NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 10 de maio de 2025

"OBRADOIRO DE REGUEIFA" impartido por LUPE BLANCO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS de 2025

Continuamos en "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coas actividades do mes de Maio nas que seguimos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando eventos para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.


A seguinte actividade terémola o Martes 13 de Maio a partir das 10:20 horas, nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Nesta ocasión recibiremos a visita da pandereteira e regueifeira GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ para impartir ao alumnado de ESO un "OBRADOIRO DE REGUEIFAS" en dúas sesións de 90 minutos cada unha coa que queremos conmemorar especialmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2025 adicado á Poesía Popular Oral.

Esta proposta de LUPE BLANCO ven da necesidade imperiosa de que esta tradición, que nos chega dende tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible, simplemente polo feito de non haber quen se preocupe dela. Ademais somos da idea de que os seus valores e contidos non están esgotados, son plenamente vixentes e teñen ademais cualidades pedagóxicas e de entretemento inexploradas ata hoxe. É por isto que nos decidimos a promover esta experiencia absolutamente nova e pioneira, que agardamos dea os resultados previstos.

Os obxectivos desta actividade son os seguintes: 

  • Dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso.
  • Espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artística.
  • Utilizar esta forma de expresión como elemento didáctico de estudo das distintas compoñentes do fenómeno poético: - Tipo de estrofas –Rima –Tonada –Métrica -Outros
  • Conseguir que os/as rapaces/zas sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.
  • Facelos participar doutra serie de compoñentes educativas:

        1. Desenvolvemento de competencias persoais:

    • Actitudes e competencias para a improvisación.
    • Autoconfianza/autoestima
    • Actitude creativa e axilidade mental
    • Competencias para organizar a comunicación
    • Desenvolvemento da memoria

        2. Implicación do alumnado no patrimonio cultural: Coñecemento da                        improvisación oral como expresión cultural universal

        3. Potenciación complementaria da competencia musical, lingüística e
            escénica.

A actividade está orientada ao alumnado de 12 a 16 anos, é dicir, a estudantes de ESO, que son os que teñen máis temas relacionados coa poesía dentro dos seus contidos académicos.

Aclarar que este é un obradoiro de duración reducida e que non pretende sacar regueifeir@s, senón familiarizar os asistentes con esta manifestación popular e coa súa técnica que ten elementos poéticos, musicais e tamén teatrais. Haberá unha serie de contidos/conceptos que estarán de fondo durante toda a sesión, como son; a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade..., todas elas características intrínsecas da poesía.

As sesións van a ser eminentemente prácticas, dinámicas e participativas; variando a súa intensidade entre os distintos exercicios e dependendo tamén do grao de implicación que se acade dos partícipes. Pensamos a sesión para que a intensidade da mesma vaia de menos a máis e @s moz@s leven unha experiencia satisfactoria para casa.

GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ, ( Coristanco 1980 ) Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o " padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais  

"Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira ( Carballo ) Noite no Medievo ( Rioboo- Cabana ) e Festa da Pataca                  ( Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira  “Escola de regueifa" no Concello de Carballo.

 Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco ( Centro Galego de Laudio ) ou Mallorca ( Certame de Glosa en Sóller )

Nas súas intervencións destacadas están:

  • Gala do Patrimonio (Cangas 2017 )
  • Carballeira de Zas ( 2019)
  • Presentación do Diario Nós ( Compostela 2019 )
  • Festival "Alguén que Respira" ( Teatro principal Compostela 2020)
  • Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal ( Auditorio de Galicia 2021)
  • Certame Internacional de improvisación ( Valladares, Vigo )
  • Congreso estatal de EPA ( Cidade da Cultura 2022)
  • Catas de Galicia ( 2022 )
  • No ano 2024 acadaou o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia en Carballo, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger