CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
sábado, 12 de febreiro de 2022
LA MÚSICA DE LOS HUESOS
venres, 11 de febreiro de 2022
11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Imaxe da páxina web 11defebrero.org |
Hoxe 11 DE FEBREIRO DE 2022 conmemorase outro ano máis en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
Esta conmemoración celébrase co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero desde que a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 aprobou a Resolución A/RES/70/212 pola que decidiu proclamar o 11 DE FEBREIRO de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA; e convidou a a todos aos Estados Membros, a todas as organizacións e aos órganos do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a que celebren o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA de maneira apropiada, en particular a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.
Desde a ONU este ano 2022 trabállase para conseguir que as mulleres e as nenas formen parte da ciencia como axentes do cambio e céntrase no tema "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos", baixo o lema
"MULLERES E NENAS NA CIENCIA: AXENTES DE CAMBIO"
Se queres saber máis sobre a conmemoración deste día podes acceder ás seguintes páxinas web:
Imaxe da web 11defebrero.org |
Tamén podedes pasar pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén na que temos moitísimos libros sobre Mulleres, Nenas e Ciencia que podedes consultar aquí ou levar para ler na vosa casa e que seguramente vos poden ser de moita utilidade para coñecer a moitas mulleres que fixeron. Seguidamente deixovos algúns enlaces pero se queredes algo concreto soamente tedes que comunicar con nos e consultarnos:
- Pioneiras (1 e 2)
- Mujeres de ciencia. 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo
- 100 mujeres que cambiaron el mundo
- O valor das ideas: A precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruíz Robles
- Las chicas son de ciencias : 25 científicas que cambiaron el mundo
- Las chicas son guerreras : 26 rebeldes que cambiaron el mundo
- Científic@s
- Inventoras y sus inventos
- Marie Curie
- La liga de las Mujeres Extraordinarias
- Un Ronsel de ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño
H2... Oh!!! Pingas científicas
- ISBN : 978-84-9151-628-8
xoves, 10 de febreiro de 2022
LOS CRÍMENES DE SAINT-MALO
mércores, 9 de febreiro de 2022
PERRO APESTOSO
martes, 8 de febreiro de 2022
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN CONTA CUN PUNTO LIMPO MÓBIL PARA FAVORECER A RECOLLIDA AXEITADA DOS RESÍDUOS
- Evitar o vertido incontrolado de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
- Xestionar correctamente os residuos perigosos xerados no fogar.
- Reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar en vertedoiro.
- Fomentar os programas de sensibilización e formación ambiental.
- Aproveitar os materiais contidos nos residuos que son susceptibles dunha reciclaxe directa, conseguindo un aforro enerxético e de materias primas.
- Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos no medio natural e urbano do termo municipal.
- Pequena chatarra electrónica.
- Pequenos electrodomésticos.
- Pintura/bernices/disolventes.
- Aceites.
- Radiografías.
- Roupa.
- Xoguetes.
- Baterías/pilas.
- Bombillas/fluorescentes.