"É o memento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. é o momento de mudar o mundo, de introducir transformacións profundas e estruturais,pero tamén conceptuais; é o momento do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, porque non?, da felicidade".
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
NOTA INFORMATIVA
xoves, 21 de maio de 2026
"AS LETRAS DE BEGOÑA" Contacontos ilustrado e musicado do Colectivo XURELO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS
domingo, 17 de maio de 2026
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026 homenaxea á escritora, xornalista e activista viguesa BEGOÑA CAAMAÑO
venres, 15 de maio de 2026
"VIAXA COS LIBROS" un espectáculo de artes escénicas para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS
VIAXA COS LIBROS é un espectáculo de artes escénicas cheo de ilusión que combina, teatro, contacontos, monicreques, cancións e maxia.
Un espectáculo interactivo, dinámico e divertido
Esta actividade forma parte tamén do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Direción Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración cos concellos que teñan as súas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Convidamos a asistir a este evento a todo o alumnado de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
A entrada é de balde ata completar o aforo do local.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
luns, 7 de xullo de 2025
Contacontos "CANTAREIRAS. Poesía polular das Letras Galegas" na Área Recreativa do Torreiro de Festas de Nespereira
xoves, 15 de maio de 2025
Conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS co contacontos ilustrado "CANTAREIRAS. A poesía popular nas Letras Galegas 2025" de Polo Correo do Vento
mércores, 14 de maio de 2025
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025 homenaxea á Poesía Popular Oral personificado nas Cantareiras
No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.
E na páxina web Primavera das Letras atoparedes un montón de actividades para todas as idades. Podedes acceder á información facendo clic na seguinte imaxe:
sábado, 10 de maio de 2025
"OBRADOIRO DE REGUEIFA" impartido por LUPE BLANCO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS de 2025
Nesta ocasión recibiremos a visita da pandereteira e regueifeira GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ para impartir ao alumnado de ESO un "OBRADOIRO DE REGUEIFAS" en dúas sesións de 90 minutos cada unha coa que queremos conmemorar especialmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2025 adicado á Poesía Popular Oral.
Esta proposta de LUPE BLANCO ven da necesidade imperiosa de que esta tradición, que nos chega dende tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible, simplemente polo feito de non haber quen se preocupe dela. Ademais somos da idea de que os seus valores e contidos non están esgotados, son plenamente vixentes e teñen ademais cualidades pedagóxicas e de entretemento inexploradas ata hoxe. É por isto que nos decidimos a promover esta experiencia absolutamente nova e pioneira, que agardamos dea os resultados previstos.
Os obxectivos desta actividade son os seguintes:
- Dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso.
- Espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artística.
- Utilizar esta forma de expresión como elemento didáctico de estudo das distintas compoñentes do fenómeno poético: - Tipo de estrofas –Rima –Tonada –Métrica -Outros
- Conseguir que os/as rapaces/zas sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.
- Facelos participar doutra serie de compoñentes educativas:
1. Desenvolvemento de competencias persoais:
- Actitudes e competencias para a improvisación.
- Autoconfianza/autoestima
- Actitude creativa e axilidade mental
- Competencias para organizar a comunicación
- Desenvolvemento da memoria
2. Implicación do alumnado no patrimonio cultural: Coñecemento da improvisación oral como expresión cultural universal
A actividade está orientada ao alumnado de 12 a 16 anos, é dicir, a estudantes de ESO, que son os que teñen máis temas relacionados coa poesía dentro dos seus contidos académicos.
Aclarar que este é un obradoiro de duración reducida e que non pretende sacar regueifeir@s, senón familiarizar os asistentes con esta manifestación popular e coa súa técnica que ten elementos poéticos, musicais e tamén teatrais. Haberá unha serie de contidos/conceptos que estarán de fondo durante toda a sesión, como son; a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade..., todas elas características intrínsecas da poesía.
As sesións van a ser eminentemente prácticas, dinámicas e participativas; variando a súa intensidade entre os distintos exercicios e dependendo tamén do grao de implicación que se acade dos partícipes. Pensamos a sesión para que a intensidade da mesma vaia de menos a máis e @s moz@s leven unha experiencia satisfactoria para casa.
GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ, ( Coristanco 1980 ) Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o " padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais
"Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira ( Carballo ) Noite no Medievo ( Rioboo- Cabana ) e Festa da Pataca ( Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira “Escola de regueifa" no Concello de Carballo.
Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco ( Centro Galego de Laudio ) ou Mallorca ( Certame de Glosa en Sóller )
Nas súas intervencións destacadas están:
- Gala do Patrimonio (Cangas 2017 )
- Carballeira de Zas ( 2019)
- Presentación do Diario Nós ( Compostela 2019 )
- Festival "Alguén que Respira" ( Teatro principal Compostela 2020)
- Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal ( Auditorio de Galicia 2021)
- Certame Internacional de improvisación ( Valladares, Vigo )
- Congreso estatal de EPA ( Cidade da Cultura 2022)
- Catas de Galicia ( 2022 )
- No ano 2024 acadaou o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia en Carballo, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.
xoves, 8 de maio de 2025
ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE MAIO DE 2025
Desde "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando actividades para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.
Para este mes de Maio -no que conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS-, temos organizado varias actividades para promover o noso idioma e para homenaxear ás "Cantareiras e á poesía popular oral", pois este ano a Real Academia Galega acordou dedicar esta data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Así este Venres 9 de maio a partir das 13:00 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos recibiremos a visita de LORENA PINHEIRO que nos traerá o seu espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" no que participará todo o alumnado de ESO.
O espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" fala dos anos 80. A chegada do teléfono público a Meder cambia a vida de toda a parroquia.
Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta.
Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o teléfono supletorio para intervir no programa contando algunha historia.
Traballa sen paraxe salvo para ler a prensa en escoitar o parte na recén estreada Televisión de Galicia.
Unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións.
Continuaremos as actividades o Martes 13 de Maio a partir das 10:20 horas, tamén nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Nesta ocasión recibiremos á pandereteira e regueifeira GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ para impartir ao alumnado de ESO un "OBRADOIRO DE REGUEIFAS" en dúas sesións de 90 minutos cada unha coa que queremos conmemorar especialmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2025 adicado á Poesía Popular Oral.
Esta proposta de LUPE BLANCO ven da necesidade imperiosa de que esta tradición, que nos chega dende tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible, simplemente polo feito de non haber quen se preocupe dela. Ademais somos da idea de que os seus valores e contidos non están esgotados, son plenamente vixentes e teñen ademais cualidades pedagóxicas e de entretemento inexploradas ata hoxe. É por isto que nos decidimos a promover esta experiencia absolutamente nova e pioneira, que agardamos dea os resultados previstos.
Os obxectivos desta actividade son os seguintes:
- Dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso.
- Espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artística.
- Utilizar esta forma de expresión como elemento didáctico de estudo das distintas compoñentes do fenómeno poético: - Tipo de estrofas –Rima –Tonada –Métrica -Outros
- Conseguir que os/as rapaces/zas sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.
- Facelos participar doutra serie de compoñentes educativas:
- Actitudes e competencias para a improvisación.
- Autoconfianza/autoestima
- Actitude creativa e axilidade mental
- Competencias para organizar a comunicación
- Desenvolvemento da memoria
A actividade está orientada ao alumnado de 12 a 16 anos, é dicir, a estudantes de ESO, que son os que teñen máis temas relacionados coa poesía dentro dos seus contidos académicos.
Aclarar que este é un obradoiro de duración reducida e que non pretende sacar regueifeir@s, senón familiarizar os asistentes con esta manifestación popular e coa súa técnica que ten elementos poéticos, musicais e tamén teatrais. Haberá unha serie de contidos/conceptos que estarán de fondo durante toda a sesión, como son; a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade..., todas elas características intrínsecas da poesía.
As sesións van a ser eminentemente prácticas, dinámicas e participativas; variando a súa intensidade entre os distintos exercicios e dependendo tamén do grao de implicación que se acade dos partícipes. Pensamos a sesión para que a intensidade da mesma vaia de menos a máis e @s moz@s leven unha experiencia satisfactoria para casa.
GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ, ( Coristanco 1980 ) Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o " padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais
"Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa
semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de
Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira ( Carballo ) Noite no Medievo ( Rioboo- Cabana ) e Festa da
Pataca ( Coristanco)
todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira
“Escola de regueifa" no Concello de
Carballo.
Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco ( Centro Galego de Laudio ) ou Mallorca ( Certame de Glosa en Sóller )
Nas súas intervencións destacadas están:
- Gala do Patrimonio (Cangas 2017 )
- Carballeira de Zas ( 2019)
- Presentación do Diario Nós ( Compostela 2019 )
- Festival "Alguén que Respira" ( Teatro principal Compostela 2020)
- Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal ( Auditorio de Galicia 2021)
- Certame Internacional de improvisación ( Valladares, Vigo )
- Congreso estatal de EPA ( Cidade da Cultura 2022)
- Catas de Galicia ( 2022 )
- No ano 2024 acadaou o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia en Carballo, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.
domingo, 19 de maio de 2024
"XOGAMOS CON CONTOS" e "O ALFABETO DOS CONTOS" de Pepa Martín, Mariscadora de Contos, para rematar as actividades de animación á lectura do MES DAS LETRAS GALEGAS
E para finalizar as actuacións do mes das Letras Galegas, teremos unhas novas actividades de animación á lectura para o alumnado de Infantil e Primaria organizadas pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén que se realizarán o Venres 24 de Maio na Biblioteca do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, ás 11:00 e 13:00 horas, respectivamente, e ás que asistirá o alumnado de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
“XOGAMOS CON CONTOS” é unha sesión de animación lectura no que a cuentera Pepa Martín achegará ao alumnado de Infantil aos libros, convidándoos a participar en xogos, adiviñas e cantos para chegar aos contos. Xogamos con contos, contamos xogando.“O ALFABETO DOS CONTOS” é unha viaxe desde a orixe do primeiro alfabeto no que Pepa Martín fará que coas letras do alfabeto o alumnado de Primaria chegue aos lugares onde habitan as historias, os enigmas e outras sorpresas.
mércores, 15 de maio de 2024
"TINTA DO MAR" contacontos ilustrado sobre LUISA VILLALTA de "POLO CORREO DO VENTO" para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos, queremos conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e para elo o próximo Martes 21 de Maio ás 11:00 horas da mañá nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos recibiremos a visita de Quique Mauricio e Carlos Taboada de POLO CORREO DO VENTO que nos ofrecerán o seu contacontos ilustrado baseado no libro “TINTA DO MAR. Pequena biografía de Luisa Villalta”, editado por Polo Correo do Vento a través de Lela Edicións.
Nesta actividade narrarase oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida da autora LUISA VILLALTA GÓMEZ a quen a Real Academia Galega dedica este ano este día tan importante para a exaltación a promoción da nosa literatura e da nosa lingua; e farase un obradoiro de debuxo no que se realizará unha caricatura da escritora, filóloga e violinista galega.
venres, 10 de maio de 2024
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2024 homenaxea á escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ
No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.
Neste ano 2024 a autora homenaxeada é o escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ:
LUISA VILLALTA GÓMEZ nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. A cidade na que residirá a maior parte da súa vida será materia principal da súa obra. No libro "En concreto" tomará a dimensión máis plena ata se fusionar coa propia poeta. A casa familiar situada na rúa Vila de Laxe acolle os primeiros anos de infancia. É a filla maior dunha familia de clase media, o pai, profesor mercantil, a nai, formada en comercio, imprimirán nas dúas fillas a afección pola música. Con oito anos comeza a formación no Conservatorio de Música da Coruña. Dezaoito anos despois concluirá como titulada superior de violino. Estuda no colexio das Xosefinas e remata o curso de acceso á universidade no Instituto Eusebio da Guarda en 1973-74. Ávida lectora desde a infancia, os primeiros anos de vida transcorren entre xogos nos xardíns de Méndez Núñez e na Mariña, debuxando, observando o mundo coa curiosidade dunha nena esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor....
Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.
Para coñecer mellor a vida e obra de LUISA VILLALTA GÓMEZ, autora homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas Web un montón de documentos e actividades para imprimir e para facer en liña:
-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.
-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.
































