sábado, 17 de marzo de 2018

APUNTES SOBRE MI PASO POR EL INVIERNO


APUNTES SOBRE MI PASO SOBRE EL INVIERNO
Autor:  Marwan
Ilustracción: Martín Acosta 
Frida Ediciones

Género: Literatura - Poesía

"Este es mi segundo libro, mi quinto disco, mi tercera vida, mi sexto piso".

"Es la primera vez que junto canciones y poemas.[...] Supongo que he escrito este disco-libro para poner en orden todo lo que se me quedó desordenado en "Las cosas que no pude responder" y "La triste historia de tu cuerpo sobre el mío".

"Escribir es un modo de poner en orden los sentimientos aunque ponerlos en orden no significa que no duelan.[...] Pero ha sucedido algo al escribir este libro y es que el simple hecho de traer una maraña de emociones tan lejanas hasta el papel,. el simple hecho de revivirlo con distancia me ha hecho ver y entender mejor muchas cosas y quien entiende tiene mayor capacidad de recolocar, perdonar y seguir adelante con menos peso encima."

"Esta es la historia de alguien más ligero y vuelve a ser la historia de un niño triste pero de un hombre feliz".

Incluye un CD acompañando la letra de sus poemas...

Pasate por BiblioPazos para recoger tu ejemplar. 

ISBN: 978-84-945162-3-8
Nº de páginas: 92
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 14,5 cm

NOITES NO MAR


NOITES NO MAR
Autor: Gerd Fuchs
Traducción: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Un grupo de estudiantes dun conflictivo barrio de Hamburgo realiza unha viaxe de fin de curso a Holanda. Todos quedan sorprendidos cando se decatan de que tamén se apunta á excursión Scheer, un compañeiro xa maior que se move en ambientes delictivos e que a penas asiste a clase. 

Easy, unha rapaza de catorce anos, séntese fortemente atraída por Scheer. E mesmo parece que este lle corresponde. Pero, xa en Amsterdam, Easy decátase de que Scheer busca outra cousa.

"Noites do Mar é unha novela narrada nun ton realista e moi persoal por unha adolescente que non ten unha vida fácil. A procura do amor é un dos seus temas principais. Pero tamén están presentes outros como as tentacións marxinais que asedian a moitos rapaces novos con problemas familiares e económicos". 

ISBN: 84-8288-146-9
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm

venres, 16 de marzo de 2018

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA

 

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
Autora: María Victoria Moreno
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección: Crónica

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Neste libro recollense as experiencias e reflexións que viviu Maria Victoria Moreno como enferma de cancro de mama.

A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Adentrarse nestas páxinas coraxudas, enchidas, paradoxalmente, de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convidou María Victoria Moreno.

Unha obra da autora María Victoria Moreno recentemente galardonada co Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-9782-233-6
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Rústica
Formato: 14,5 x 22 cm



O PEQUENO NICOLÁS


O PEQUENO NICOLÁS
Autor: Sempé  e Goscinny
Ilustracción: Sempé
Traducción: María Luísa Álvarez Santamarina
Editorial Santillana S.A.
Colección: Alfaguara Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A vida no colexio supón unha etapa importante e frecuentemente accidentada na pequena historia de calquera persoa, e Nicolás non é unha excepción: coñecerá novos compañeiros cos que pasará os mellores momentos, sacando, claro está, o tráxico día da entrega dos boletíns de notas...

ISBN: 84-204-5057-X
Nº de páxinas: 139
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21,5 cm

xoves, 15 de marzo de 2018

TODOS MIS FUTUROS SON CONTIGO


TODOS MIS FUTUROS SON CONTIGO
Autor: Marwan
Ilustracción: Martín Acosta

Editorial Planeta, S.A

Género: Literatura en Castellano - Poesía

La experiencia de un hombre que puede ser todos los hombres, un hombre a corazón abierto hablando sobre todo aquello que ama o le desvela.

Todos mis futuros son contigo es una autopsia emocional en toda regla, el diario sorprendido de alguien que tropieza con sus sentimientos y, asombrado, los comprende de inmediato. En ocasiones puede que dudes de si es poesía, prosa poética o frases lanzadas desde el fondo del corazón. No queda claro. Lo que está claro es que no te va a quedar ningún sentido intacto tras su lectura.Aquí hay poemas de amor, hay poemas que van desde el apego más romántico y suicida a otros que aseguran que el amor no es una forma de quemarse, sino un modo de tender puentes entre dos almas para que la felicidad pueda cruzar a pie de un corazón al otro. También hay desamor. Sea como sea, amor o desamor, te verás reflejado en cada línea.

Hay poemas que persiguen la justicia social con la misma determinación con que ciertos gobernantes aplastan a los pueblos, hay caídas, hay desvelos, homenajes, viajes al interior, hombres que no consiguen dar consigo y hombres que se escriben a sí mismos las cartas de amor que siempre se negaron. Vida, vida estallando en cada verso.

Yo subía las escaleras de su cuerpo,
ella se tiraba de mi abismo.
Hacíamos buena pareja.
Siempre nos encontrábamos a medio camino
de su caída y de mi ascenso
y daba igual todo, que subiéramos o bajáramos.
Lo importante era que en algún punto,
aunque fuera breve,
ella y yo no encontrábamos.
Eso es la poesía.

ISBN: 978-84-08-14772-5
Nº de páginas: 239
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13,5 x 20 cm

A ENCRUCILLADA DA TORRE


A ENCRUCILLADA DA TORRE
Autor: Xosé Ramón González Álvarez
Ilustraccións: F. Mantecón 
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

A Encrucillada da Torre é unha novela que non nega a súa inspiración autobiográfica. Os propios recordos da infancia e da adolescencia son o material de que se vale o autor para ir reconstruíndo un mundo sen televisións nin videoxogos, sen ninguna autovía e con moi poucos coches.

É o mundo da posguerra na Galicia rural e vilega, rodeada de montes case selváticos polos que aínda pululan partidas guerrilleiras e patrullas da Garda Civil, un mundo no que nos rapaces alternan a estancia na escola coa participación nos labores agrarios e no que o contacto coa natureza forma parte dunha rutina cotiá que ten pouco de idílica.

O protagonista deste relato vai ser o observador privilexiado do transcorrer da vida nuns tempos tan cercanos na cronoloxía como paulatinamente afastados nos costumes e nos modos de vivir.

ISBN: 84-87126-84-7
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

mércores, 14 de marzo de 2018

"CONTOS DE TRÁS-OS-MONTES" CON VÍTOR FERNANDES - FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

https://www.dropbox.com/s/7lg21wvp9se664t/2018-03-16%20Cartel%20V%C3%ADtor%20Fernandes%20-%20Festival%20Atl%C3%A1ntica.jpg?dl=0

A segunda actividade prevista da participación do Concello de Pazos de Borbén no Festival Atlántica 2018 terá lugar este venres no Auditorio do Concello.

Este próximo venres 16 de marzo teremos connosco a

Vítor Fernandes
co seu espectáculo

‘Contos de Trás-Os-Montes’

na que será unha oportunidade para achegarse ata as historias dunha rexión veciña e ao mesmo tempo, descoñecida.

Haberá contos politicamente incorrectos, dos que se contan nas casas dos pobres que gozan facendo brincadeiras cos ricos, cos curas, co que sexa. Serán contos sen tempo e fóra do tempo, contos na atemporalidade da vida narrada nun recuncho do mundo que está Trás-Os-Montes.

13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52]
Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Portugués

O portugués Vítor Fernandes é nado na vila de Alfândega da Fé na rexión de Trás-Os-Montes. Este licenciado en Historia adentrouse no mundo dos contos grazas é Escola de Narraçao Oral Itinerante de Clara Haddad e desde aquela seguiu a se formar con mestres de todo o omundo. O seu repertorio está cheo de contos de amor, humor, vivacidade, astucia e emoción da tradición oral portuguesa. É un dos integrantes do grupo Contos na Eira, un proxecto que pretende avivar os momentos de convivencia dos tempos de outrora a través da transmisión oral de contos populares portugueses, lendas e cancións tradicionais.

Se desexas máis información sobre Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, o seu programa e os artistas convidados podes consultala na web http://festivalatlantica.com.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018


BOCARRIBEIRA



BOCARRIBEIRA
Autor: Ramón Otero Pedrayo
Editorial Galaxia S.A.
Colección  Dombate

Xénero: Literatura Galega - Poesía

Palabra exclusivamente oteriana, Bocarribeira é a verba-cifra do universo poético de Ramón Otero Pedrayo. Publicado por primeira vez no ano 1958 na colección de Brais Pinto, o poemario está transido de reverente emoción cósmica.

É terra no tempo, paisaxe. Enreixado de camiños que van do ledo ao triste, do presente ao pasado, polos que avanza o xogo da vida e da morte nun latexar vibrante de luces e sombras.

A obra dun gran poeta, imprescindible á hora de valorar a poesía galega do século XX.

ISBN:84-8288-811-0
Nº de páxinas: 69
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 22 cm



O APACHE BRANCO


O APACHE BRANCO 
Autor: Thomas Jeier 
Traducción: Xosé Reimúndez Fernández 
Ediciones SM
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

É a historia novelada dun pobo castigado pola intolerancia, o pobo apache, que como o resto das tribos de América do Norte víronse reducidas a reservas.

O autor narra as historia dun pequeno granxeiro (Santiago Mckinn) e a súa relación cos indios en primeira persoa que  cando tiña dez anos foi raptado por un grupo de apaches que matan o seu irmán. Sofre un periodo de adaptación para aprender a súa cultura e costumes. Así mesmo descobre que todo o que lle contaron sobre o salvaxismo dos apaches é falso.

O pequeno "Makina" non só asume a nova cultura, senón que renega dos brancos, facendo súa unha loita pola dignidade, pola defensa dunhas terras e dunha cultura que esta sendo borrada drasticamente. Finalmente cuando el grupo de Jerónimo se ve obligado a rendirse, se le fuerza a regresar con sus padres.

ISBN: 84-348-3432-4
Nº de páxinas: 141
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

martes, 13 de marzo de 2018

CONTOS DE SANTOS E NADAL

 

CONTOS DE SANTOS E NADAL
Autor: Ramón Otero Pedrayo
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Publicados postumamente, estes contos de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) amplían e arrequentan a visión dun xeito heroico de concebir a vida, unha melancolía serena que, xunto a un estilo persoal e inconfundible, amosan unha sempre nova e poderosa orixinalidade.

Un autor excepcional. A forza e a tenrura na interpretación da realidade confirman ao autor coma mestre senlleiro da nosa narrativa contemporánea.

ISBN:978-84-8288-608-4
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm



CON AROA, O ÚLTIMO VERÁN

 
 
CON AROA, O ÚLTIMO VERÁN 
Autor: Xurxo Chapela 
Sotelo Blanco Edicións S.L.
Colección: Docexvintedous

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Cando Alberte decidiu marchar para o Courel cura-la tise (ou a neura), quen ía a pensar que ó volvelo  a ver tería eu moito que contarlle. Porque, ¿podes imaxinar que a rapaza dos teus soños entre de repente pola porta do teu pub favorito? E, ademais, ¿a quen se lle vai ocorrer que, aínda por riba, haxa posibilidades de que che faga caso?

Si, ho, si que mire para ti e escoite o que dis. Que te murmure na orella... !e che aloumiñe a caluga! Incrible, ¿non che parece? ¿Quen me ía dicir a min que no tempo dun verán a miña eterna mala sorte se ía derreter coma o xeo nunha copa de xenebra, lenta pero definitivamente?

A verdade é que non o dou entendido. Pero ¿quen pode saber por que as cousas acaban saíndo redondas? Así que, se mo preguntas algún día, só che vou poder contestar como din na miña terra: ¿Eu seino?

ISBN: 84-27824-344-5
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa branda

Formato: 13 x 21,5 cm

luns, 12 de marzo de 2018

LINGUAS LONGAS


LINGUAS LONGAS
Autor: Xavier López Rodriguez
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Mario, un vello conserxe, vese sorprendido por un mendigo que lle pide esmola chamándoo polo seu nome, coma se o coñecese de toda a vida.

Este feito estraño pero sen importancia aparente vai poñer a Mario no centro dunha feroz maquinaria de rumores e murmuracións.

Linguas Longas é unha novela sobre a incomprensión e a intolerancia das que son víctimas os vellos, sobre todo cando a súa conducta non se axusta por completo ás normas imperantes.

ISBN: 84-8288-201-5
Nº de páxinas: 117
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm

LA MANCHA DE PAUL KLEE QUIERE SER PIRATA

LA MANCHA DE PAUL KLEE QUIERE SER PIRATA
Autora: Violeta Monreal
Santillana Infantil y Juvenil, S.L
Colección Arte Travieso 

Género: Literatura Infantil - Cuentos

Edad Recomendada: A partir de 4 años

La mancha de Paul Klee quiere ser pirata para viajar al árbol de los deseos y pedirle algo muy importante. ¿Conseguirá hacer su sueño realidad?

Arte travieso es una colección para descubrir al artista que todos llevamos dentro...

ISBN: 978-84-9122-166-1
Nº de páginas: 27
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 22 x 22 cm

domingo, 11 de marzo de 2018

"TODA MULHER TEM A CABEÇA CHEIA DE HISTORIAS" CON TÂMARA BEZERRA - FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

https://www.dropbox.com/s/ik9263js8owjpzd/2018-03-13%20Cartel%20Tamara%20Bezerra%20-%20Festival%20Atl%C3%A1ntica.jpg?dl=0

Estréase a participación do Concello de Pazos de Borbén no Festival Atlántica, para a que temos preparado duas estupendas actividades para os escolares do municipio.

A primeira sesión terá lugar o martes 13 de marzo, a cargo da narradora

Tâmara Bezerra

que vai agasallar aos escolares co espectáculo

‘Toda mulher tem a cabeça cheia de historias’

Trátase dunha función que inclúe tanto contos da tradición como contos de autor. En todos os enredos está presente a figura forte dunha narradora de historias e, ademais, os contos posúen a estrutura dunha matriz tradicional herdada da oralidade.

13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52]
Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Brasileiro


https://www.dropbox.com/s/800toq2cdwkgsyx/Tamara%20222.jpg?dl=0
A narradora e escritora Tâmara Bezerra natural de Orós, estado de Ceará (Brasil) é graduada social especializada en Arte-Educación. Posúe un mestrado en Educación Intercultural pola Universidade de Lisboa, con investigación en contos de tradición do deserto brasileiro. Ten unha ampla traxectoria nas narrativas literarias dentro e fóra do Brasil, cunha forte influencia da poética da tradición oral. Tamén desenvolve habitualmente unha intensa actividade como buscadora de contos populares e formadora de narradores e mediadores de lectura. No eido literario, alén de títulos infantís, ten publicacións sobre narración de historias e mediación de lectura. É, ademais, membro do ‘Grupo de Estudos, Pesquisas e Partilhas com narrativas: Costureiras de Histórias’ de Fortaleza, Brasil. 

Se desexas máis información sobre Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, o seu programa e os artistas convidados podes consultala na web http://festivalatlantica.com.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger