sábado, 25 de novembro de 2017

PALABRAS DO MAR


PALABRAS DO MAR
Autor: Antonio García Teijeiro 
Ilustrador: Xosé Tomás
Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Palabras do mar forma parte dunha triloxía de poemarios sobre o mar que o autor publica en tres editoras galegas diferentes. No caso do editado por Embora, o libro inclúe fermosísimos poemas oníricos sobre os elementos marinos e os sentimentos que estes provocan.

ISBN: 978-84-16456-03-1 
Formato: 21 x 21 cm
Páxinas: 40
Encuadernación: cartoné

DADÁ, O AMIGO INVISÍBEL


DADÁ, O AMIGO INVISÍBEL
Autor: Xavier Frías Conde
Ilustracións: Silvia Novoa
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 10 anos

Pero quen vai tomar en serio un neno que di que ten un amigo invisíbel?

Iso é moi vello e de sempre é unha fantasía... mais, o que acontece é que este amigo, malia ser invisíbel, move cousas, cambia outras de sitio e, incluso, imparte xustiza.

Un libro marabillosamente invisíbel. Ou non.

ISBN: 978-84-9151-023-9
Nº de páxinas: 122
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 20 cm


venres, 24 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE
XÉNERO

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade. Unha tarefa conxunta, que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación.

Dende o Concello de Pazos de Borbén queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento ás violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.

Ademais de reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen a exerce e da complicidade de quen as silencia.

ALÉN DA DESVENTURA


ALÉN DA DESVENTURA
Autor: Xavier Alcalá
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero:  Literatura Galega - Novela 

XVII Premio Blanco Amor de novela de 1998

Álen da desventura é unha novela de intriga e aventuras situada na época da Ilustración.

Polas súas páxinas transcorren vidas de persoas e pobos arrastrados polos conflictos entre as grandes potencias navais, así como por debates aínda hoxe non resoltos. 

Unha gran novela coa que Xavier Alcalá ganou o Premio Blanco Amor de 1998.

ISBN: 84-38288-188-4
Nº de páxinas: 334
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

xoves, 23 de novembro de 2017

MÁIS CONTOS EN CANTOS


MÁIS CONTOS EN CANTOS
Autor das letras: Almudena Janeiro 
Ilustración portada: Borja Guerrero
Ilustracións interiores: Varios autores
OQO  Editora
Colección: Q son 

Xénero:  Belas Artes - Música

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.

Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano con A voda de Galo Pinto e outras moitas máis... 

Contén as cancións: 1.- Chocolata 2.- A mellor sopa do mundo 3.- A voda do galo pinto 4.- A máscara do león 5.- Cocorico 6.- A figueira de pelostortos 7.- Maruxa 8.- Carabuñas 9.- Picurruchos 10.- A princesa do caurel 11.- Chega un avión! 12.- Corre corre, cabaciña 13. Nariz de Ouro 

ISBN: 978-84-9871-548-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 25,5 x 24 cm

O BOSQUE PÁLIDO


O BOSQUE PÁLIDO
Autor: Jaureguizar
Ilustracións: José Ángel Ares
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L.
Colección: O que leo Narrativa serie azul

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 12 anos

Para que mellore o seu inglés, os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde os seus habitantes viven coma no século XVIII.

Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desta sociedade.

O Bosque Pálido amosa que a forza do amor pode superar o rexeitamento ao diferente e mesmo a morte.

ISBN: 978-84-939712-9-8
Nº de páxinas: 59
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 14,5 x 20,5 cm


mércores, 22 de novembro de 2017

QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA


QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA
Ilustradores: Maxine Davenport e Cindy Roberts
Engaiolarte Edicións 
Colección: Moitas cousas para ver e dicir

Xénero:  Literatura infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Ven á escola e atópame...

Cunha chea de elementos divertidos para ver e dicir, este libro axuda a aprender novas palabras, estimulan hábitos de observación e prepara para o mundo escolar. 


ISBN: 978-84-944792-8-1
Nº de páxinas: 16
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 21 x 21 cm


A IRA DOS MANSOS

 
A IRA DOS MANSOS
Autor: Manuel Esteban
Ilustracións: Ana Costas
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa 

Xénero: Literatura en Galego -Narrativa 

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo , un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.

A ira dos mansos é unha magnífica novela policial e negra, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión sobre a dignidade, a inclusión e o respecto.

ISBN:978-84-9121-101-3
Nº de páxinas:189
Encadernación:Cartoné
Formato:14,5 x 22 cm


martes, 21 de novembro de 2017

BIBIANA Y SU MUNDO


BIBIANA Y SU MUNDO
Autor: José Luis Olaizola
Ilustrador: Ángel Esteban
Ediciones S.M
Colección: Barco de Vapor serie roja 

Género:  Literatura infantil en Castellano -Narrativa

Edad Recomendada: A partir de 12 años 

De pequeña todos la conocían por Bibi. Entraba y salía por las casas de la urbanización como si fueran suyas. Los vecinos se compadecían de ella por ser huérfana de madre y porque su padre Rogelio, además de no trabajar, se pasaba gran parte del día borracho. 

El carácter alegre y abierto de la niña pone en el relato un fondo amable a un problema social duro, al que el autor ha sabido buscar solución sin provocar desgarros ni amarguras. 

ISBN:84-348-1613-X
Nº de páginas:134
Encuadernación:Tapa Blanda
Formato: 12 x 19 cm

 

luns, 20 de novembro de 2017

SEIS FERROLÁNS


SEIS FERROLÁNS 
Autor: Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro.
Ilustración da portada: Alberto Toval
Edicións Embora 

Xénero: Literatura en galego -Narrativa

Ferrol e a comarca son o nexo de unión dos seis relatos que conforman este libro singular.

Seis relatos, seis voces, seis estilos e Ferrolterra ao fondo, presente dalgún xeito a través da maxia das palabras, recreando realidades e ficción.

Os autores á literatura galega con este volume o pouso do lugar propio.

ISBN: 84-95460-27-0
Nº de páxinas: 137
Encadernación:Cartoné
Formato: 13 x 21 cm

domingo, 19 de novembro de 2017

O QUE NUNCA CHE CONTARON


O QUE NUNCA CHE CONTARON
Autor: María Canosa e Kike Gómez
Ilustracións: Dani Padrón
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L.
Colección: O que leo serie Morada

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 9 anos 

Crees que as ideas se acenden como lámpadas sen máis?

Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxinaches?

Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas?

Quen inventou o baile das bolboretas?

E ... de onde sacan a inspiración os magos?

Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito.

Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión , coma o mellor dos cofres dos tesouros.



ISBN:978-84-16834-80-8
Nº de páxinas: 93
Encadernación:Tapa Branda
Formato:13,5 x 20 cm



BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger