NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 28 de febreiro de 2016

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ
Autor: Alejandra Schmidt Urzua
Ilustracións de: María José Olavarría Madariaga
Tradución de: Charo Baleirón Sóñora
Hércules de Ediciones S.A.

Xénero: Contos infantís.

Idade recomendada: + 5 anos.

Este libro amósanos o proceso da fin da vida e o inicio doutra. Fálanos do camiño natural de deixar que a vida siga o seu curso, de soltar os apegos e os recordos da memoria.

Este é un conto moi especial, podemos leelo do dereito e do revés, por un lado temos a historia contada por unha nena de cinco anos.

A mirada da meniña conéctanos coa percepción que os máis pequenos teñen dos adultos maiores, con aquela empatía e complicidade especial que senten no vínculo que manteñen con eles, e déixanos ver como a sensibilidade, sen a razón polo medio, abre unha porta de acceso ao seu mundo particular.

Cando chegamos a metade do conto nos mandan dar a volta, comeza outro conto!!! Neste novo conto nos contan a mesma historia pero con outros ollos. 

A mirada da bisavoa, real, sincera e directa, amósanos a súa experiencia do envellecer, as perdas sucesivas que debe enfrontar ao final da vida e a esperanza sempre presente de continuar vivindo en paz, na esencia da alma infantil.

Ambas as miradas reflicten un paralelo natural entre a emocionalidade e as vivencias dos nenos e as dos adultos maiores. Insinúan como a fin da vida nos fai volver ser nenos e nos permite compartir un mundo e amor similar.

A lectura destes dous contos condúcenos dun modo humano, sensible e delicado, a conectarnos coas vivencias da nosa infancia, cargadas de afecto e de emoción, nas cales os lazos e vínculos cos nosos antepasados foron fundamentais para o noso proceso de formación como persoas.

Transmítenos ademais a mensaxe do respecto polos nosos adultos maiores, pois as historias que eles comparten connosco son tesouros postos en palabras cargadas de sentido de pertenza e de identidade. Son a base da nosa historia e representan esa parte do pasado que nos brinda pontes co presente. 

ISBN: 978-84-92715-83-1
Nº de páxinas: 44
Formato: 20 x 20 cm
Encadernacion: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger