mércores, 20 de abril de 2016

GARAVANCIÑO

GARAVANCIÑO
Adaptación texto: Olalla González
Ilustracións: Marc Taeger 
Kalandraka Editora, 2008
Colección: Os contos do trasno 

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos 

Premio Plan Nacional de Lectura (Portugal) 

Conto popular. Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia; agora volve cunha nova proposta plástica, a base de collage e lapis de cores.

Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño.

Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda.

A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase. Pero Garavanciño insistiu.

Díxolle á súa nai que iría cantando; así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría.

Temática: Conto tradicional adaptado.
Aspectos destacables: Conto acumulativo, de estrutura repetitiva; a canción a modo de retrouso fomenta a oralidade: “pachín, pachán, pachón...”
Aplicacións: Os tamaños, o fogar e a familia, a superación das dificultades.

ISBN: 978-84-8464-682-2
Encadernado en cartoné.
Formato: 22 x 22 cm
Nº de páxinas: 40


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.