sábado, 3 de setembro de 2016

CERTAME VIADUTOS DE RELATOS CURTOS - XVI EDICIÓN


CERTAME VIADUTOS DE RELATOS CURTOS - XVI EDICIÓN
Autores: Sara Vila Alonso, Sandra Martínez Fernández, Elena Dopico Pérez, David Moreira Alvela
Edita: Concello de Redondela, 2016
Coordinación da edición e produción: Editorial Galaxia S.A.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Relatos

Este libro contén os catro relatos premiados na XVI Edición do CERTAME VIADUTOS DE RELATOS CURTOS promovido pola Concellería de Xuventude do Concello de Redondela.

Os títulos son os seguintes:
  • "Adeus, María" de Sara Vila Alonso.
  • "Biografía dun saco de patacas ao lombo" de Sandra Martínez Fernández.
  • "Premio" de Elena Dopico López
  • "Inocente" de David Moreira Alvela.
ISBN: 978-84-608-7538-3
Nº de páxinas: 88
Encadernación: Tapa branda


venres, 2 de setembro de 2016

MAX QUERE FACER AMIGOS


MAX QUERE FACER AMIGOS
Autores: Dominigue de Saint Mars / Serge Bloch
Tradución: Antonio Pichel
Galaxia S.A., 1998
Colección: Así é a vida

Xénero: Literatura Infantil en Galego - COMIC

Idade recomendada: + 8 anos

Esta historia de Max e Lilí fala das mil maneiras de facer amigos.

Max séntese completamente só na praia. Mira cunha feroz envexa ós que se divirten coma tolos. ¿Estaría ben deixar de lago ó seu veciño prosmeiro? ¿Como facer para entrar na banda?

¡Un libriño para conseguir que te aprecien, para comprender que cada un ten sempre algo que aportar e que se sae ganando axudándose mutuamente! 

ISBN: 978-84-8288-196-5
Nº de páxinas: 46
Encadernación: Tapa dura


xoves, 1 de setembro de 2016

MORREU O AVÓ


MORREU O AVÓ
Autores: Dominigue de Saint Mars / Serge Bloch
Tradución: Antonio Pichel
Galaxia S.A., 1998
Colección: Así é a vida

Xénero: Literatura Infantil en Galego - COMIC

Idade recomendada: + 8 anos

Soa o teléfono e Max e Lilí entéranse da morte do seu avó.

Todos marchan a acompañar á avoa para o enterro...

Unha historia para compartir as súas preguntas e as súas emocións, para expresar os medos, para conservar no corazón á xente que se quere e para amar a vida. 

ISBN: 978-84-8288-197-3
Nº de páxinas: 46
Encadernación: Tapa dura


mércores, 31 de agosto de 2016

CHISTES SEXY


CHISTES SEXY
Autor: Editors, S.A. 

Género: Narrativa - Humor

Hay mujeres y hombres sexy. Y hay chistes sexy, que son los que logran el estímulo de nuestro libido y amenizan una reunión. Aunque, independientemente de su género, el chiste siempre sea bien recibido, no cabe duda de que el sexy tiene abiertas las puertas a la alegría, así como a una picaresca que convertirá al chistoso en el rey de la fiesta. 

Con los chistes que aquí ofrecesmos usted será ese rey.

ISBN: 978-84-459-0150-8
Nº de páginas: 158
Encuadernación: Tapa blanda

MAX É MOI TORPE


MAX É MOI TORPE
Autores: Dominigue de Saint Mars / Serge Bloch
Tradución: Antonio Pichel
Galaxia S.A., 1998
Colección: Así é a vida

Xénero: Literatura Infantil en Galego - COMIC

Idade recomendada: + 8 anos

Esta historia de Max e Lilí fala da torpeza...

Max fai todo ó revés e os seus amigos non queren saber nada del para construír a cabana. El está triste ata que o seu curmán chega.

Un libriño para non ter medo a conseguilo, para volver atopar o pracer e a confianza nun mesmo, indo pouco a pouco.

ISBN: 978-84-8288-194-9
Nº de páxinas: 46
Encadernación: Tapa dura

martes, 30 de agosto de 2016

MARISELDIÑA


MARISELDIÑA
Selección e adaptación: Colectivo Crisol (Mª Carmen Aguin, Tina Parada, Elvira García, Carlos Alfonso, Remedios Padín)
Ilustracións: Pepe Carreiro
Promocións Culturais Galegas S.A. - A Nosa Terra, 2000
Colección: Contos Populares

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 3 anos

Era unha fermosa bolboreta que atopou unha cinta de cores. Púxoa e, con moita fachenda, asomouse á ventá. Pasou un cabalo, que lle pediu casar con ela, pero non lle gustou o seu berrar; tampouco o do boi, pero si o dun rato. E casou con el.

Un día, ao querer beber por ter comido unha cáscara de cebola, o rato caeu nunha ola de auga ao lume. E morreu. Entón Mariselda asomou á ventá chorando.

Pasou o cabalo e, coa dor, pegou a correr. Enteirado o boi, deixou de comer. As pombas, cortaron os peteiros. E as pedras rodaron ata o mar, onde botaron toda a pena. 

ISBN: 978-84-95350-36-X
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura

luns, 29 de agosto de 2016

¿A QUÉ SABE A LÚA?


¿A QUE SABE A LUA?
Texto e ilustracións: Michael Grejniec
Traducción ao galego: Carmen Barreiro
Kalandraka Editora, 1999
Colección: Tras os Montes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 4 anos 

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno.

Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela...

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala.

Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante...

ISBN: 978-84-95123-33-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura


domingo, 28 de agosto de 2016

A VENDEDORA DE MISTOS


A VENDEDORA DE MISTOS
Autor: H.C. Andersen
Adaptación: Mª Dolores Hermida Alberti
Ilustracións: Belén Padrón
Kalandraka Editora S.L., 1999
Colección: Os Contos do Trasno Comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 4 anos

Un conto de fadas de Nadal do escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen, coñecido polos seus contos para nenos.

A véspera do Nadal era dura e fría, as rúas da vila ficaban cubertas pola neve, e unha rapariga descalza percorríaas sen máis consolo que a idea de acender un dos mistos que levaba nunha caixiña para vender, mais que ninguén lle comprara.

Sentada no chan e feita unha bóla, atreveuse a tirar un e prendelo. A calor foi tan agradábel que a este seguíronlle outros mentres imaxinaba lugares fermosos onde querería estar.

E deste xeito prenderon uns tras outros até que viu no ceo caer unha estrela; pensou que alguén estaba a morrer, pois así llo dixera súa avoa, que tanto tiña querido: «Cando unha estrela baixa do ceo, alguén sobe a ocupar o seu lugar». E mentres os mistos ardían, viu vir á súa avoíña.... 

ISBN: 978-84-95123-69-X
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger