Varios eventos teatrais nacionais
e internacionais son organizados para conmemorar esta ocasión. Un dos
máis importantes é a circulación da Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro a través do cal, por convite do ITI,
unha figura de talle mundial comparte as súas reflexións sobre o tema
do Teatro e unha Cultura de Paz. A primeira Mensaxe Internacional do Día
Mundial do Teatro foi escrita por Jean Cocteau (Francia) en 1962.
Primeiro foi en Helsinki, e logo en Viena, no 9º Congreso Mundial do ITI en xuño de 1961 que o Presidente Arvi Kivimaa
propuxo en nome do Centro Finlandés do Instituto Internacional de
Teatro que un Día Mundial do Teatro fora instituído. A proposta, avalada
polos centros escandinavos, realizouse por aclamación.
Dende
entón, cada ano o 27 de marzo (data da apertura de 1962 do "Teatro das
Nacións" tempada en París), o Día Mundial do Teatro celébrase en moitas e
variadas formas polos Centros Nacionais do ITI dos cales na actualidade hai case 100 en todo o mundo.
Cada ano, unha figura sobresaínte no teatro ou unha persoa
excepcional en corazón e espírito doutro campo, é invitada a compartir
as súas reflexións sobre o teatro e a harmonía internacional. O que se
coñece como a Mensaxe Internacional tradúcese en máis de 20 idiomas,
lidos por decenas de miles de espectadores antes das presentacións en
teatros de todo o mundo e imprimido en centos de diarios. Colegas no
ámbito audiovisual dan unha man fraternal, máis de cen estacións de raio
e televisión que transmiten a Mensaxe aos oíntes en todos os cantos dos
cinco continentes.»
Mensaxe de Brett
Bailey, para o
Día Mundial do teatro 2014
Onde quer que houber sociedade humana, o
Espírito irreprimible da Representación maniféstase.
Baixo as árbores de pequenas aldeas, e sobre os
sofisticados escenarios das grandes metrópoles; nas entradas das escolas e en
campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros
socio-culturais e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón arredor
dos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade
humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne e óso, e alento, e
voz.
Reunímonos para chorar e para recordar; para rir
e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos ante a maña
técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen alento ante a nosa
capacidade para a beleza, a compaixón e a monstruosidade. Imos para nos encher
de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e
para facer desaparecer as fronteiras que nos dividen.
Onde quer que houber sociedade humana, o
Espírito irreprimible da Representación maniféstase. Nacido da comunidade, leva
postas as máscaras e as vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as
nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.
E nosoutros, os artistas que traballamos con
este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos
corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelar as nosas realidades
en toda a súa mundanidade e o seu refulxente misterio.
Pero, nesta época na que tantos millóns de
persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes opresivos e o capitalismo depredador,
foxen do conflito e das dificultades; na que a nosa vida privada é invadida por
servizos secretos e as nosas palabras son censuradas por gobernos intrusivos;
na que os bosques están sendo aniquilados, as especies exterminadas e os
océanos envelenados: que nos sentimos obrigados a revelar?
Neste mundo de poder desigual, no que distintas
ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un
xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco
cultural é superior ao resto, pódese realmente defender a idea de que as artes
deberían afastarse das axendas sociais?
Nosoutros, os artistas de escenarios e ágoras, conformámonos
coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir
un espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunir xente ao noso
redor, para inspirar, marabillar e informar, e crear un mundo de esperanza e
colaboracións sinceras?
Tradución
de Sandra Romaris e Xocas López para Eme2
"O Teatro ten o poder de moverse, inspirar, transformar
e educar de formas que ningunha outra forma de arte pode. O Teatro reflicte
tanto a diversidade extraordinaria de culturas coma a nosa condición humana
compartida, en toda a súa vulnerabilidade e forza.
(Irina Bokova, Directora Xeneral da UNESCO con motivo do 50º Aniversario do Día Mundial do
Teatro.)"
Fonte: Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Se queres máis información para traballar na aula ou na casa sobre o Día Mundial do Teatro clica no seguinte logo e accederás a recursos educativos do INTEF.
Desde BIBLIOPAZOS queremos trasladarlles a todas e todos os traballadores do sector teatral (autores/as, actores e actrices, escenógrafos/as, directores/as, tremoias, sastres/as, iluminadores/as...) o nosos desexo de que pasen un fermoso e especial día e que gocen de moitos exitos presentes e futuros.