sábado, 29 de decembro de 2018

LA PIEDRA DE LA CIMA


LA PIEDRA DE LA CIMA
Autor: Alejandro Jodorowsky
Ilustrador: François Boucq
Norma Editorial

Colección: Cara de Luna. El domador de olas

Género: Literatura en Castellano - Cómic

La poderosa imaginación de Alejandro Jodorowsky y la capacidad única de recrear mundos fantásticos de Fraçois Boucq se unen en Cara de Luna, unos de los trabajos más refrescantes y creativos de estos dos grandes autores de la historieta europea.

ISBN: 84-7904-565-5
Nº de páginas: 92
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 22 x 29,5 cm.

venres, 28 de decembro de 2018

PEPA A LOBA - Mulleres bravas da nosa historia


PEPA A LOBA
Autora: Ledicia Costas
Ilustradora: Eva Agra
Urco Editora

Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Idade recomendada: +9 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Xela é unha nena que ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira. A pesar de que á súa nai non lle chista nadiña esta idea, para a rapaza non hai nada mellor no mundo que sentar a carón da avoa e escoitar, unha e outra vez, historias sobre a nosa bandoleira, sobre Pepa a Loba, a muller afouta que a pesar de todos os obstáculos que a vida lle puxo diante, conseguiu ser a capitá dunha gavela de homes e axusar a quen o precisaba.

Xela nunca ten suficiente, sempre quere saber máis. E vós, queredes saber quen foi Pepa a Loba?

ISBN: 978-84-948755-9-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm.

xoves, 27 de decembro de 2018

A BALADA DOS UNICORNIOS


A BALADA DOS UNICORNIOS
Autora: Ledicia Costas 
Ilustradora: Mónica Armiño
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e demais proezas.

Ágata McLeod é unha das mellores alulmnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.

Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita ser cuartel que enfronta corvos e unicornios.

ISBN: 978-84-9121-405-2
Nº de páxinas: 191
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 22 cm.

mércores, 26 de decembro de 2018

CHOCOLATA


CHOCOLATA
Autora: Marisa Núñez
Ilustradora: Helga Bansch
Edita: OQO Editora

Idade recomendada: +5 años

Xénero: Literatura en Galego - Contos

Chocolata toma su baño diario en la laguna. Un día se entera de que en la ciudad hay una casa de baños, y decide salir de la selva con la intención de probarlos. Para no parecer tan salvaje, se compra un chándal y unas zapatillas deportivas con lucecitas, dispuesta a conocer la vida en la ciudad.



ISBN: 978-84-9871-483-8
Nº de páxinas: 36
Formato: 25,5 x 24 cm.
Encadernación: Tapa dura

martes, 25 de decembro de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO


A MELLOR SOPA DO MUNDO
Autora: Susanna Isern
Ilustradora: Mar Ferrero
Edita: OQO Editora

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz encendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida.

Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a agua a ferver para preparar unha sopa.

A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenoiras, froitos vermellos, cebolas, mes e outros moitos ingredientes para que bote na ola.

Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momeno e colaboran na preparación da cea.

Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen.

Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

ISBN: 978-84-9871-526-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm.

luns, 24 de decembro de 2018

O CASTELO REGADEIRA


O CASTELO REGADEIRA
Autor: Norberto
Ilustrador: Norberto
Edita: El patito editorial

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Escolma de páxinas pertencentes á serie "O Castelo Regadeira" que o debuxante Norberto Fernández realizou para a desaparecida revista de cómic Golfiño e coa que acadou grande éxito entre os lectores.

O álbum ofrece unha ampla selección de súas páxinas, dá boa conta do universo fantástico no que se desenvolvía a serie e permite achegarse a boa parte dos seus numerosos personaxes, entre eles, Xiana, a fermosa e sexy protagonista, e aos seus amigos Toxo e Tuxo, Gorxón, o Lobisneno ou Kuldina.

A selección permite albiscar o desenvolvemento narrativo da historia e mais o seu imaxinario, ateigado de matices, temáticas e acenos cómplices que afondan na dobre lectura, así como a calidade do debuxo dinámico, realista e cargado de detalles.

O Castelo Regadeira, presentase nunha edición moi coidada de 52 páxinas a todo cor, cun formato a gran tamaño para que os afeccionados e o novo público, disfruten con cada detalle das viñetas. Ademáis para a ocasión o autor debuxou unha portada exclusiva na que todos os seus protagonistas teñen un espazo.

ISBN: 978-84-612-0466-3
Nº de páxinas: 52
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 32 cm.

domingo, 23 de decembro de 2018

A MANSIÓN DOS PAMPÍN


A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Autor e ilustrador: Miguelanxo Prado
Edita: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Xénero: Literatura Galega - Banda deseñada

O igual que fixo con Pedro e o Lobo, Miguelanxo Prado adica o seu último traballo a un público adolescente.

O señor Indalecio Pampín e a sua familia prometense moi felices.

A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e un río.

Pero cando el, a súa amantísima esposa e os seus dous fillos adolescentes chegan a mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converterase no seu peor pesadelo.

Comeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic dos últimos anos...

ISBN: 84-85665-61-9
Nº de páxinas: 47
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 30 cm.




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger