No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.
Neste ano 2024 a autora homenaxeada é o escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ:
LUISA VILLALTA GÓMEZ nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. A cidade na que residirá a maior parte da súa vida será materia principal da súa obra. No libro "En concreto" tomará a dimensión máis plena ata se fusionar coa propia poeta. A casa familiar situada na rúa Vila de Laxe acolle os primeiros anos de infancia. É a filla maior dunha familia de clase media, o pai, profesor mercantil, a nai, formada en comercio, imprimirán nas dúas fillas a afección pola música. Con oito anos comeza a formación no Conservatorio de Música da Coruña. Dezaoito anos despois concluirá como titulada superior de violino. Estuda no colexio das Xosefinas e remata o curso de acceso á universidade no Instituto Eusebio da Guarda en 1973-74. Ávida lectora desde a infancia, os primeiros anos de vida transcorren entre xogos nos xardíns de Méndez Núñez e na Mariña, debuxando, observando o mundo coa curiosidade dunha nena esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor....
Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.
Para coñecer mellor a vida e obra de LUISA VILLALTA GÓMEZ, autora homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas Web un montón de documentos e actividades para imprimir e para facer en liña:
-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.
-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.