NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 8 de febreiro de 2022

O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN CONTA CUN PUNTO LIMPO MÓBIL PARA FAVORECER A RECOLLIDA AXEITADA DOS RESÍDUOS

O Concello de Pazos de Borbén implementou un punto limpo móbil, co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.

Esta actuación está subvencionada ao 100% ao abeiro da ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I), DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021.

Os obxectivos, contido e plan de actuación do proxecto é reforzar esas debilidades do sistema actual e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos e en concreto:

  • Evitar o vertido incontrolado de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
  • Xestionar correctamente os residuos perigosos xerados no fogar.
  • Reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar en vertedoiro.
  • Fomentar os programas de sensibilización e formación ambiental.
  • Aproveitar os materiais contidos nos residuos que son susceptibles dunha reciclaxe directa, conseguindo un aforro enerxético e de materias primas.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos no medio natural e urbano do termo municipal.

Entre os beneficios ambientais derivados dos obxectivos anteriormente citados, cabe salientar que se evita o vertido de pilas, aceites e outros residuos perigosos, cuxos materiais provocan unha contaminación do medio e de cursos de auga se non se recollen de maneira controlada, e segundo a situación do Concello de Pazos de Borbén, conta con gran cantidade de ríos : Río Borbén, Río Louro, Río Barragán o cal conta con unha inportante senda de 17 km, Río Pequeno e o Río Alvedosa. Con elo paliaríamos a posible contaminación destas masas de auga. Ademais evitaríanse os vertidos incontrolados, por exemplo no monte, que supoñen unha importante perda de recursos paisaxísticos.

Adquiriuse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se vai a colocar en diferentes sitios do concello, segundo un calendario preestablecido ou da demanda que poida existir nun momento dado, para que a xente saiba que pode acudir a depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata outros puntos limpos situados fora do noso concello.

Este punto limpo móbil tería diferentes compartimentos:

  • Pequena chatarra electrónica.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Pintura/bernices/disolventes.
  • Aceites.
  • Radiografías.
  • Roupa.
  • Xoguetes.
  • Baterías/pilas.
  • Bombillas/fluorescentes.

O calendario é o que se indica na imaxe que podes descargar facenco clic AQUÍ.

Máis información na web do concello: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger