sábado, 23 de abril de 2016

IV CERTAME DE POESÍA EN LINGUA GALEGA "MANUEL MARÍA" - CASA DE GALICIA EN GIPUZKOA


Outro ano mais a Casa de Galicia en Gipúzkoa organiza o Certame de poesia en lingua galega “Manuel María” que xa vai pola cuarta edición

Ademáis, este é un ano moi especial posto que o Dia das Letras Galegas está adicado a figura de Manuel María, por iso animámosvos a que participedes.

O prazo de presentación das obras é até o dia 30 de abril de 2016 e o fallo farase público o dia 4 de xuño de 2016 dentro dos actos que organiza a nosa casa adicados ao poeta lucense.

Animádevos a participar.


SMARA

SMARA
Autora:Paula Carballeira 
Ilustración:Carole Hénaff 
Kalandraka Editora, 2006 
Colección 7 leguas 

Xénero: Literatura Galega - Narrativa 

Idade recomendada: A partir de 8 anos 

PREMIOS E OUTRAS MENCIÓNS 
THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2007 
PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2007 
PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO (AGE) - 2006 
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal) 

Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A Avoa Ugago descóbrenos os segredos da cultura dos Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas. 

Cando moitos nenos e nenas do Sahara veñen ao noso país para pasar aquí o periodo estival que na súa terra de orixe resúltalles dificilmente levadeiro polas condicións extremas do clima no deserto, KALANDRAKA proponlles aos lectores unha viaxe literaria ata as dunas de Smara

Se algún día viaxas ao deserto, busca a cidade que cheira a cravo e a fume, a perfume de muller. As súas noites están tapizadas de estrelas e garda dás por dunas de area fina.

Se algún día viaxas ao deserto pregunta pola Avoa Ugago, a dos cabelos brancos. Se tes a sorte de atopala, pídelle que che conte as historias que garda na súa memoria.

Smara é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara, onde coñece á Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga capaz de protexer a cidade dos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes.

Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes dose de maxia e misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, cun certo lirismo, como un a especie de reivindicación da tristeza que nos fai crecer por dentro. 

Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións o aboradas con colaxe ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicos de teas, cerámicas e especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal, tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e respecto que lle infundió o Sahara. As súas ilustracións transpórtanos a un mar de area, onde a vista pérdese no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático

Temática: Deserto, viaxes, lendas. 
Aspectos destacables: Maxia e misterio; o deserto: clima, vexetación, costumes... 
 
ISBN: 978-84-8464-549-5 
Encuadernado en cartoné 
Formato:16,5 x 24 cm 
Nº de páxinas: 64


venres, 22 de abril de 2016

OS TRES PORQUIÑOS

OS TRES PORQUIÑOS 
Textos: Raquel Méndez 
Ilustracións: Helga Bansch 
OQO Editora, 2008 
Colección O 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos 

Idade recomendada:  + de 3 anos 

O  porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla.

O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo.

E cando chegou o lobo e soprou e soprou… 

Os tres porquiños é unha das narracións tradicionais máis coñecidas e de maior aceptación entre os máis pequenos.

Bruno Bettelheim, na súa Psicanálise dos contos de fadas, destaca que tanto a simboloxía dos personaxes, como as accións que realizan e o posterior desenlace, pódense interpretar como metáforas do proceso de crecemento e desenvolvemento da personalidade. O neno, segundo Bettelheim, por medio da identificación con cada un dos tres bacoriños, aprende, dunha maneira sinxela que as persoas evolucionan e que medrar ten grandes vantaxes. Por iso é o porquiño máis vello quen finalmente vence o inimigo, combinando o esforzo, a intelixencia e a planificación racional. 

Os tres porquiños simbolizan a evolución e o progreso do ser humano, desde o estado de inmadurez, ata a condición de adulto, en que aprende a manexar os conflitos de forma intelixente. O neno é quen debe sacar as súas propias conclusións. 

Fiel á coñecidísima historia tradicional, o álbum presenta unhas imaxes sinxelas e divertidas co que o discurso visual resulta moi fácil de comprender. Helga Bansch, unha vez máis, dá claras mostras aquí da súa empatía co lector infantil, e xoga coa expresividade dos personaxes e cos pequenos detalles para enriquecer cada ilustración e estimularnos así a abrir o libro unha e outra vez. 

ISBN: 978-84-9871-050-2 
Nº de páxinas:36 
Encadernación: Cartoné 
Formato: 25 x 23 cm

xoves, 21 de abril de 2016

O LOBISHOME DE CANDEÁN


O LOBISHOME DE CANDEÁN
Editorial Galaxia
Colección Costa Oeste 


Xénero: Literatura Xuvenil Galega

Lista de honra CLIJ 2011

Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten como persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.

Elvira, unha rapaza adolescente, séntese atraída por un mozo ao que coñece nunha discoteca un sábado de madrugada, esa atracción lévaa tras del ao monte de Candeán.

Durante días non se sabe dela, e ao pouco aparece morta, cunha coitelada no estómago. Ao seu carón unhas estrañas pegadas de lobo.

Os seus amigos deixan as súas actividades cotiás e convértense en brigadistas na procura dun lobo, ao que se escoita ouvear polas noites, e que consideran causante do asasinato.Establécense novas relacións entre eles e tamén coas súas familias.

Así mesmo, un mozo da zona fuxe todas as noites pola fiestra da súa habitación. A relación cos seus pais é fría e distante, non se leva cos mozos do lugar. É un rapaz solitario e retraído, que se cadra, coñece o que acontece na bisbarra.

Balbina e Manuel —o policía— desenmarañarán o misterio que ten en vilo a todos os veciños. Celia, a nai de Elvira, tras algún tempo, volverá sorrir. 

Valores: O respecto aos maiores; a responsabilidade; a educación; o sexismo; alcol e drogas; a adolescencia; as relacións interxeracionais; a coeducación; a violencia; as novas tecnoloxías: os videoxogos, o móbil..., Ciencias Sociais, Ética e Cidadanía.

ISBN: 978-84-9865-217-8
Nº de páxinas:129
Encadernación: Rústica
Formato: 13,5 x 21 cm


mércores, 20 de abril de 2016

INFORMACIÓN SOBRE CURSOS GRATUITOS PARA JÓVENES - GRUPO FEMXA

Hoy traemos a nuestro blog una información que nos parece muy interesante. Nos la envían desde el Grupo Femxa y consideramos que puede ser de vuestro interés.
 
Cursos gratuitos para jóvenes, dentro de las subvenciones para formación de Menores de 30 y Garantía Juvenil, que iniciarán en las próximas semanas en Vigo y que aún cuentan con plazas disponibles.
 
En los siguientes enlaces a la web podeis inscribiros, consultar horarios y descargar contenidos:
 
 
· Cursos TIC para Menores de 30 años con estudios mínimos de Bachillerato o Equivalente (Doble Titulación: Título Oficial + Certificación Oracle):

https://www.cursosfemxa.es/cursos-gratuitos-informatica-tic-titulo-oficial-vigo-trabajadores-desempleados

· Curso Administración para inscritos en Garantía Juvenil, con estudios mínimos de ESO o Equivalente (Título Oficial + Prácticas+ compromiso de inserción laboral para el 30%)
 

Curso Actividades Administrativas en la Relación con el Cliente: 
También os dejamos la información de nuevos cursos que van a impartir en Vigo para menores de 30 años. Son certificados de profesionalidad de la familia de Informática y Comunicaciones con prácticas en empresas. Suponen Titulación Oficial y tienen planificación para iniciar en Mayo.
 
Certificados de Nivel 2: Menores de 30 años con Estudios mínimos de ESO o equivalente:

Operación de Redes Departamentales (IFCT0110): https://www.cursosfemxa.es/operacion-de-redes-departamentales-curso

Confección y Publicación de Páginas web (IFCD0110): https://www.cursosfemxa.es/confeccion-y-publicacion-de-paginas-web-1-curso
 
Certificados de Nivel 3: Menores de 30 años con Estudios mínimos de Bachillerato o Equivalente:

Seguridad Informática (IFCT0109):
https://www.cursosfemxa.es/seguridad-informatica-curso

Desarrollo de Aplicaciones con Tecnologías Web (IFCD0210):
https://www.cursosfemxa.es/desarrollo-aplicaciones-tecnologias-web-curso

Administración de Servicios de Internet (IFCT0509):
https://www.cursosfemxa.es/administracion-servicios-internet-curso

Para contactar con FEMXA pueden hacerlo a través de los enlaces web anteriores, del Teléfono Gratuito 900 100 957 o del e-mail: atencionalumno@femxa.com

Se trata de formación subvencionada en su totalidad por el Servicio Público de Empleo Estatal y/o Fondo Social Europeo. 
 
También puedes informarte de las becas de la Fundación Tripartita que tienen a su disposición al realizar formación de este tipo haciendo clic AQUÍ. 
 
Desde BiblioPazos deseamos que esta información os sea de utilidad.
 

GARAVANCIÑO

GARAVANCIÑO
Adaptación texto: Olalla González
Ilustracións: Marc Taeger 
Kalandraka Editora, 2008
Colección: Os contos do trasno 

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos 

Premio Plan Nacional de Lectura (Portugal) 

Conto popular. Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia; agora volve cunha nova proposta plástica, a base de collage e lapis de cores.

Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño.

Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda.

A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase. Pero Garavanciño insistiu.

Díxolle á súa nai que iría cantando; así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría.

Temática: Conto tradicional adaptado.
Aspectos destacables: Conto acumulativo, de estrutura repetitiva; a canción a modo de retrouso fomenta a oralidade: “pachín, pachán, pachón...”
Aplicacións: Os tamaños, o fogar e a familia, a superación das dificultades.

ISBN: 978-84-8464-682-2
Encadernado en cartoné.
Formato: 22 x 22 cm
Nº de páxinas: 40


martes, 19 de abril de 2016

O CONTO DOS SILENCIOS

O CONTO DOS SILENCIOS
Autora: Silvia Pazos Hermida
Ilustracións: Rodrigo Chao Blanco
Baía Edicións, 2005
Colección: Xiz de cor 

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: De 2 a 5 anos 

Relato ilustrado que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis pequenas, cun libro divertido que, ademais, axuda a formar a súa personalidade.

Mostra as vivencias de Luv, un neno xordo que vive algo marxinado na cidade da música, á que proporcionará algo moi importante e que os seus habitantes non tiñan en consideración.

ISBN 978-84-96526-20-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 20,5 cm


luns, 18 de abril de 2016

MARÍA É MAIOR

MARÍA É MAIOR
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Xosé Tomás
Baía Edicións, 2007
Colección: Xiz de cor, nº 14

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: De 2 a 5 anos 

María xa sobe escaleiras, toma soa o leite e fala sen parar. 

María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere: non pode acender lume, xogar coas tesoiras ou andar nos enchufes. 

María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere: porque se pode magoar. 

Pero, como María xa é maior... pode aprender a facer moitas outras cousas.
 
ISBN 978-84-96893-26-9
Nº páxinas 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 20,5 cm