sábado, 19 de xaneiro de 2019

"A MEIGA MARUXA E O ESQUELETE MANOLO" accésit Categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "A meiga Maruxa e o esquelete Manolo" de Paula Pérez Mouriño - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º e 6º de Primaria.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame
Nun lugar moi lonxano, na mansión da meiga Maruxa pasou esta historia.

Unha mañá, a meiga escoitou un aterrador e terrorífico ruído que viña do sótano. A meiga foi baixando cara el. Cada vez escoitaba máis ruído. Acercouse á habitación, abriu a porta e, de súpeto, apareceu un esquelete.

Intentouna asustar pero a meiga lanzou un feitizo e conxelou ao esquelete. A meiga colleuno e levouno a unha cova moi lonxana. Desconxelouno e o esquelete espertou tiritando de frío. Díxolle:

- Agora vas a vivir aquí.

O que non sabía a meiga, era que había máis esqueletes no seu sótano. Como non atopaban ao seu amigo, foron a buscalo. Finalmente chegaron ata a cova, e cando o atoparon loitaron contra a meiga e liberaron ao seu amigo.

A meiga enfadouse, pero logo falou con eles para chegar a un acordo. Enterraron o machete de guerra, e desde aquel día poideron vivir xuntos na mansión cunha soa condición: Que non lle volveran a dar nunca xamais un susto.

Pero non creades que aquí acaba a historia!!!

Desde ese día, todas as noites de Samaín, tanto a meiga como todos os esqueletes, saen a darlle sustos terroríficos aos neóns.

Que os creíades?

FIN.

MITOS GRIEGOS


MITOS GRIEGOS
Autora: María Angelidou 
Adaptación y notas: Miguel Tristán
Ilustraciones: Svetlin
Actividades: Sangiago Muras
Editorial Vicens Vives S.A.
Colección: Cucaña

Edad recomendada: +11 años

Género: Literatura Infantil - Narrativa

Los griegos de la antigüedad se explicaban el sentido de las cosas por medio de una serie de fascinantes leyendas que conocemos con el nombre de mitología. Aquellas viejas historias, que narraban grandes prodigios con un poderoso aliento poético, hablaban de dioses todopoderosos, héroes de corazón valiente y personas que se veían abocadas a la desgracia por culpa de las debilidades de su carácter.

Este libro es una buena muestra del extenso repertorio de la mitología griega. Sus paginas nos explican, entre otras muchas cosas, qué pasó con la caja de Pandora y con el caballo de Troya, porqué el rey Midas convertía en oro todo lo que tocaba, quiénes fueron Prometeo y el Minotauro, qué le sucedió a Orfeo cuando bajó a los infiernos y por qué el joven Ícaro se empeñó en volar como los pájaros con unas frágiles alas de caña y cera. El conjunto es, en fin, tan variado e intenso que resulta muy fácil comprender porqué los mitos han pervivido durante treinta siglos: porque, hoy como ayer, cumplen a la prefección su propósito, que es ilustrarnos sobre los vaivenes de la vida humana por medio de la emoción y la sorpresa.

El presente volumen constituye una inmejorable introducción al universo de la mitología. Recoge catorce mitos griegos, seleccionados entre los más famosos y atractivos, que han sido narrados con amenidad y sencillez, pero también con una evidente ambición literaria.

El libro cuenta con magníficas ilustraciones realizadas por el artista búlgaro Svetlín.

ISBN: 978-84-316-9065-6
Nº de páginas: 119
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 16 x 22 cm


venres, 18 de xaneiro de 2019

"UNHA MULLER MOI VALENTE" accésit categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "Unha muller moi valente" de Antía Portela Menéndez - 10 anos - 5ºB de primaria.

Galardoao cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Un día como todos, Carla ía pola rúa para ir facer a compra. Cando rematou, foi para súa casa. Un rato despois, apareceu un home alto, fraco, co pelo crecho e loiro o home preguntou:

- Como unha muller tan guapa por aquí? E tocoulle o cú á muller.

A muller enfadouse e dixo:

- Non volvas a tocarme o cú.

Pero él, tocoulle unha teta. E a muller moi enfadada e asustada díxolle:

- Mire vostede, non ten dereito a tocarme o cú nin as tetas, se velve a facelo chamo á policía.

O home seguiu andande e dicíndolle guarradas.

- Tí sabes o que é amor a primeira vista?

- Sinceramente sí, pero contigo non me pasou.

Esa noite a muller tiña medo de que ese home lle entrara na casa.

Ao día seguinte era o día do Samaín. O home levaba un traxe de momia zombi e asustou á muller. A muller tiña posto un traxe de noiva cadáver.

- Ata coa sangue de mentira, por todo o corpo estás guapísima. Murmurou o home.

- Porqué non me deixas en paz? Berrou ela.

- Porque a miña vida sen tí non ten sentido, tí es o corazón e o alma da miña vida, sen tí, morro. Despois, volveu tocarlle o cú e os peitos.

Ela escapou e chamou á policía. Tivo o valor suficiente para denuncialo.

A policía pasou uns días vixiando ao home, ata que viron como acosaba a Carla.

Metéronno no cárcere, que é onde deben estar, aínda que iso non pasa, e este tipo de homes seguen soltos por ahí.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

SOSALA


SOSALA
Autor: Carlos-Guillermo Domínguez
Ediciones, S.M.
Colección: Gran Angular

Género: Literatura Juvenil en Castellano - Narrativa

Acaba de morir Besay, rey de Tite-Roy-Gatra, hoy Lanzarote. Ante el Consejo de Ancianos, Besay, antes de morir, ha proclamado como su sucesor a Sosala, un niño todavía, al que había rescatado del humo y de la lava de un volcán. Sosala tiene que hacerse digno de su pueblo. Debe madurar en la lucha y el sufrimiento. Se retira al norte de la isla con unos cuantos seguidores fieles. Allí descubre el misterio del Gran Lagarto. Y cuando los fenicios, que ambicionan el múrice de la isla, se disponen a esclavizar a sus habitantes, Sosala es un paladín indiscutible en la lucha contra el invasor.

El niño se ha convertido en un joven, capaz de las mayores empresas. Va a necesitar toda su fuerza en la lucha por la libertad de su pueblo.

ISBN: 84-348-2218-0
Nº de páginas: 174
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 12,5 x 21 cm.

xoves, 17 de xaneiro de 2019

"A MINA MALDITA" accésit categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "A mina maldita" de Fernando Jácome Fragueiro - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º e 6º de Primaria.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria cos membros do xurado
Fai imoitos anos nun lugar moi lonxano, tres nenos chamados Xavier, Sofía e Manuel aos que lles gustaban moito as aventuras, foron a unha mina abandoada, que estaba cerca das súas casas.

Polo camiño traspasaron un bosque frondoso, con algunha casa abandoada.

Chegando á mina había uns carteis, onde poñían que a mina estaba maldita e que non se podía pasar.

Os nenos tiñan moito medo, pero aínda entraron. Dentro da mina había moitas arañas. O chan estaba moi escarpado. Era moi difícil baixar.

De repente, unha bandada de morcegos empezaron a voar contra eles, fixeron caer por aquel barranco a Sofía e a Manuel. O único que non caeu foi Xavier.

A bandada foise e Xavier foi baixando pouco a pouco. Sofía e Manuel estaban bastante feridos. Xavier baixou a pendente escarpada e.. os encontrou.

Xavier intentou chamar a ambulancia pero non había cobertura.

Xavier seguíu mais adiante para ver si había unha saída. Deixou atrás a Manuel e Sofía porque estaban en coma.

Xavier tiña moito medo pero de repente escoitouse un ruído moi estruendoso. Eran como pisadas grandes e fortes. Xavier escapou rapidamente.

Intentou subir aquela gran pendente escarpada, e logrou subila con moita sorte.

Foi rapidamente a súa casa e avisou a súa nai Xulia, pero Xavier igualmente, non se libraría dunha boa bronca.

Xulia chamou á policía.

Estiveron varios días buscándoos na mina pero non houbo rastro dos nenos.

E desde ese día nin Xavier nin ninguén volveron a entrar naquela mina maldita.

Fin.


FOLLAS DE CARBALLO


FOLLAS DE CARBALLO 
Autores: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Xurxo Chapela, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño, Ignacio Silva
Edita: A.C. Lumieira

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Un libro de autoría múltipla como este presenta a vantaxe da súa variedade, que nos permite confrontarmos estilos e temáticas diferentes, con historias ambientadas en épocas que van desde o recuado período medieval á actualidade, pasando polo século XVIII, nas cales están presentes os motivos habituais na vida e na literatura: amor, erotismo, morte, saudade, loita, memoria, música, etc.

Na maior parte delas latexa a presenza da Galiza como espazo en que transcorren os feitos narrados, mais tamén a xeografía bergantiña serve de marco espacial, como non podía ser menos, para as aventuras dunhas personaxes que se moven por Carballo, Malpica, Razo, Baldaio ou Caión, entre outras localidades tan características e definidoras do ser e da esencia bergantiáns. Sen faltares, claro está, outros espazos de contraste - Terra de Fóra, París- que precisamente veñen a reforzar a centralidade do noso país nestes relatos, entre os cales hai, con todo, algún que sitúa os feitos en Madrid ou noutro espazo xeográfico indeterminado.

É a lingua, de todos os xeitos, a que marca a galeguidade dos textos recompilados neste volume e a que os insire nun sistema literario galego cada vez máis consolidado e firme, ao cal viñeron contribuíndo de forma destacada os escritores bergantiñáns e hoxe contribúen de xeito singular os autores e a autora desdes relatos.

ISBN: 978-84-615-5182-8
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 20,5 cm.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

"O MEU LUGAR SOÑADO" accésit categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O meu lugar soñado" de Laura Martínez Costas - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Fai moitísimos anos, nunha gran montaña do norte, vivía nunha cova un enorme fénix. Era enorme!! Tiña unhas enormes e longas ás, moi brillantes que eran de cor amarelas e vermellas. O seu pico era puntiagudo e de cor laranxa.

Un día, cando o fénix espertou saiu da cova e púxose a voar. Mentres voaba, viu un unicornio. Voou cara el, con toda rapidez. O unicornio viuno e botouse a correr. Cando estaba a piques de collelo, desapareceu entre unhas montañas.

Un ano despois, no chan da montaña construírase un fermoso pobo.

Un dia que o fénix baixara do alto da montaña, viu o pobo. Ao velo, intentou esconderse para uqe non o descubriran, pero unha persoa do pobo, que era cazador, viuno e avisou a todos os habitantes do pobo.

Decidiron ir a cazalo cando fora noitiña.

Cando chegou a hora, dirixíronse cara a montaña.

Un deles levaba unha radio que soaba con esta canción:

Vamos a cazar
a un animal matar.
Vamos a cazar
para poder descansar.
Cunha lanza, o mataremos
e así feliz descansaremos.

O fénix viunos vir e saiu da cova. Botouse a voar e dirixiuse onde desaparecera o unicornio.

Ao chegar ocurriu algo sorprendente!! Abriuse a montaña e el, moi despacito, traspasouna. Quedou abraiado ante esa fermosa paisaxe: verdes montañas, fermosas árbores froiteiras de distintas cores, unicornios cos seus cornos relucentes, pequenos gnomos, diminutas fadas que facían piruetas mentres voaban e sapos parlanchíns, simpáticos e alegres.

Era indescriptible! Nunca pensaba que podía existir un lugar tan marabilloso e desde ese día supo onde quería vivir.

Esperemos que nunca xamais o atopen os humanos.

Fin.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Convocado o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Como un máis dos actos que a EGAP organiza para honrar as letras galegas e a Antón Fraguas Fraguas convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.

Participantes: poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Contido: os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Premios: en cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:

CategoríasDe 9 a 11 anosDe 12 a 14 anos
1º premio250 euros250 euros
2º premio200 euros200 euros
3º premio150 euros150 euros

Presentación de solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR775A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo: desde o 12 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2019.

Máis información no DOG do 11 do xaneiro.

Dende BIBLIOPAZOS animámosvos a participar.

Fonte: Web da EGAP

BASES "II PREMIO MARÍA VICTORIA MORENO DE LITERATURA XUVENIL"

A editorial URCO EDITORA e o Concello de Pontevedra acaban de convocar o

II Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil



De seguido publicamos as bases desta nova edición:
  1. A finalidade deste certame é escoller a obra narrativa destinada a público xuvenil a editar con motivo do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril de 2019.
  2. Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.
  3. Os orixinais presentaranse en formato .PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo.
    Os orixinais irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade da persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior só o título ou lema da mesma.
    Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos as persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
  4. As Bases Reguladoras serán as dispostas na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Pontevedra aprobada polo Pleno municipal de data 17 de setembro de 2004, e publicada nol BOP de Pontevedra nº 190 de data 20 de setembro.
  5. A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros que abonará o Concello de Pontevedra a través do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
    Urco Editora, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguintes cinco anos á concesión do premio.
    A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados da explotación da obra. Asemade, será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición.
  6. O prazo de será dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia ata o día 31 de xaneiro de 2019 e os orixinais deberán entregarse na sede de Urco Editora, na Rúa do Avío, 11 baixo – 15705 Compostela, por correo postal ou mensaxería, sen que consten no exterior datos identificativos da persoa autora.
  7. O Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, unha persoa representante do Concello de Pontevedra, unha alumna ou alumno representante do IES Torrente Ballester de Pontevedra, unha persoa representante de Urco Editora e a persoa que resultase gañadora na edición anterior.
  8. O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
  9. Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
  10. As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así o seu anonimato. As persoas autoras das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en contacto con Urco Editora para trataren o tema da publicación.
  11. A participación neste premio implica a aceptación incondicional das súas regras, así como o recoñecemento da decisión final do xurado como irrevogable.
  12. Serán por conta da persoa premiada todos os impostos que graven a percepción do premio.
    De conformidade coa vixente lexislación española, o premio obxecto deste Concurso estará, suxeito a retención do IRPF, que será asumido pola persoa gañadora.
    As demais repercusións fiscais que a obtención do premio teña na fiscalidade da persoa premiada, será por conta desta, polo que o Concello de Pontevedra queda exonerado de calquera responsabilidade ao respecto.
    Os pagamentos realizaranse contra documento fiscalmente recoñecido en calquera dos tres idiomas seguintes: galego, castelán ou inglés.

DIARIO DUN REPUNANTE


DIARIO DUN REPUNANTE
Autor: Xosé Manuel Pereiro Sánchez
Ilustrador: Javi Prieto
Edita: Luzes. Xornalismo que conta, S.L

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
Estes artigos de Xosé Manuel Pereiro lidos así, todos xuntos e seguidos veñen dar na reflexión da relación intima que existe entre as ideas e a retranca. Para profundar sobre a esencia da retranca, ese elemento discursivo que vai moito máis aló da ironía e que ven dar no signo diferencial que di dos galegos que o somos, hai que botar man destes artigos. O camiño do particular anecdótico ao universal, o uso das citas ilustres coma o recurso de "pasoulle coma aquel que...", son estratéxias literarias que enchen os textos de físgoas polas que o lector chega á comprensión cabal. A ese "xa che mo parecía a min" do lector satisfeito. En fin, que o día no que se inventou o mundo X.M.P. estaba alí e agora, coma nesas historias de textos atopados no máis poeirento e escuro andel dun alfarrabista, damos nós co seu diario e iso sempre agacha un tesouro para o lector.
- Xabier P. Docampo
ISBN: 978-84-947545-1-7
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21,5 cm.

martes, 15 de xaneiro de 2019

"O PITO QUE APRENDEU A LER" accésit categoria C: 5º/6º Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O pito queu aprendeu a ler" de Diego Domínguez Costas - 10 anos - 5ºA de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Nunha mañá de verán, no galiñeiro dunha granxa, naceu un pito de cor amarelo coma o sol.

Ese pito non era normal, aínda que era un tanto curioso. De todo o que pasaba na granxa él enterábase ao instante, sen excepción. A parte de ser tan metomentodo, outra das súas cualidades era a súa experiencia en meterse en líos. Unha vez, cruzou polo medio dun campo cheo de touros furiosos para chegar ata unha miga de pan, e xa prefiro non contar o que fixo o granxeiro para salvalo. Pero, a mellor das súas cualidades, sen dúbida, era a súa gran intelixencia.

Tal era, que, cando lles daban de comer millo, él o liimpaba e o puña nun prato. Xa pasados dous anos, o seu avó, o galo, prometeulle que lle aprendería a ler.

Uns días despois, o pito, impaciente, quería ler un libro xa. Pero o seu avó díxolle que primeiro tiña que aprender o abecedario.

O primeiro día aprendeu da "a" ata a "d". O segundo, da "d" ata a "g", e así un día tras outro ata chegar a "z". Cando xa o tiña aprendido, o seu avó díxolle que tamén necesitaría aprender as normas ortográficas. Dúas semanas despois, cando o pito xa sabía o abecedario, e todas as normas ortográficas as tiña aprendidas, o seu avó deulle un libro. Cando o pito comezou a lelo, as portas da imaxinación abríronse ante él.

Cada día leía máis rápido e mellor, e aumentaban as súas ansias de ler. Pasado un mes, o día un de outubro, leu corenta libros, sen incluír a enciclopedia nin unhas cantas biografías. Non paraba de ler, cada día máis, ata que colleu un libro de inglés, el non entendía nada, e foille preguntar ao seu avó. O avó contestoulle que existían moitos idiomas. En canto escoitou iso, o pito púxose a estudiar máis, e vinte anos despois converteuse no máis listo do mundo.

Fin.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger