NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 22 de abril de 2016

OS TRES PORQUIÑOS

OS TRES PORQUIÑOS 
Textos: Raquel Méndez 
Ilustracións: Helga Bansch 
OQO Editora, 2008 
Colección O 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos 

Idade recomendada:  + de 3 anos 

O  porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla.

O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo.

E cando chegou o lobo e soprou e soprou… 

Os tres porquiños é unha das narracións tradicionais máis coñecidas e de maior aceptación entre os máis pequenos.

Bruno Bettelheim, na súa Psicanálise dos contos de fadas, destaca que tanto a simboloxía dos personaxes, como as accións que realizan e o posterior desenlace, pódense interpretar como metáforas do proceso de crecemento e desenvolvemento da personalidade. O neno, segundo Bettelheim, por medio da identificación con cada un dos tres bacoriños, aprende, dunha maneira sinxela que as persoas evolucionan e que medrar ten grandes vantaxes. Por iso é o porquiño máis vello quen finalmente vence o inimigo, combinando o esforzo, a intelixencia e a planificación racional. 

Os tres porquiños simbolizan a evolución e o progreso do ser humano, desde o estado de inmadurez, ata a condición de adulto, en que aprende a manexar os conflitos de forma intelixente. O neno é quen debe sacar as súas propias conclusións. 

Fiel á coñecidísima historia tradicional, o álbum presenta unhas imaxes sinxelas e divertidas co que o discurso visual resulta moi fácil de comprender. Helga Bansch, unha vez máis, dá claras mostras aquí da súa empatía co lector infantil, e xoga coa expresividade dos personaxes e cos pequenos detalles para enriquecer cada ilustración e estimularnos así a abrir o libro unha e outra vez. 

ISBN: 978-84-9871-050-2 
Nº de páxinas:36 
Encadernación: Cartoné 
Formato: 25 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger