Autor: Beto Luaces
Ediciones Bolanda
Género: Literatura Galega - Novela
Un lugar afastado é a terceira entrega da serie de novela negra denominada Vicvs e iniciada co libro Un lugar do común. Aquela primeira novela foi o quilómetro cero da histoira ideada por Beto Luaces.
Na segunda novela, titulada Un lugar aquelado, o protagonista principal era o detective privado Manuel Peixoto, amigo inseparable de Senén Barreiro e a trama atinxira o mundo da conserva viguesa. Era o seu primeiro caso importante como investigador privado, logo da súa expulsión da Policía Local viguesa.
Nesta terceira entrega, Catarina Barreiro asume un rol moi destacado, aínda que Manuel Peixoto continúa a ser o protagonista principal.
A sua vida mudou moito. Tanto, que está moi descolocado, mais o que non mudou foi que continúa coa súa actividade profesional de investigador privado e a trama lévao, novamente, cara á serra do Suído para descubrir a existencia dun personaxe mítico e uns macabros imitadores...
E, por suposto, a cidade de Vigo segue a estar moi presente na trama como un personaxe máis.
ISBN: 978-84-18176-28-9
Nº de páxinas: 430
Formato: 18 cm x 25 cm
Encuadernación: Tapa branda