sábado, 24 de abril de 2021

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN
Autor: Gonzalo Moure
Ilustracións: María Girón
Tradución: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro, que transmite a tenrura e a admiración entre os protagonistas.

ISBN: 978-84-1343-030-0
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

venres, 23 de abril de 2021

UN FERMOSO OVO BRANCO

UN FERMOSO OVO BRANCO
Autora: Paula Carballeira
Ilustracións: Miguel Cerro
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

“Un fermoso ovo branco” é unha historia sobre como volve nacer a alegría, sobre como a vida sempre se abre paso, igual cá galiña protagonista: correndo, berrando, cantando.

Os que primeiro a perseguen son os nenos e as nenas, valentes, desexando bailar sen límites, pero detrás van as familias, propias e alleas.

Mesmo logra desconcertar os soldados.

E todo por unha galiña, que ata nos peores tempos nos regala “un fermoso ovo branco”.

ISBN: 978-84-122468-2-7
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 27 cm

xoves, 22 de abril de 2021

SOÑOS DE CAJAMARCA

SOÑOS DE CAJAMARCA
Autores: VV.AA. (An Alfaya, Miguel Ángel Alonso Diz, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M. Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela e Antía Yáñez)
Portada: Iván R.
Antela Editorial

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Teatro - Poesía

Idade recomendada: +8 anos

Soños de Cajamarca reúne nun só volume catorce relatos de Literatura infantil e xuvenil obra de destacados autores do noso panorama nacional. A través das súas verbas coñeceremos historias fantásticas que farán voar a nosa imaxinación á vez que alentan as ilusións de centos de nenas e nenos que residen en apartadas rexións dos Andes, no Perú.

Porque este proxecto colectivo nace con alma solidaria: apoiar o traballo que a "ONG Aulas Abiertas" está a levar a cabo no país andino a través da cesión de tódolos beneficios que os escritores participantes perciban por esta obra.

Súmate a esta aventura e coñece os marabillosos mundos que albergan as súas páxinas.

ISBN: 978-84-09-24120-0
Nº de páxinas: 150
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14 cm

mércores, 21 de abril de 2021

O MISTERIO DO SORRISO DE LUCAS

O MISTERIO DO SORRISO DE LUCAS
Autora: Carmen Gil
Ilustracións: Silvia Álvarez
Tradución: Iolanda Mato Creo
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Nunha cidade afastada, aló onde nacen os ecos e caen as estrelas fugaces, ten lugar un misterio máis grande ca un campo de margaridas ou ca un ceo sen nubes.

É o misterio do sorriso de Lucas, que se debuxa na súa cara de día e de noite, no verán e no inverno, os 365 días do ano. Bo, 366 os bisiestos.

Científicos de todo o mundo acoden a estudar o fenómeno sen éxito.

Cal será a causa de tan luminoso e enigmático sorriso?

Quen conseguirá por fin desvelar o secreto marabilloso que se esconde tras del?

ISBN: 978-84-122468-0-3
Nº de páxinas: 41
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 27 cm

martes, 20 de abril de 2021

UNHA MESTRA EN APUROS 2. ISTO É OUTRO MUNDO

UNHA MESTRA EN APUROS 2. Isto é outro mundo
Autor: Pilar Serrano
Ilustracións: Jorge Campos
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: + 9 anos

A nosa mestra de infantil é nova pero sobradamente preparada e con moita experiencia en lidar coas trasnadas, as inquietudes e a persoal visión do mundo dos seus alumnos. Surrealismo por milleiros e diversión ao máximo, a creatividade dos nosos peques para crear situacións imposibles permítenos presentar o segundo número desta que, estamos seguros, será unha longa saga de cómics.

e lembrade, baseado en feitos reais, a realidade sempre supera á ficción.

Un cómic que fará as delicias de nenos e adultos; os primeiros veranse reflectidos no seu día a día e os segundos valorarán e, seguro, gozarán coñecendo o traballo dos profes dos seus fillos.

ISBN: 978-84-121848-3-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

luns, 19 de abril de 2021

SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

SOS MONSTROS VERDAEIROS AMEAZAN O PLANETA
Autor e ilustrador: Marie G. Rohde
Tradución: Iria Taibo
Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 6 anos

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.

Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente.

Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.

ISBN: 978-84-9995-338-0
Nº de páxinas: 50
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 30 cm

domingo, 18 de abril de 2021

A ALMA PERDIDA

A ALMA PERDIDA
Autor: Olga Tokaeczuk
Ilustracións: Joanna Concejo
Tradución: Ana Garrido González
Thule Ediciones
Colección: Fuera de Órbita

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +8 anos

«Era unha vez un home que traballaba moi duro e moi rápido e que xa había tempo deixara en algures, lonxe, a súa vagarosa alma.»

A alma perdida é unha conmovedora historia sobre a espera, a paciencia e a reflexión, concibida como un libro de arte para todas as idades que obtivo o Premio Bolonia Ragazzi 2018, Mención Especial en Ficción. Segundo o xurado, «O tema filosófico deste libro, a propia cuestión da alma, explórase a través dunhas ilustracións que transpiran unha sensación de paz e meditación. A artista Joanna Concejo representa a melancolía e a ledicia evocadas pola memoria con trazos finos e debuxos minuciosos».

ISBN: 978-84-16817-63-4
Nº de páxinas: 52
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger