xoves, 8 de maio de 2025

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DO MES DE MAIO CO ESPECTÁCULO "2 PASOS 25 PESETAS" DE LORENA PINHEIRO

Desde "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando actividades para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.

Comezamos as actividades deste mes de Maio -no que conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS-, coa que terá lugar este Venres 9 de maio a partir das 13:00 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e na que recibiremos a LORENA PINHEIRO que nos traerá o seu espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" dirixido ao alumnado de ESO.

O espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" fala dos anos 80. A chegada do teléfono público a Meder cambia a vida de toda a parroquia.

Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta.

Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o teléfono supletorio para intervir no programa contando algunha historia.

Traballa sen paraxe salvo para ler a prensa en escoitar o parte na recén estreada Televisión de Galicia.

Unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger