sábado, 26 de xaneiro de 2019

"A HISTORIA DA MIÑA SUPERVIVENTE" accésit da categoría D: 1º/2º da ESO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "A historia da miña supervivente" de Olalla Domínguez Álvarez - 13 anos - 2ºA da ESO.

Galardoado cun accésit na categoría D: 1º/2º da ESO.

Premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura,
varios membros do xurado do certame, e o representante da
Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela
A min gustaríame contar esta historia ou experiencia que me pasou hai uns meses, no verán e me marcou moito. Eu aprendín moitas cousas con este episodio da miña vida, unha delas é o fortes que son e o amor que nos dan os animas e como moitas veces as persoas os tratamos como se non foran nada, coma se non tivesen valor.

Aquí comeza a historia:

Hai dous anos e medio aproximadamente morreunos unha gatiña que tiñamos porque meu pai pisouna co coche accidentalmente. Seis meses despois adoptamos outra que era a irmá da que morrera (déunola o mesmo dono). Era de tres cores: branco, marrón e negro; no ollo dereito tiña unha mancha negra moi característica e no rabo intercala raias negras, marrón e brancas. Cando a trouxeron parecía moi fea porque estaba moi fraquiña. Chamámoslle Tafi.

A Tafi custoulle un pouco adaptarse. O primeiro día meteuse detrás do sofá e tivemos que meternos nós para sacala. Uns meses despois, cando xa se adaptara, fumos ao veterinario a castrala para que non nos marchara tanto da casa e non nos trouxera agasallos do que á maioría dos pais non lles gustan.

Pasaba o tempo e Tafi seguía con nós, cazaba ratos, durmía con nós, espertábanos en medio da noite rillándonos o moño e máis cousas divertidas... Pero este verán miñas irmás, Aloia e Ánxela, e eu fomos a un campamento de verán en Pontevedra. Estivemos alí de martes a sábado. Cando chegamos á casa saudei a miña cadela Dama e ao meu can Thor, pero cando preguntei por Tafi. meus pais dixéronme que o xoves non volvera á casa. Ás veces, Tafi non viña en dous días, pero poucas veces pasaba iso.

O domingo, como seguía sen aparecer, fomos ás naves que hai ao lado da miña casa chamando por Tafi, por se acaso o venres cando cerran as naves quedou dentro cazando ratos. Non apareceu. Miña nai dicía que foramos mentalizándonos de que ao mellor non aparecía e estaba morta. Estábamos moi tristes, botabámola moito de menos.

A madrugada do martes, sobre a unha da mañá, escoitamos miañar na porta. Miñas irmás e eu empezamos a gritar de alegría, pero axiña acabou esa alegría e converteuse en pena e choros. Tafi estaba no relanzo da escaleira, intentaba subir os banzos pero non era capaz porque non sentía as patas de adiante, arrastrábaas, tiña amandíbula rota e faltábanlle trozos. Estaba chea de sangue, terra e lama; tamén estaba cega e cos ollos revirados mirando cada un pra un lado diferente. Estaba moi delgada e cheiraba fatal, como a carne podre, a animal morto. Ela miañaba de dor. Chegou meu pai e colleuna con moito coidado para non mancala. Miñas irmás e eu todo ese tempo estivemos no noso cuarto. De súpeto entrou meu pai con Tafi no colo. Ela miañaba, pero malia a dor non paraba de ronronear. Meu pai chamou a urxencia veterinarias e viñeron buscala desde Vigo. Todos pensabamos que ían poñerlle unha inxección letal, porque non tiña posibilidades de sobrevivir. Pero non, puxéronlle soro e medicamento para a dor. Se sobrevivía, ao día seguinte xa se vería se se podía facer algo. Se morría, morrería tranquila e sen dor.

Ao día seguinte, cando abriron a clínica, estaba viva. Falaron cos meus pais e ao día seguinte operárona da mandíbula. Da parte de abaixo quedáronlle só unhas cantas moas e a metade da mandíbula, e da de arriba, uns dentes e unhas moas; na lingua tiña un corte, pero era o de menos. Quedou alí, e uns días depois volveron operala para quitarlle a pel que lle sobraba. Recuperou case toda a vista e a mobilidade da pata esquerda.

Á semana trouxémola para a casa. Non podía comer penso, tiña que comer latas para gatos, pero tiñamos que darlla nós con moito coidade e despois limpala porque se bababa toda. Tamén tiñamos que facerlle rehabilitación na pata dereita, moverlla, xa que ela non a movía, arrastrábaa e moitas veces tropezaba con ela e caía.

Unha semana despois descolocóuselle a mandíbula e tiveron que operala de novo. Esta vez utilizaron outro método: Atáronlle a mandíbula con arames, un por debaixo do queixo e outro atravesando a mandíbula inferior. E puxéronlle unha placa para que quedara suxeita. Desta vez saíu todo ben: o óso selou perfectamente e operárona por última vez para quitarlle os arames e deixáronlle a placa. Despois, na casa, foise recuperando moi pouco a pouco: anda ben, ás veces coxea un pouco, o ollo xa está perfectamente no seu sitio e ao final apenas perdeu visión; e engordou, xa non está nos ósos.

Agora, ao faltarlle a metade da mandíbula inferior, cólgalle a lingua e está con ela de fóra. Xa deixou de comer latas e come penso de gatiños, pero segue sendo igual de cazadora: mata ratos e toupas e trágaos case enteiros, xa que non pode mastigar. Despois déixanos uns agasallos na porta, que veñen sendo os riles dos bichos que cazou.

O que máis nos chamou a atención foi que despois do accidente Tafi está moito máis cariñosa con nós e sempre, sempre, dorme na casa pola noite e á mañá marcha.

Agora supoño que vos estaredes preguntando que lle pasou a Tafi aquela noite. Segundo dixeron os veterinarios, debeuna atropelar un coche. A eles sorprendeulle o ben que se recuperou, pero sobre todo o bo carácter que tiña sempre con eles a pesar de todo o mal que o estaba pasando durante eses meses, das catro operacións, da rehabilitación e recuperación; e nós tamén estamos moi contentos de tela de novo na casa.

Esta historia ou anécdota para min é unha lección de vida que nos deu Tafi. Fíxome reflexionar sobre o fortes que poder chegar a ser os animais, se a nós nos pasara isto estaríamos todo o tempo queixándonos da dor; tamén do fieis que son e do amor que nos dan, como cando Tafi, aínda coa mandíbula rota, ronroneaba e buscaba o noso cariño.

Aquí remata a historia da miña pequena supervivente, Tafi.

FIN.

A MINHA FILHA INÊS


A MINHA FILHA INÊS
Autor: Jaime Ferreri
Edita: AquiLeio Ediçöes

Xénero: Literatura en Potugués - Narrativa

...Até que um dia, em meados de setembro, quase no fim de férias, os olhos dela tocaram-me num rompante. Desviei fingidamente a vista, numa expressäo feita de manha, como que a parecer casto, numa carregada representaçao de beato fingido para que ninguém me notasse tal destino. Mas trouxe comigo o olhar dela, guardei-o de memória ligado ao sorriso trocista que deixou escapar. Foi um dia novo a descoberta em aprender o quanto valia e como nos tocava por dentro o sorriso duma mulher.

Foi a minha mais inocente mas provocante experiência.

Nunca tinha sentido aquela espécie de clique que me abanou e me forçou o coraçao a cavalgar em trotes amalucados, numa força desgarrada a percorrer-me o corpo e logo a limitá-lo com essa coisa atérea que saía da alma, inventada e definida num nome que cónego repetia infindas vezes: o pecado! Sentir aquilo era pecado mas nesse dia deixei de acreditar no cónego.

Afinal eu mudei, e até cresci, em consciência, onde dantes quase näo conseguia explorar. Que comoçao e que sensaçao de bem-estar!

Consegui saber que era da cidade e estava ali, na casa dos avós, a gozar férias; até ás vindimas, pareceu-me ouvir. Chamava-se Marina, deu para percerber.

ISBN: 978-989-54023-0-4
Nº de páxinas: 191
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 23 cm.

venres, 25 de xaneiro de 2019

"SARA SOÑA CON SER BRUXA" 1º premio categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato curto titulado "Sara soña con ser bruxa" de Xian Alvariño Rodríguez - 10 años - 5º A.

Galardoado co 1º Premio na categoría C: 5º/6º de primaria.

"Sara é unha nena máis ou menos de 10 anos, loira e de ollos claros, polo demáis é unha nena normal coma outra calquera.

Sara ten un gran soño que é ser bruxa, unha bruxa mala coa nariz longa e unha berruga.

De camiño ao colexio Sara pasaba por un escaparate no que tiña unha bruxa.

Cando Sara pasaba coa súa mochila nas costas camiño ó colexio, que non lle gustaba nada, sempre se quedaba mirando para a bruxa e pensaba ogallá eu fose bruxa e o primeiro que faría sería que sempre fose verán para non ter colexio. O segundo, que todos os nenos fosen gatos porque lle gustaban moito e cos nenos do seu cole non se levaba moi ben, e terceiro, que o peixe soupese a chocolate porque non lle gustaba nada.

De volta para casa, Sara volvía pasar polo escaparate e volvía soñar co mesmo, e así todos os días. Sara pasaba coa súa mochila e triste ao colexio porque non podía cumprirse o seu soño. Ata que un día cando pasaba coa cabeza baixa xunto a bruxa escoitou un sorriso malvado e cando se xirou a bruxa faloulle. Sara estaba asombrada, non se podía crer que a bruxa lle falara.

A bruxa díxolle: ou sexa, que queres ser unha bruxa mala coma min, e Sara notou algo raro e de repente converteuse nun gato e Sara dixo: Non! eu non! Tiñan que ser eles! non eu! e a bruxa riu e díxolle!: Que pensabas que che ía axudar, pois non, eu son mala e fago o que quero...

Sara marchou triste ó colexio, cando os seus compañeiros a viron dixeron: a onde irá esta gata tan bonita dirección ao colexio? Collérona, acariciarona e deronlle de comer. Sara estaba alucinada do ben que a trataban e incluso lle gustaba o peixe. Os nenos colleron a Sara levárona para clase e puxérona nuns coxíns. Sara estaba enamorada de ser gata, mentres a profe explicaba, ela podía durmir quentiña.

De camiño a casa escoitou un forte ladrido detrás dela, cando viu un enorme can que case a come tivo que correr e subir tellados que esbaraban moito pero, por sorte non lle pasou nada. Cando Sara se quixo dar conta o feitizo acabara e volvía a ser unha nena e deuse conta que sexas o que sexas nunca e de todo bonito..."

FIN.


Premiados da categoría C: 5º e 6º de primaria co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura
e varios membros do xurado do certame

NON VOLVAS


NON VOLVAS
Autor: Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Unha muller abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola man. Camiños dun territorio que só existe no tempo do soño, do pesadelo; como Comala, como Yoknapatawpha, como Macondo.

Unha viaxe cara atrás, á raíz dos nosos días, á nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha xinea de mulleres construídas a poder dunha linguaxe literaria que quere atrapar o tempo íntimo e o tempo épico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso corazón e da nosa historia.

ISBN: 84-8302-498-5
Nº de páxinas: 189
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14.5 x 22 cm.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

"DINA E O POBO PERDIDO" 2º premio categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato curto titulado "Dina e o pobo perdido" de Sara García Comesaña - 10 anos - 5º A de primaria.

Galardoada co 2º premio na categoría C: 5º/6º de primaria.

Fai moito, moito tempo, nun país chamado Móndola, vivía unha nena moi risoña, cariñosa e chistosa chamada Dina. Ela tiña o pelo dun ton alaranxado pola altura dos ombreiros. Os seus ollos eran azuis moi, moi clariños, case grises, tiñan un desteliño de alegría. Dina sempre vistía cunha camisetiña rosa palo, cunha rebeca e cunha falda de cor verde esmeralda. Cando fai fresquiño, Dina colle do armario a bufanda que lle cosera a súa avoa. Recordo que era branca cunhas pequenas flores verdes, azuis e rosas.

A Dina lle encantaba ler, e tódolos días ía ao bar que estaba en fronte da súa casa a ler o periódico e a xogar as cartas cos señores maiores aos que ela chamaba avós, aínda que non o foran, ela os consideraba parte da familia.

Dina tiña un can chamado chispas, o cal acompañabaa a todas partes, era un fiel compañeiro. Mágoa que un día Dina e o seu can Chispas tiveron que marchar do seu fogar, debido a un tema de traballo dos seus pais, Lía e Andrés.

A Dina lle custou un montón despedirse dos seis avós, xa que eran os seus únicos amigos. Chispas, tamén tiña bastantes amigos, ¡se ata tiña noiva! chamábase Canela, era a cadeliña da casa da esquina, aínda que non pensou que non a volvería a ver, cría que só ían a dar unha volta e voltarían. Chispas sempre foi un can moi inocente, pero tamén moi fiel e protector coas persoas que coñecían.

Mentres ían de camiño ao novo pobo, Dina colleu unhas fotos dos seus avós porque sabía que moi probablemente non os volvería a ver, debido a súa idade.

-Os meus pais son persoas sen sentimentos- dicía entre bágoas. Dina só tiña seis anos e aínda non era o suficientemente adulta coma para saber que fora unha decisión moi importante para eles, só pensaba que eran persoas sen sentimentos.

Ao chegar ao pobo, saltaba á vista que estaba moi desolado, non se vía a ninguén pola rúa só gatos callexeiros aos que Chispas lle tiña moitas ganas, e non ganas de xogar.

De súpeto Lía, a nai de Dina gritou:

-Freaaaaaaaaaaaaaaa!

Andrés, o pai, lle preguntou: que pasa?! -Lía indicou co dedo un neno tiredo no medio da estrada, todos quedámonos atónitos, pero Chispas, aproveitou para saltar pola fiestra do coche e correu cara ó neno, lle comezou a lamber a cara e conseguiu espertalo.

O neno preguntou: pero, que facedes aquí?! Non vedes que estou durmindo?!

Os pais de Dina quedaron loucos, como pode ser que durmira no medio da estrada?

Dina pensou: Cada un ten os seus gustos.

Todos volveron ao coche excepto Chispas, que tiña moitas ganas de correr, así que atáronlle un extremo dunha corda moi longa ao colar e o outro extremo ao coche. Pasouno pipa.

-Ao fin chegamos- dixo Andrés- Fora unha viaxe moi longa, pero xa estamos na nosa casa.

Dina desatou a Chispas, colleu o seu equipaxe e marchou cara a súa habitación. Era bastane máis pequena ca da súa antiga casa, pero tiña unha cor amarela que lle encantaba.

Lía díxolle a Dina que había unha biblioteca enorme, chea de libros con historias por descubrir, pero, cando chegaron, levouse unha desilusión tremenda, estaba pechada, ademais, había un cartel que poñía: prohibido cans, así que Dina descartou a biblioteca, xa que nunca deixaría ao seu mellor amigo só por un par de libros de pacotilla. Aínda que no fondo, Dina quería ir, aínda que só fora un momento.

Ao día seguinte, Dina e os seus pais marcharon camiño ao seu novo colexio. A encher uns papeis.

O importante foi que había uns nenos no patio, así que Dina acercouse a eles e dixo: -Ola!, ninguén lle contestou así que volveu a dicir: -Ola!

Coma ninguén lle devolveu a palabra, deuse a volta e pensou: Esa nena que hai alí é idéntica a min, así a simple vista a única diferenza que lle vexo a esa cicatriz tan grande que ten na cabeza...

De súpeto, a nena agarroulle do ombro e lle dixo: Ola Dina! -cunha voz tenebrosa. Dina quedouse louca, como podía ser que aquela nena soubese o seu nome, sería unha coincidencia?

- Non, non é ningunha coincidencia, o sei todo de ti.- Dixo a nena.

Como pode ser, se non falei contigo na miña vida?

- Porque eu son ti e ti es eu.

De súpeto apareceu ao carón dos seus pais. Dina pensou: -Seguro que é o cansancio, seguro.

Esa mesma noite, Dina estaba xa na cama e de detrás da porta, saíu un gran bicho negro, tiña os ollos coma os dun gato e dunha cor amarela que se vía na escuridade.

O gran bicho, mirou fixamente a Dina e acerouse a ela, lle agarrou un pé e llo comezou a apretar, cada vez máis forte, Dina quedouse atónita non cría o que estaba vendo. Intentou espertar a Chispas, que estaba ao seu carón, pero foi imposible, estaba coma un tronco. Así que morta de medo, deu un tirón seco e conseguiu desprenderse do gran bicho, correu pola casa aterrorizada e coma era nova e non a coñecía, tropezou cunha mesa que había no salón.

Espertou no hospital, e os seus pais abrazárona, pensaban que morrería, pois tiña unha brecha na cabeza bastante grande. Dina lles contou o sucedido, e de súpeto os seus pais comezaron a sorrir de unha forma sobrenatural e dixeron: che quedarás aquí para sempre, connosco, ha, ha, ha...

Dina pensou: Ao mellor aquela nena que se parecía tanto a min, son eu, pero como o pode saber?

Dina, aterrorizada deu un grito de desesperación.

De súpeto, Dina apareceu na súa casa vella, non o cría, fora un soño.

Baixou as escaleiras correndo, e saíu da súa casa. Cruzou a estrada sen mirar (por sorte non pasou ningún coche) entrou no bar chorando e atopou a Chispas, coa súa noiva Canela, xogando.

Pero o máis importante, estaban os seus avós! Correu cara eles e lles deu moitas apertas.

Dina volveu a ser feliz cos seus avós.

FIN.


Premiados da categoría C: 5º e 6º de primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de cultura e varios membros do xurado do certame.

O SUCO DAS PALAVRAS


O SUCO DAS PALAVRAS
Autor: Jaime Ferreri
Edita: AquiLeio Ediçoes

Xénero: Literatura Portuguesa  - Narrativa

...Quando escrevo dou por mim, vezes sem conta, a falar de coisas que parecia näo saber. Aparecem frases que nos tocam e nos emocionan, frases com que nunca sonhamos. Para min basta-me esta glória, este agarrar da própria intimidade. É um íntimo täo profundo que pareço desconhecer e que com a escrita desperta, qual nascente artesiana a que eu apenas retirei um pequeno entrave. Despois é uma catadupa de personagens,  amigos, irmäos, amantes, fantasmas, fadas,  bruxos, magos. Lembro-me particularmente de um "irmäo" que nunca tive e já se desbobinou de mim em inmumeráveis, distintas mas sempre pícaras, personagems.

Escrever é ainda, e para terminar, pisar o risco... Por muito bem que consigamos escrever precisamos dos demais näo para nos lerem, näo para nos citarem , näo para sermos conhecidos... precisamos deles como cadinho de ensaio, como caldo de cultura, para provocaçoes que se lançam.

Quando recria, o escritor näo é juiz mas o que escreve está lá e aí fica, simples, duradoiro, quase imortal, a servir de suporte quantas vezes áquilo a que chamamos alma...

Näo é o autor que se eterniza. É a memória futura que se semeia no vazio branco de cada página...

ISBN: 978-989-54023-1-1
Nº de páxinas: 158
Encadernacióm: Tapa branda
Formato: 15 x 23 cm.

mércores, 23 de xaneiro de 2019

"O ESPELLO DA SEREA NATALIA" accésit da categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O espello da serea Natalia" de Uxía Puga Santos - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame
Cando as rás tiñan plumas e as galiñas tiñan dentes, unha serea chamada Natalia estaba chorando porque perdera o seu espello máxico.

Entón foi onda o seu pai Manolo. Él díxolle que lle explicara o que lle pasara. Ela contoulle a súa historia.

Transformeime en humana e logo fun a aldea dos ananos. Estiven alí un bo rato e que cando saín do castelo mirara no ceo unha cousa estraña. Era, era... ¡¡¡A BRUXA MATILDE!!!De repente íame a transformar. Entrei na auga, mirei no bolso e desaparecera o meu espelliño.

Non paraba de chorar e de tan cansa como estaba, marchou para a cama.

Despois de escoitala, o pai estivo pensando nun plan. Foi a dicirllo, pero ao chegar a súa habitación, ela... ¡¡¡non estaba!!!

Buscáronna por todas partes, pero ela non aparecía.

O pai mandou ao tritón David a buscala. Ordenoulle que antes mirara no Reino da Auga. David puxo rimbo ao castelo da bruxa Matilde. No seu percorrido, tiña que pasar primeiro pola Aldea Máxida das Fadas, logo polas Setas dos Pitufos e por fin, polo reino dos Gnomos. Pasando ese reino chegaría ao castelo da bruxa.

Cando chegou a aldea das fadas quedou abraiado. Alí estaba ela: a serea Natalia. Preguntoulle como chegara, e ela respondeulle:

-"Pedínlle o espello a miña amiga Raquel. E tí que fas aquí?"

Él respondeulle:

-"Mandoume o teu pai. Ven, imos buscar o espello".

Os dous á vez dixeron:

-¡¡¡VAMOS!!!

Entón pasaron pola Aldea das Fadas cantando isto:

"Tintintín as fadas son así,
tintinarán as fadas son asa".

Cando conseguiron atravesalo, foron ao seguinte, as Setas dos Pitufos.

Tiveron que ir con coidado para non pisalos. De repente o tritón David pisou unha:

-Crack, crack!!

Por sorte, era unha seta onde non vivía ninguén.

Cando saíron foron ao seguinte. No Reino dos Ananos, os ananos querian porlle unha proba, pero cando Natalia contoulles o que lles pasara, eles deixáronlles pasar.

Por sorte cando chegaron, o dragón estaba a durmir.

Cando conseguiron entrar no castelo, a meiga estaba contemplándose no espello. Eles dixeron:

-Deixa iso, non é teu.

Ela intentou escapar pero a serea Natalia, como sabía moita maxia, conselouna. Colleron o espello e foron para fóra. Atopáronse cun dragón. Espertouse e intentou queimalos pero Natalia convertiuno nunha diminuta cría de can.

Cando acabou todo, voltaron para a súa aldea e viviron felices.

E aquí acabou o conto, como mo contaron cho conto.

FIN.

CARGA MORTAL EN EL JAGUAR


CARGA MORTAL EN EL JAGUAR
Autor: Stefan Wolf
Ilustrador: Antonio Tello
Susaeta Ediciones, S.A.
Colección: Pakto Secreto

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +10 años

A la vuelta de los padres de Albóndiga de sus vacaciones en Italia, Hermann Sauerlich cuenta a nuestros amigos de "Pakto" cómo su Jaguar de doce cilindros había sido robado en Milán y vuelto a encontrar, sin ningún daño. Apenas llegados a casa, se repite el misterioso juego. El coche vuelve a desaparecer de nuevo poco después. 

Los amigos de la banda "Pakto" tienen una seria sospecha, pues han visto a Frese y Leppich, dos tipos del hampa, en las cercanías de la villa de los Sauerlich. ¿Un asunto de drogas? ¿Se había introducido de contrabando en el país con el Jaguar una carga asesina? Naturalmente, los cuatro de "Pakto" quieren resolver el caso y, en el intento, Albóndiga corre un serio peligro...

ISBN: 84-305-7473-5
Nº de páginas: 179
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13,5 x 20 cm.

martes, 22 de xaneiro de 2019

"QUERO COÑECERTE" accésit da categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "Quero coñecerte" de Antía Cernadas Alfonso - 10 anos - 5ºA de primaria.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame
Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

No ano 2000 naceron unhas xemelgas, Alicia e Diana.

Alicia era alta, tiña o pelo louro e os ollos azuis. Diana era alta, o pelo castaño e os ollos marróns.

Cando só tiñan nove meses déronas en adopción. Adoptáronas unha parella chamada Carmen e Carlos. Os pais biolóxicos déronas en adopción porque non tiñan cartos para mantelas, nin lle podían dar un futuro adecuado.

Carmen e Carlos eran de cartos. Tiñan unha casa enorme, con oito habitacións, dúas asistentas e un porteiro. Tiñan a vida soñada de moita xente.

Cando eran pequenas disfrrutaban da súa vida porque tiñan todos os caprichos que querían. Pero canto mais maiores se facían, dábanse conta que esa non era a vida que querían xa que seus pais eran máis estrictos con elas.

Cando empezaron en quinto de primaria querían escapar a buscar aos pais biolóxicos pero eran moi pequenas. Cando cumpriron os quince buscaron información sobre seus pais, e mentres facían isto Carmen e Carlos estaban de viaxe.

Unha noite baixaron ao despacho e puxéronse a buscar. Elas quedaron coas asistentas.

Buscaron e buscaron a carpeta coa información e despois dun bo rato atopárona. Mentres a collían caiulle outra, e fixo moito ruído. As asistentes baixaron correndo, as nenas escondéronse nun armario. As mulleres que baixaron e non viron nada foron outra vez para a cama.

Diana e Alicia subiron a súa habiación e planearon escapar mañá pola mañá, pero había un problema, as asistentas! Planearon escapar decíndolles que podían ir de vacacións. As mulleres creéronas e marcharon.

Na información puña isto:

María Álvarez Soto e Manuel Couñago Rodríguez. Viven en Larín. Na casa número 15b.

Colleron o tren e foron rumbo a Larín. A viaxe pasóuselles voando xa que quedaron durmidas.

Larín era un pobo que quedaba a dúas horas donde elas vivían. Era un pobo pequeno. Empezaron a buscar a casa número 15b. Despois dun bo rato camiñando atopárona e gritaron: "María, Manuel!".

A parella saíu asustada e tardaron en reaccionar, pero cando o fixeron empezaron a chorar. Déranse conta que eran súas fillas, as que non habían visto fai 15 anos. Invitáronas a pasar e cando entraron falaron, falaron da súa vida, a vida duns pais e dunhas fillas, separados. Chegou a hora de marchar. As nenas dixéronlle que non sabían como pero que iban a axudalos.

Chagaron a casa e os días pasaron ata que volveron Carlos e Carmen. As nenas dixeron que tiñan que contratar outras asistenta e outro porteiro. Os pais preguntaron porque e contestaron porque estes non lles gustaban. Os pais aceptaron. Como eles non coñecían a Manuel e a María dixéronlles que contrataran xa a dúas persoas; unha asistenta e un porteiro. Que elas xa fixeran entrevistas cando eles estaban de viaxe.

Inventáronse nomes para Manuel e María por si acaso se acordaban. Puxéranlles Verónica e Hugo. Deixaron de vivir na casa de antes e viviron con suas fillas. E así foi como a fammilia estivo xunta.

FIN.

LUZ


LUZ
Autora: Maria Gordon
Ilustrador: Mike Gordon
Editorial Luis Vives
Colección: Ciencia simple

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +5 años.

¿Que sabes acerca de la luz? ¿De donde viene?

¿Con que rapidez viaja? ¿Por qué el arco iris tiene diferentes colores?

Lleno de fáciles experimentos, este libro te ayudará a encontrar las respuestas, y, además, te divertirás con sus ilustraciones.

ISBN: 84-263-3160-2
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 19,5 x 21,5 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger