sábado, 4 de novembro de 2017

A COVA DA MOURA


A COVA DA MOURA
Autora: Natalia Carou Figueira
Ilustracións: Gimeno
Baía Edicións, 2017
Colección: Meiga Moira
 
Xénero: Literatura xuvenil galega - Narrativa
 
Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior.
 
Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga.
 
Atopar ese lugar será algo primordial antes de devolveren as chaves do complexo. A Cova da Moura garda no seu seo un material valiosísimo que poñerá de manifesto a verdadeira personalidade e identidade dos habitantes do castelo.
 
As dificultades de Cleofar para entrar no castelo e cobrarse vinganza pola afronta sufrida, a súa infancia na aldea de Seredia e a súa difícil vida na Cova da Moura, mestúranse dun xeito paralelo coas vivencias de Malena e Mateo: as tráxicas circunstancias da infancia de Malena, a relación existente entre os protagonistas e a ambición de Mateo.
 
ISBN 978-84-9995-215-4
Nº de páxinas: 280

venres, 3 de novembro de 2017

CARAMULO E A CARPINTEIRA DOS SOÑOS


CARAMULO E A CARPINTEIRA DOS SOÑOS
Autor: Anxo Moure
Ilustracións: Cristina Ouro
BAIA EDICIONS
Colección: CONTO X CONTO

Xénero: Literatura Infantil galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos - Primeiros lectores

Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais.

Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto.

Coas ferramentas na man
e coa paciencia na fronte,
esa carpinteira dos soños,
igual que un sabio Xepeto,
como senlleiro cabaliño de madeira,
para uns burro, para outros mulo,
así, pouco a pouco, me creou.
ISBN: 978-84-9995-218-5
Páxinas: 23
Encadernación: Cartoné

xoves, 2 de novembro de 2017

ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS


ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS
Autor: Ilan Brenman
Ilustrador: Ionit Zilberman
Algar editorial

Xénero: Literatura Infantil en galego - Contos

Idade recomendada:  +6 anos

O pai de Laura abriu o libro secreto das princesas e contoulle á súa filla algo que ninguén sabía...

Descubre ese segredo que a xente descoñece.

ISBN: 978-84-9142-065-1
Formato: 24 x 25 cm
Páxinas: 32
 

mércores, 1 de novembro de 2017

VIDA SA! Desde a infancia e para sempre


VIDA SA!
Desde a infancia e para sempre
Texto: María Corbacho
Ilustracións: Enrique López
Tradución: Charo Baleirón Sóñora
Hércules de Ediciones, 2017

Xénero: Libros infantís en galego - Saúde Infantil - Alimentación - Nutrición

Idade recomendada: +9 anos

En Vida Sa! atoparedes un libro de nutrición básica e de receitas saudables, pero tamén un manual de amor propio para nenos e nenas, para que aprendan a vivir san desde hoxe e para sempre.

  • Por que teñen tan mala fama as graxas?
  • En que alimentos atopamos proteínas?
  • Por que din que hai que beber moita auga?
  • Queres aprender a preparar algunhas receitas sas e divertidas?
  • Como podemos facer máis exercicio no noso día a día?

Para crecer, ter forza e non caer enfermos, necesitamos comer varias veces ao día e de forma variada, ademais de facer exercicio e levar unha vida activa.

  • Mirácheste algunha vez ao espello e vícheste mil defectos?
  • Meteuse alguén contigo polo teu peso?

Coidarse a través da comida e o exercicio é só unha pequena parte da vida sa: quererse e respectarse a un mesmo é o máis importante, e deberiamos empezar a facelo desde o primeiro momento da nosa vida.

En Vida Sa! atoparedes un libro de nutrición básica e de receitas saudables, pero tamén un manual de amor propio para nenos e nenas, para que aprendan a vivir san desde hoxe e para sempre.

ISBN: 978-84-946502-5-3
Encadernación: Tapa Dura
Páxinas: 40
Tamaño: 22 x 30 cm

martes, 31 de outubro de 2017

O OSO E O PIANO


O OSO E O PIANO
Texto e ilustracións: David Litchfield
Tradución: Pilar Bendoiro
Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Un día, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca.

-Que será esta cousa tan estraña? -pensou. E con medo, tocouna coas súas pequenas e robustas poutas.

Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu fama, fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.

Unha emocionante historia de exploración e pertenza de David Litchfield.

ISBN: 978-84-945896-7-6
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 30 cm
Encadernación: Tapa Dura

luns, 30 de outubro de 2017

CARTAS QUE VEÑEN E VAN


CARTAS QUE VEÑEN E VAN
Mamá Cabra
Letras e Música: Susa Herrera
Ilustracións: María Lires
Editorial Galaxia S.A., 2013
Colección Sonárbore

Xénero: Música - Poesía - Libro-CD

Un día quixémoslle escribir unhas cartas a uns personaxes moi singulares que aquí presentamos, neste libro-disco.

E pensamos: "Mellor que cartas de papel, ou electrónicas, ímolas facer musicais. Aforramos papel e gasto de luz. E ademais, servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós".

Un libro-CD polo que desfilan musicais elefantes, osos polares, lobiños, polos, vacas... e outros animais con ganas de cantar e de vivir aventuras.

Horas de lecer na man do ritmo festeiro das músicas e letras de Susa Herrera e Mamá Cabra!!!

ISBN: 978-84-9865-504-9
Páxinas: 24
Deseño: Cartoné
Dimensións: 24 x 21 cm

domingo, 29 de outubro de 2017

ALÍ BABÁ, MORXIANA E OS CORENTA USUREIROS


ALÍ BABÁ, MORXIANA E OS CORENTA USUREIROS
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial Galaxia S.A., 2017
Colección Costa Oeste, Nº 96

Xénero: Literatura Galega - Lit. Xuvenil - Narrativa

Era unha vez o xefe funha banda de corenta ladróns.

É un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: “Ábrete, sésamo!” Todos coñecemos a historia. Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda. E, sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia.

Marilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre. Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empoderándose. Muller de seu.


ISBN: 978-84-9151-053-6
Páxinas: 68
Deseño: Rústica
Dimensións: 13,5 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger