sábado, 18 de novembro de 2017

SOMOS IGUAIS - CONTOS POLA IGUALDADE


O próximo Xoves 23 de novembro o Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Servizos Sociais desenvolve o contacontos SOMOS IGUAIS, levado a cabo por RAQUEL QUEIZÁS no Auditorio do Concello.

Esta actividade atópase dentro do Proxecto “E eu que fago pola igualdade” en colaboración co CIM do Concello de Soutomaior e é financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

O contacontos está destinado ao alumnado de educación infantil e primaria do CPI Curros Enríquez deste concello, en total 169 nenas e nenos. 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

“As sementes da violencia seméntanse nos primeiros anos de vida, cultívanse e desenrólanse durante a nenez e comezan a dar os seus froitos malignos na adolescencia”.

Precisamos, a través dos contos, mostrar ás nenas e ós nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que SOMOS IGUAIS; nenas fortes, nenos sensibles.

Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emocións alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de ensinar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar un entorno ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así poderemos cambiar o que non funciona. 


SOMOS IGUAIS 

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas á palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

Desmontemos cos contos eses estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos. 

AS NENAS 

As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reprodutivo, a súa delgadeza, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia, asertividade, creatividade e capacidade crítica ou de liderazgo. 

OS NENOS 

As emocións non son só cousas de nenas… É moi importante que os nenos aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero, que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xere agresividade e violencia: “os nenos non choran”, “iso é cousa de nenas”…


ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS


ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS
Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo
Editorial A Nosa Terra
 
Xénero: Biografías
 
Caderno monográfico editado en Outubro de 2002 onde relata a vida do homenaxeado escritor nese ano do Día das Letras Galegas no que revisan a súa obra.
 
ISBN: 84-95350-73-4
Nº de páxinas: 63
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 11,5 x 17,5 cm
 
 


venres, 17 de novembro de 2017

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS


Desde a Concellería de Servizos Sociais envíannos a seguinte información que publicamos desde á biblioteca para difundir entre as nosas/os seguidoras/es, usuarias/os e a poboación en xeral: 

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS 

O Concello de Pazos de Borbén adheriuse este ano 2017 á campaña “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”, dentro da programación que vai desenvolver en relación ao prevención da violencia de xénero e fomento da igualdade.

Neste enlace pódese atopar mais información sobre a campaña:


Fundamentación da campaña: 

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades, etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc.—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización En negro, contra as violencias, e formaron parte da acción: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas. Este ano xa somos máis de cincuenta os concellos que queremos situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas. 


Na actualidade, e neste ano 2017, hai 75 concellos e máis de 3.300 establecementos e axentes sociais que participan na acción nun mes de novembro para seguir sumando.

SÚMATE TI TAMÉN CONTRA AS VIOLENCIAS



El SEÑOR DE LAS SOMBRAS - Cazadores de sombras - Renacimiento


EL SEÑOR DE LAS SOMBRAS
Cazadores de Sombras: Renacimiento - Libro 2
Autora: Cassandra Clare
Traducción: Patricia Nunes
Editorial Planeta S.A.
Destino Infantil y Juvenil 

Género: Literatura Juvenil - Novela fantástica 

La esperada continuación de Lady Midnight. Pasión glamour y criaturas diabólicas. 

En el mundo de los cazadores de sombras, hay una ley inquebrantable: Nunca te enamores de tu parabaratai. 

Emma Carstairs ha descubierto que sus sentimientos por Julian no solo están  prohibidos, sino que incluso pueden tener consecuencias destructivas a mayor escala. Debe alejarse de él, ha de enfriar sus sentimientos. Pero ¿Cómo hacerlo justo en el momento en que Julian la necesita más que nunca? 

Su única esperanza es el Libro Negro de los Muertos, un compendio de hechizos con un terrible poder. Todos lo quieren, pero solo los Blackthorn pueden encontrarlo. Inmersos en una aventura colmada de magia y engaños, en su camino se cruzará el poderoso Señor de las Sombras: misterioso e impredecible, puede ser tanto un excelente aliado como el peor enemigo al que se hayan enfrentado. A medida que los peligros recrudecen, Emma, Julian y sus compañeros comprenderán que lo que está en juego no son sus vidas, sino el equilibrio entre los mundanos y los cazadores de sombras.

Todo es posible cuando se abren las puertas de lo prohibido. 

ISBN: 978-84-08-17628-2
Nº de páginas: 688
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Formato: 16 x 22 cm

REMUIÑOS


REMUIÑOS
Poesías para nenos
Autor: Sebastían Paz Suárez
Ilustracións: Ana Costas
Editorial Toxosoutos S.L.
Colección: Nume

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Poesía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

O autor trata con estos poemas de inculcarlles aos nenos unha educación en valores e que saquen destas poesías os seus sentimentos, emocións e sensibilidade.

ISBN: 978-84-945483-9-0
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 20 cm


xoves, 16 de novembro de 2017

PASAJE A TAHITÍ


PASAJE A TAHITÍ
Autora: Eva García Sáenz de Urturi
Editorial ESPASA
Colección Narrativa

Género: Literatura en castellano - Novela histórica

Dos hermanos mallorquines y la hija de un cónsul inglés fundarán el imperio de las perlas cultivadas en el Tahití de 1890.

1890. Bastian y Hugo Fortuny parten a Tahití en busca de una oportunidad después de perder su trabajo como sopladores de vidrio en su Mallorca natal. Durante la travesía conocen a Laia Kane, la hija de un cónsul inglés corrupto en Menorca al que han desterrado a la isla de la Polinesia. Este encuentro marcará la vida de los hermanos Fortuny y de Laia para siempre.

1930. Denis Fortuny, el heredero del imperio de las perlas de lujo en Manacor, decide viajar a Tahití para averiguar el misterio que se oculta tras sus primeros años de vida.

Una historia épica de amor, superación, lazos familiares y secretos con el telón de fondo del Tahití colonial y el fascinante origen de las perlas cultivadas.

ISBN: 978-84-670-4125-5
Nº de páginas: 480
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Rústica con solapa


POEMAS CORUÑESES

POEMAS CORUÑESES
Antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre A Coruña
Edicición de Henrique Rabuñal Corgo
Ilustración da cuberta:Urbano Lugrís
Edicións Espiral Maior S.L., 2008

Xénero: Literatura Galega -Poesía

Rosalía de Castro, Pondal, Curros, Novoneyra, Avilés de Taramancos, Carré Aldao, Luisa Villalta, Luz Pozo Garza o Darío Xohán Cabana... Son algúns dos autores que escribiron diversos textos líricos sobre A Coruña durante los últimos séculos. Algúns destos versos aparecen agora recolleitos no libro Poemas coruñeses.

No subtítulo deste libro aparece Antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX que serve para conmemorar os oitocentos anos da fundación da cidade de A Coruña.

Henrique Rabuñal, deixou constancia baixo un arduo labor recollidos os mellores poemas da nosa literatura que nombran a cidade Herculina.

ISBN:978-84-396475-85-4
Nº de páxinas:95
Encadernación:Cartoné
Formato: 15 x 23,5 cm

mércores, 15 de novembro de 2017

SELFIES


SELFIES
Autor: Jussi Adler-Olsen
Traducción: Juan Mari Mendizabal

Maeva Ediciones, 2017

Género: Literatura en castellano - Novela de intriga

El séptimo caso del Departamento Q, un auténtico rompecabezas para Carl Mørck y su asistente equipo.

Ellas son jóvenes, guapas y viven de las subvenciones estatales. Su único sueño es convertirse en las estrellas de un reality show famoso.

Pero lo que no se pueden imaginar es que son el blanco de una persona desequilibrada cuyo objetivo es eliminarlas de una en una.

Al inagualable trío de investigadores del Departamento Q, compuesto por el cínico inspector Carl Mørck y sus fieles Assad y Rose, se ha unido Gordon, que será decisivo en esta investigación. El equipo debe reaccionar con suma rapidez si quiere evitar que su departamento, acusado de no ser lo suficientemente rentable, acabe cerrado y liquidado.

Además, Rose, a quien necesitan más que nunca, se hunde en la desesperación, asaltada por los fantasmas de su pasado.

Un nuevo thriller vibrante y muy bien construido del autor danés más vendido de todos los tiempos, que encantará a los fieles seguidores de la serie y cautivará a los que aún no la conocen. 

ISBN: 978-84-17108-14-4
Nº de páginas: 496
Encuadernación: Tapa blanda


MOBBING: MANUAL DE AUTOAYUDA


MOBBING: MANUAL DE AUTOAYUDA
Autor: Iñaki Piñuel y Zabala
IÑAKI PIÑUEL Y ZABALA
Santillana Ediciones Generales S.L., 2003

Género: Autoayuda y superación

Esta obra de Iñaki Piñuel da respuesta a las preguntas que preocupan a las víctimas del mobbing y a sus familias. Pretende ser una guía o manual de primeros auxilios psicológicos para quienes sufren esa dura situación de crisis personal y profesional.

En estas páginas se describe de forma global qué es y cómo funciona el acoso psicológico en el trabajo, se tratan cuestiones relativas a cómo escapar de este proceso y neutralizar las secuelas psicológicas que lo acompañan, se abordan estrategias terapéuticas para ayudar a las personas a liberarse de la culpabilidad y recuperar la autoestima y, finalmente, se analizan los problemas de organización que favorecen el mobbing y se describen útiles estrategias para evitarlo.

El viaje que se propone al lector le implica emocionalmente en vivencias que le ayudarán a salir adelante y superar el mobbing con decisión, dando la batalla personal.

ISBN: 978-84-03-09380-2
Nº de páginas: 264


martes, 14 de novembro de 2017

"CUENTOS VIOLETAS..." - Animación á Lectura con OLGA CUERVO

https://www.dropbox.com/s/ymrqgv17jhxwn4o/2017-11-22%20CUENTOS%20VIOLETAS%20-%20OLGA%20CUERVO%20-%20Bandera%20Asturias2.jpg?dl=0

Continuamos coas actividades de animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos  con novas propostas.

Desta vez,  o próximo Mércores, 22 de novembro, na Sala de Lectura ás 13:00 horas, tócalle de novo o turno á actriz e contacontos asturiana OLGA CUERVO co seu espectáculo

“CONTOS VIOLETAS PARA NENOS E NENAS DE TODAS AS CORES"

co que conmemoraremos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebra en todo o mundo o día 25 de Novembro de cada ano.

Ese día estarán con nós os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da FundaciónFilomena Rivero Alonso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
 
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!!

VICUS. Un lugar do común


VICUS. Un lugar do común
Autor: Beto Luaces
Edicións Bolanda S.L.
1ª edición, 2017

Xénero: Literatura Galega - Novela  negra

Cunha narración trepidante e unha historia a cabalo entre a realidade e a ficción, esta novela negra engaiola desde a primeira páxina.

O protagonista é un arquitecto vigués que nun momento transcendental da súa vida vese na obriga de resolver un problema derivado do pasado dos seus pais como emigrantes en Caracas.

Alí Senén Barreiro baterá co mundo da emigración galega e cun libro de sona e ben polémico na nosa literatura.

De regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.

Senén Barreiro, un arquitecto que vén de cumprir cincuenta anos, está a observar a paisaxe nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán, un arrabalde rural elevado de Vigo. Ás súas costas, está a se conformar a xuntanza familiar: é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante.

 Sen embargo, nesa mesma noite, acontece algo que vai mudar para sempre a historia da familia Barreiro e, por suposto, a súa. Daquela, Senén recibe un encargo, que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que o mundo da emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de manera oficial.

Un libro polémico rexorde e forma parte da trama durante aquela viaxe, se cadra, innecesaria. 

ISBN: 978-84-697-6073-4
Nº páxinas: 438 
Dimensións: 17 x 25 cm 
Encadernación: Rústica

CINCO HORAS CON MAURO


CINCO HORAS CON MAURO
Autor: Pere Tobaruela
Ilustrador: Andrés Meixide
Edicións Embora

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Mauro estaba farto de que catro compañeiros de clase lle fixeran a vida imposible. E decidiu solucionalo á súa maneira. Nunca antes estivera tan convencido de botar un plan adiante. Faríao pasase o que pasase.

Por iso aquela tarde sería diferente. Aínda que a Mauro non lle pasara pola cabeza que puidese chegar a selo tanto.

-Pensaba que isto só pasaba nos libros, nas pelis ou nos videxogos -dixo en voz alta.

Temática: Acoso escolar.

ISBN: 978-84-16456-18-5
Nº de páxinas: 81
Formato: 12 x 20 cm
Encadernación: Rústica


luns, 13 de novembro de 2017

SIN LIMITES

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger