BIBLIOPAZOS volta de novo coas actividades de animación á lectura para esta temporada de outono-inverno.
Empezaremos este mes de setembro coas activiades que indicaremos de seguido e que están incluídas no programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia LER CONTA MOITO para a Rede de Bibliotecas de Galicia cos obxectivos de:
- Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interesa polo que esta pode ofrecer.
- Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizase permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
- Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
- Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
- Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión do coñecemento e de reflexión.
As actividades previstas para este mes son as seguintes:
O Venres día 21 de setembro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, recibiremos unha nova visita de PACO NOGUEIRAS co seu novo espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Radio BULEBULE", baseado no seu libro-disco editado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.
"Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Ven vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas."
Participarán nesta actividade os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Esperámosvos a todos no Auditorio do Concello o próximo 21 de setembro. Non faltedes!!!.
O Venres 28 de setembro visitará BiblioPazos a contacontos FÁTIMA FERNÁNDEZ que nos ofrecerá na Sala de Lectura ás 11:00 horas o seu espectáculo de narración oral "Contos Pop-Up" dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Desprega a túa imaxinación, déixate levar pola miña voz e por estas obras de enxeñaría de papel. Os elementos animados invítannos a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto."
Ás 13:00 horas FÁTIMA FERNÁNDEZ ofreceranos outro espectáculo de narración oral titulado "Os contos da nai da miña nai", este vez para os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Hai avoas de moitas alturas, tamaños, pesos e cores. Por iso é fácil diferencialas, pero á miña avoa materna, á nai da miña nai non había xeito de confundila; pasábase todo o día en silencio, sentada na súa butaca, cosendo, pero cando chegaba a noite, trala cea, deixaba ao carón a súa costura e collíame no seu colo mentres a miña nai recollía a mesa.
Os seus brazos e a súa voz envolvíanme con historias que me facían viaxar por estraños países, con animais falangueiros e aventuras misteriosas; sempre pensei que os contos cos que me facía soñar, a ela contáronllos os fíos cos que te cía as súas teas, e a eles as avoas que facían as madexas e a elas..."
Así que xa sabedes. Esperámosvos na Sala de Lectura de BiblioPazos o próximo venres 28 de setembro para gozar cos contos de FÁTIMA FERNÁNDEZ.
Non vos esquezades. Esperámosvos!!!