O diario "El Progreso" de Lugo ven de convocar a XVI edición dos premios Muralla de Lugo, na que poden participar novamente todos os pequenos e pequenas con menos de 12 anos.
O prazo de presentación de traballos remata o 31 de marzo de 2016.
Os gañadores recibirán 500 euros e unha fin de semana cultural en París para tres persoas.
CONVOCATORIA
Con motivo do aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento, a Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, Telelugo e o "El Progreso" convocan a:
XVI EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS
BASES
Idade
A idade máxima para participar é de 12 anos.
Características dos traballos
Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30 x 30 cm.
Redacción: No debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán o galego.
A temática
Tanto do debuxo como da redacción debe referirse á Muralla romana de Lugo, á paz, á solidariedade e ao respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e ao entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla romana de Lugo.
O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade (debuxo e redacción).
Deberá
remitilos nun sobre cos seus datos persoais incluído o teléfono de
contacto ao xornal El Progreso (Rúa Puro Cora 3 - 27002 - Lugo).
O prazo de presentación finalizará o 31 de marzo de 2016 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de "El Progreso".
O
xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte
de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase
aos autores dos traballos.
A
presentación ao concurso supón a aceptación de toda as bases
correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como
decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta
decisión será inapelable.
PREMIOS
Redacción: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Debuxo: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Grupo de traballos: 2 premios de cadanseus equipos informáticos, un en cada categoría, para
as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de
traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.
Mestres-titores: Establécense tamén 2 premios de cadansúas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.
Finalistas: O xurado elixirá ademais dos gañadores 5 premios finalistas en cada unha das categorías (redacción e debuxo).
Diploma "Defensor da Muralla" a todos os participantes.