Dende hoxe en BiblioPazos para todos os nenos e nenas do concello:
TEMOS UN NOVO PLAN:
LER CON SUSAETA
Grazas a doazón que
a Fundación
Filomena Rivero Alonso realizou á Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén. Esta doazón consta de 124 libros -2 exemplares de cada título-
que forman o Plan de Lectura “LER CON SUSAETA” da editorial Susaeta Ediciones
S.A.
|
A concelleira Mª Teresa Cendón e o Secretario da
Fundación Filomena Rivero Alonso, Telmo Crespo, no acto de recepción dos libros doados. |
Este plan de lectura vai dirixido a nenos e nenas de tódalas idades,
a partir dos 6 anos, e está pensado
para axudar a resolver as dificultades que moitos nenos teñen para aprender a
ler. Pretende animar a ler aos que están
empezando, espertar a imaxinación dos pequenos lectores, motivalos para que gocen
lendo e darlles confianza na súa progresiva capacidade lectora.
Podes ver no catálogo de BIBLIOPAZOS os títulos da colección facendo clic AQUÍ.
O
plan organízase en 4 niveis
onde se buscou unha progresión gradual nos temas, a extensión dos textos, o
tipo e tamaño da letra, a estrutura das frases, o vocabulario, os contidos e
incluso o tipo de ilustracións, de forma que os nenos de calquera idade se
sintan cómodos na súa progresión lectora e teñan a satisfacción de ler por
completo un libro e gozalo.
A colección inclúe unha ampla variedade de títulos, dende adaptacións de contos clásicos e obras
literarias ata historias de nova creación e textos de carácter divulgativo,
con diversidade de estilos de ilustración, e ofrece a posibilidade de elixir
sempre o libro que máis interese esperte no neno dependendo da idade e dos seus
gustos.
A viveza
e colorido das ilustracións fan moi atractiva a lectura, ao tempo que o seu
detalle e claridade axudan á comprensión do texto. A variedade de estilos de
ilustración contribúe á motivación do pequeno lector, que sempre atopará un
libro diferente para seguir lendo e crear así o hábito de ler.
Non soamente aos nenos lles resultarán
atractivos os textos e ilustracións e gozarán coa súa lectura; tamén os pais
terán a satisfacción de ver avanzar aos seus fillos na súa capacidade lectora
cuns libros especificamente elaborados con criterios pedagóxicos para garantir
esta progresión.
Así mesmo, estes libros poderán ser utilizados polos educadores, profesores e pais
como material de traballo en clase ou na casa para estimular a adquisición
de coñecementos e valores a través da lectura, á vez que serven de modelo de
prosa escrita para que os nenos aprendan a redactar cada vez mellor.
Esta plan ofrece ademais follas de actividades para os pequenos
lectores, coas súas solucións, e guías para o educador, profesor ou titor
en cada nivel de plan de lectura, que poden descargarse gratuitamente dende a
web www.leerconsusaeta.com. Atoparás crucigramas, sopas de
letras e tamén debuxos que poñen a proba a atención dos lectores. Van
acompañadas das solucións e engádese unha guía con orientacións para os
educadores, profesores ou titores.
Dende BIBLIOPAZOS agradecemos enormemente
a colaboración da FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO pola doazón
desta interesantísima colección de literatura infantil e xuvenil que a partir
de hoxe está a disposición de todos os nenos e mozos do Concello de Pazos de
Borbén na Biblioteca Pública Municipal.