Kalandraka Editora, 2006
Colección 7 leguas
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
Idade recomendada: A partir de 8 anos
PREMIOS E OUTRAS MENCIÓNS
THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2007
PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2007
PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO (AGE) - 2006
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal)
Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A Avoa Ugago descóbrenos os segredos da cultura dos Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas.
Cando moitos nenos e nenas do Sahara veñen ao noso país para pasar aquí o periodo estival que na súa terra de orixe resúltalles dificilmente levadeiro polas condicións extremas do clima no deserto, KALANDRAKA proponlles aos lectores unha viaxe literaria ata as dunas de Smara.
Se algún día viaxas ao deserto, busca a cidade que cheira a cravo e a fume, a perfume de muller. As súas noites están tapizadas de estrelas e garda dás por dunas de area fina.
Se algún día viaxas ao deserto pregunta pola Avoa Ugago, a dos cabelos brancos. Se tes a sorte de atopala, pídelle que che conte as historias que garda na súa memoria.
Smara é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara, onde coñece á Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga capaz de protexer a cidade dos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes.
Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes dose de maxia e misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, cun certo lirismo, como un a especie de reivindicación da tristeza que nos fai crecer por dentro.
Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións o aboradas con colaxe ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicos de teas, cerámicas e especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal, tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e respecto que lle infundió o Sahara. As súas ilustracións transpórtanos a un mar de area, onde a vista pérdese no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático.
Temática: Deserto, viaxes, lendas.
Aspectos destacables: Maxia e misterio; o deserto: clima, vexetación, costumes...
ISBN: 978-84-8464-549-5
Encuadernado en cartoné
Formato:16,5 x 24 cm
Nº de páxinas: 64