convierten en inmortales, sino que, descontentos con ello, acaban rejuveneciendo poco a poco.

Los ladrones somos gente honrada es una comedia de simple y estricta diversión, porque en ella, según Jardiel, no hay cimientos psicológicos, pasionales, metafísicos o filosóficos que la justifiquen.

La obra de Enrique Jardiel Poncela surge de la peculiar unión del teatro de humor castizo con las ideas literarias de vanguardia. Su humor, inverosímil, disparatado e imaginativo, es producto de una íntima insatisfacción, de una actitud crítica atne la sociedad: las situaciones insólitas y sorprendentes, el misterio y la intriga, el diálago cínico y los chistes lingüisticos le sirven para distorsionar la lógica de lo cotidiano y dejar patente lo vulgar de la existencia.

ISBN: 978-84-670-3345-8
Nº de páxinas: 350
Encuadernación: Tapa blanda

BALEA

 
BALEA
Autor: Fernández & González      
Kalandraka Editora, 201
                                 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

BALEA é un gran mural de dobre cara, pregado coma un acordeón, que representa unha enorme BALEA METÁLICA  sumerxida no fondo do mar, xunto con algas, peces de vivos colores e outras criaturas acuáticas. Ao seu arredor, uns simpáticos buzos de traxe amarelo, protagonistas mudos deste Libro-obxecto visual. Ao xirar a folla cambia a perspectiva dos lectores, que observan o interior do artiluxio, dividido en numerosas estancias. É aí onde entra en xogo a IMAXINACIÓN, para recrear que sucede na sala de control do cetáceo mecánico, que preparan na cociña, de qué falan os encargados do horto, en que traballan os operarios do taller… E así en moitas máis salas:ximnasio, dormitorios, despensa…...

Fernández & González presentan un mundo idílico e ideal, sen xerarquías, onde mulleres, homes, nenos  e aciáns conviven en harmonía.

ISBN: 978-84-8464-940-3
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura

luns, 12 de decembro de 2016

ONDE ESTÁ O POLIÑO DE ROSALÍA?


ONDE ESTÁ O POLIÑO DE ROSALÍA?
Autor: Pat Hutchins
Traducción: Silvia Pérez Tato       
Kalandraka Editora, 2015
Colección: Tras os montes
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +3 anos

Onde está o poliño de Rosalía?” é a segunda parte de “O paseo de Rosalía”, un clásico de 1968 co que Pat Hutchins deuse a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, cores de tons ácidos e alto contido visual. Partindo da plena vixencia desa obra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas do seu precedente: frases breves e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas que complementan graficamente o relato, amosando dous niveis de lectura paralelos. 

Así, por unha parte, Pat Hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña Rosalía; por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño -torpe e despistado- dando voltas por distintos escenarios da granxa, mentres a nai anda á súa procura.

ISBN: 978-84-8464-940-3
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura

BOY ( Relatos de infancia)

BOY ( Relatos de infancia)
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake
Traducción: Xosé A. Palacio
Sushi Books, 2015        

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais esquecería. Ningunha delas é importante, pero todas lle causaron unha grande impresión e quedaron gravadas na súa memoria.

 Algunhas son divertidas
Outras son dolorosas
Outras, desagradables

TODAS SON VERDADE

ISBN: 978-84-15920-53-3
Nº de páxinas: 166
Encuadernación: Tapa blanda

domingo, 11 de decembro de 2016

PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS


PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS
Autor: Julia Fernández Rodríguez
Galaxia, S.A; 2015
Colección: Biblioteca Intervención Social/ Didáctica

Xénero: Psicoloxía

Sabemos como explicar Xeometría ou Historia da Arte, pero como falar de sentimentos? Como abordar a complicada mestura que nos nace dentro do corazón coas emocións provocadas polos acontecementos, os pensamentos, os amores, as esperanzas, en definitiva, por todo o que nos vai pasando na vida?

Neste libro, a autora, profesional da educación de longa experiencia (traballou durante moitos anos en aulas hospitalarias), explícanos como abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos para, ademais de saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.


A parte final do libro, ademais, contempla unha fermosa sorpresa literaira e artística...


ISBN: 978-84-9865-618-3
Nº de Páxinas: 83
Encadernación:Tapa blanda  

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger