NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantis. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de decembro de 2021

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: ANTONIO FRAGUAS

OS BOLECHAS: ANTONIO FRAGUAS
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo español en lingua galega es castelán ANTONIO FRAGUAS foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 2019.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a este escritor fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-17702-62-5
Nº de páxinas: 24
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

luns, 6 de decembro de 2021

ROGER E O MISTERIO DO ESCARAVELLO DE OURO

ROGER E O MISTERIO DO ESCARAVELLO DE OURO
Autor: Jose Carlos Román
Ilustracións: David Lorenzo
Tradución: Iolanda Mato
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Na mítica cidade do Cairo, mentres os animais afánanse en preparar a inauguración do Gran Museo de Mascotas de Faraóns, alguén aproveita para roubar a xoia máis prezada:

o colar do escaravello de ouro e esmeraldas…

Conseguirá Roger Rato descubrir ao culpable?

Este libro vai encantar pola dose de humor que contén e pola proposta de introdución ao misterio aos mais pequenos nos que se lles convidará a razoar e deducir a través das expresivas ilustracións que presenta o libro ata pescudar o sorprendente final que lles espera.

ISBN: 978-84-122468-8-9
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25 x 25 cm

domingo, 5 de setembro de 2021

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: XAQUÍN LORENZO "XOCAS"

OS BOLECHAS: XAQUÍN LORENZO "XOCAS"
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O historiador e escritor español en lingua galega es castelán XAQUÍN LORENZO "XOCAS" foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 2004.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a esta poetisa fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-18176-65-4
Nº de páxinas: 24
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

sábado, 4 de setembro de 2021

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: LUÍS PIMENTEL

OS BOLECHAS: LUÍS PIMENTEL
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O poeta español en lingua galega e castelán LUÍS PIMENTEL foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 1990.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a esta poetisa fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-18176-47-0
Nº de páxinas: 24
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 3 de setembro de 2021

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: ARMANDO COTARELO VALLEDOR

OS BOLECHAS: ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O escritor, historiador e crítico literario español ARMANDO COTARELO VALLEDOR foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 1984.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a esta poetisa fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-18176-45-6
Nº de páxinas: 24
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

xoves, 2 de setembro de 2021

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: MARÍA MARIÑO

OS BOLECHAS: MARÍA MARIÑO
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

A poetisa española MARÍA MARIÑO foi a homenaxeada co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 2007.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a esta poetisa fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-18176-46-3
Nº de páxinas: 24
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 23 de xullo de 2021

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL
Autor e ilustrador: Fonso Barreiro (Fon)
Retranca Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +11 anos

Premio fin de curso 2015 da Escola Profesional de Historieta e Ilustración "O garaxe hermético".

Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades. Conta a lenda que canto máis fermosa é unha voz, mellores son os feitizos das bruxas. Existe unha voz máxica coa que calquera conxuro é posible, “a voz de Azazel”.

Na procura desa voz, Morcia, unha bruxa noxenta, roubará as voces de todos os nenos. E tamén a de Curuxa, unha aprendiz de meiga, que privada da súa voz e polo tanto da súa maxia, terá unha difícil misión, recuperar todas as voces.

O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.

ISBN: 978-84-941632-3-4
Nº de páxinas: 90
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 27 cm

martes, 15 de xuño de 2021

DE CARBALLO CALERO A CARVALHO CALERO

DE CARBALLO CALERO A CARVALHO CALERO
Autoras: Charo Baleirón Sóñora, Marta Domínguez Tenreiro y Belén Rodríguez Suárez
Hércules de Ediciones
Colección: Unidades Didácticas das Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Biografías

Idade recomendada: + 12 anos

Con este volumen queremos achegar a figura de Ricardo Carvalho Calero a quen sinta curiosidad por esta figura que, en palabras da súa filla Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, “consagrou toda a súa vida a Galicia y á cultura galega”.

O lector encontrará neste exemplar unha breve biografía e unha cronobiografía, unha antoloxía de textos acompañada duhna guía de lectura que axude á súa mellor comprensión, un “Paso a palabra” e o xuego-escapada “A caixa de Don Ricardo”, que nos levará a percorrer Ferrol descifrando enigmas ata conseguir abrir esa misteriosa caixa.

ISBN: 978-84-120974-7-4
Nº de páxinas: 117
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 24 cm

mércores, 2 de xuño de 2021

EMILIA PARDO BAZÁN. Unha mente poderosa

EMILIA PARDO BAZÁN. Unha mente poderosa
Texto: María Canosa
Ilustracións: Bea Gregores
Editorial Bululú S.L.

Xénero: Biografías - Libros infantís

Idade recomendada: +9 anos

Este libro busca achegar a todos os públicos, aínda que especialmente aos nenos, a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. 

Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter, rebelde ao rol que se esperaba de toda dama nun ambiente social e familiar privilexiado.

A través da lectura, o estudo e unha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seu tempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén de moitos compañeiros e académicos mentres era recoñecida, nacional e internacionalmente, por público e crítica.

A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como en monumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear o ambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moi recoñecibles e atractivas.

ISBN: 978-84-18667-05-3
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17x24 cm

domingo, 30 de maio de 2021

OS BOLECHAS. XELA ARIAS

OS BOLECHAS: XELA ARIAS
Ilustracions e textos: Pepe Carreiro/Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Márketing
Colección: As miñas primeiras letras galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías

Idade recomendada: +5 anos

Voume disfrazar da poeta Xela Arias, que é esa muller da foto.

Estou a vestirme á moda dos ano 80 do século pasado, cando ela era moza. Foi a época da "movida", ghi, ghi. Había música e festa por cada curruncho. Levábase o negro e as cores escuras.

Ola! Xa son Xela, ghi, ghi! Vouvos ler uns versos do seu libro Darío a diario. Falan dunha mamá e o seu bebé, que se van facendo maiores ao mesmo tempo.

Fixádevos ben! As palabras en cursiva son igualiñas ás que escribiu Xela Arias...

ISBN: 978-84-18176-61-6
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 17 cm

xoves, 6 de maio de 2021

PREFIRO AS DE CHOCOLATE

PREFIRO AS DE CHOCOLATE
Autora: Cristina Justo
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: A igualdade conta

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Icía e Xiao son xemelgos. Os seus primeiros agasallos eran de cor rosa para ela, e azul para el... menos mal que papá e mamá sabían que non hai cores de nenos nin cores de nenas.

Cando foron medrando, eles mesmos omprenderon que tampouco hai xogos de nenos ou xogos de nenas, nin cousas de nenos e cousas de nenas...

ISBN: 978-84-17824-23-5
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

mércores, 5 de maio de 2021

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON
Autor: Concha Blanco
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: Fardel dos Soños

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Canteiros, oleiros, afiadores, menciñeiros,... enchen as páxinas deste libro co que Concha Blanco trata de achegar aos lectores máis pequenos o mundo dos oficios a través da poesía.

ISBN: 978-84-17824-21-1
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm

martes, 4 de maio de 2021

TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS

TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS
Autor: Andy Lee
Ilustraciones: Heath McKenzie
Traducción: Pilar Roda Díez
Grupo Editorial Bruño
Colección: Cubilete

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +6 años

Después de NO ABRAS ESTE LIBRO, el monstruito más original y divertido vuelve con TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS:

«¡¡SUELTA EL LIBRO YA MISMO!!

¿No oyes ladrar a un cachorrito? ¡Ve a ver, corre!
¿No hueles esa PESTE? ¡Pues sale de AQUÍ!
¡Eh! ¿No tienes deberes, o qué?
¡Uyyy, qué cara de hambre tienes! ¡Ve a comer algo ENSEGUIDA!
¡Se te pueden CAER los ojos de tanto leer! (que lo sepas).
¡Anda, mira, una TELE! ¿No te apetece verla un ratito?».

ISBN: 978-84-696-2626-9
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 28 cm

luns, 3 de maio de 2021

NINGUÉN COMA MIN

NINGUÉN COMA MIN
(Autobiografía dun tirano)
Autor: Ignacio Chao
Ilustracións: Eva Sánchez
Kalandraka Editora
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

MENCIÓN DO XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

Os delirios de grandeza dun ditador, a egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora -máis real do que parece- sobre os abusos do poder.

ISBN: 978-84-8464-834-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 28,5 cm

domingo, 2 de maio de 2021

OLIVER BUTTON É UNHA NENA

OLIVER BUTTON É UNHA NENA
Autor: Tomie dePaola
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Kalandraka
Colección: Tras os Montes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

PREMIO LAURA INGALLS 2011 e IRA-CBC CHILDREN´S CHOICE

É diferente; non practica os deportes nin os xogos habituais para outros nenos.

Un clásico que, dende a emoción e a sensibilidade, anima á autoafirmación e á empatía fronte aos estereotipos e á incomprensión.

ISBN: 978-84-8464-172-8
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 28 cm

sábado, 1 de maio de 2021

TEÑO DEREITOS

TEÑO DEREITOS
Ilustracións: Miguel Robledo
Textos: César Lorenzo Gil
Aira Editorial

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

FINALISTA DO PREMIO DA GALA DO LIBRO GALEGO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO DO 2019

Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.

No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido.

Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.


ISBN: 978-84-94
7807-8-3
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 20 cm

venres, 30 de abril de 2021

BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS

 
BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS
Ilustraciones: Carrie Hennon y Dan Crisp
Editorial Susaeta

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

En cada página de este libro hay dinosaurios escondidos...

Pero estas páginas están cortadas, y combinándolas se pueden encontrar además piratas, alienígenas, zombis y monstruos.

¿Puedes verlos?

ISBN: 978-84-677-6923-4
Nº de páginas: 10
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger