sábado, 22 de outubro de 2016

CELEBRACIÓN DO DIA DA BIBLIOTECA 2016 EN BIBLIOPAZOS

Mentres realizamos os Obradoiros de Máscaras e Monicreques de Luva para celebrar o Ano Castelao, o próximo luns día 24 de outubro aproveitaremos tamén a ocasión e o día para conmemorar o DIA DA BIBLIOTECA que ten lugar todos os anos nesa mesma data dende que en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, se decidira celebrar este día en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada o ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

As elixidas este ano para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados foron dúas mulleres: LEDICIA COSTAS, última gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 e do Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 polas súas obras “Escarlatina, a cociñeira defunta” e “Jules Verne e a vida secreta dás mulleres planta” respectivamente; e a ilustradora ELENA ODRIOZOLA, tamén galardoada co Premio Nacional de Ilustración en 2015.

https://www.dropbox.com/s/c2i1u4gmf1okm1i/Dia%20de%20la%20Bibliioteca%202016.jpg?dl=0


Para elo ademáis dos Obradoiros previstos para este día e patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao leeremos tamén o pregón deste ano redactado pola escritora galega Ledicia Costas. 

Así que xa sabedes, o Luns, 24 de outubro, na Sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" celebración do DIA DA BIBLIOTECA e do ANO CASTELAO con Viravolta Títeres.



Obradoiro de MÁSCARAS con materiais alternativos

Descrición: Cada un dos participantes elaborará unha máscara empregando materiais que non se adoitan empregar para facer manualidades, deste xeito tratarase de estimular a imaxinación dos cativos/as para que analicen as posibilidades de materiais de uso común e de refugallo para empregalos de xeito creativo noutros contextos que non son os habituais.
Duración: 90 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.

Obradoiro de MONICREQUES DE LUVA con material de refugallo

Descrición: Cada participante elaborará un monicreque de luva, con materiais moi sinxelos, moitos dos cales estarían destinados a rematar o lixo. Unha vez feitas as marionetas os/as nenos/as aprenderán técnicas básicas de manipulación para poder darlle vida ao seu boneco, para logo en pequenos grupos tratar de crear pequenas pezas relacionadas coas obras de Castelao que poderán ser representadas ante os compañeiros/as.
Duración: 120 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.


INSCRICIÓNS:
XA NON HAI PRAZAS DISPOÑIBLES

INFORMACIÓN 
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Horario: 09:00 a 14:00 horas

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE AUTOEMPREGO

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde envíanos a seguinte información dunha actividade de autoemprendemento feminino desde o rural que coidamos pode ser do interese de moitas e moitos dos nosos lectores.


O "OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE AUTOEMPREGO" celebraráse na Escola de Saxamonde (Redondela) os venres 4, 11, 18 e 25 de Novembro e o 2 de Decembro de 16:30  a 20:30 horas.

Está dirixido principalmente a mulleres que queiran atopar no rural a súa saída laboral, aínda que tamén nos comunican que os homes que poidan estar interesados poden inscribirse no mesmo. 

Este obradoiro estará fundamentado no desenvolvemento de procesos para a xeración de proxectos de autoemprego en base a tres criterios:

  • Proxectos sustentables. 
  • Proxectos que fomenten a utilización de recursos de proximidade. 
  • A economía social, a fórmula cooperativa e as súas posibilidades.

Realizarase en cinco sesións de 4 horas cada unha (todos os venres de novembro e o 2 de decembro de 16.30 a 20.30 horas).

Constarán dun proceso secuencial dinámico e participativo, que partirá do fomento do bo ambiente grupal para ir entrando nos contidos a desenvolver.

O desenvolvemento do traballo será:

  • O grupo intelixente: habilidades sociais e  posibilidades en colectivo. O autoemprego como fórmula de desenvolvemento rural.
  • Os recursos rurais e locais: identificación e valoración. Os ciclos económicos curtos. Os recursos de proximidade.
  • A economía social e os proxectos cooperativos. O valor do local o plus de calidade.
  • Da idea ao proxecto. O plan de empresa, un documento útil. Viabilidade, mercados, posibilidades. O meu proxecto.
  • Fórmulas de financiamento alternativo.
  • Experiencia e experiencias en funcionamento en Galicia.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde
Teléfonos: 661 837 697 / 606 722 635




O ZAPATEIRO NO BOSQUE


O ZAPATEIRO NO BOSQUE
Autor: María José Gulín 
Ilustracións: Antía Barba
Ediciones Bolanda S.L., 2015

 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +6 anos
  
 Un día de verán Xermán atópase cun coello que lle pide un estraño encargo, facer zapatos para todos os habitantes do bosque. Este será o inicio dunha grande amizade entre o neno e os animais que viven alí.
 
ISBN: 978-84-606-6847-3
Nº de páxinas:32
Encuadernación: Tapa dura

XENTE DE MALA MORTE


XENTE DE MALA MORTE
Autor: Alfonso Álvarez Cáccamo
Editorial Galaxia S.A., 1993

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Relatos

Oito relatos curtos que falan da vida e da morte, de mala vida e de mala morte, Personaxes solitarios, nacidos da experiencia cotiá e abocados a enfrontarse con situacións límite ante as que o silencio final parece a solución máis digna.

ISBN: 978-84-7154-890-9
Nº de páxinas:127
Encadernación: Tapa branda


venres, 21 de outubro de 2016

1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL PAROLEIROS CON RETRANCA - "FALAR POR FALAR"

1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL 
PAROLEIROS CON RETRANCA 
"FALAR POR FALAR" 

-NOVEMBRO 2016-

dolos Venres
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén 

https://www.dropbox.com/s/sa9joff0vs40mgh/2016-11%20Todo%20%C3%A9%20Parola3.jpg?dl=0

O Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral durante tódolos venres do mes de novembro con varias actuacións a cargo dalgúns dos mellores contadores de historias de Galicia, unha actividade patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. 

Paula Carballeira, Santi Prego, Celso Fdez. Sanmartín e Charo Pita son os escollidos para esta 1ª edición coa que se pretende homenaxear ás nosas tradicións a través de historias contadas oralmente que farán que a imaxinación de mozos e adultos viaxe a través dos contos de sempre que nos contaban os nosos antergos: lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de erotismo, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.

A inauguración deste 1º CICLO será o día 4 de novembro ás 20:00 horas co espectáculo "Os contos que non me contaron", un feixe de contos de todo o mundo que aínda non escoitaches, e que agora terás a oportunidade de facelo da boca de Paula Carballeira.

O 11 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Santi Prego con "O teatro maís pequeno do mundo" ofreceranos un repertorio de contos e historias con participación, contos literarios e contos tradicionais galegos, cunha forma de contar moi visual do narrador, algúns toques de maxia, poesía e comicidade sutil.

O día 18 de novembro ás 13:00 horas teremos con nos a Celso Fdez. Sanmartín co seu espectáculo "Contos que non falten", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais.

Para pechar o 1º Ciclo de Tradición Oral, o día 25 de novembro ás 20:00 horas Charo Pita ofrecerános unha serie de relatos de tradición oral e da súa propia autoría co espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte". A ollada, o silencio e, como non?, a palabra son os protagonistas destas historias que van dende a creación do mundo ata a morte perfilada dende o seu lado máis tenro, máis cómico, máis vital, máis erótico.

Actividades patrocinadas pola


ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!

CÁRNICA DAS NOSAS VIDAS XUNTOS


CÁRNICA DAS NOSAS VIDAS XUNTOS
Autora: Ana Mª González
Deputación Provincial de Pontevedra, 2000
Colección: TAMBO

Xénero: Literatura Galega - Poesía

A novísima autora de Elefantes, primeiro premio do certame “Máquina de vapor” de narrativa erótica, presenta este libro de visións, presenzas e vivencias.

ISBN: 84-8457-017-9
Nº de páxinas: 60
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm


xoves, 20 de outubro de 2016

AS PALABRAS NO EXILIO. Biografía intelectual de Luís Seoane


AS PALABRAS NO EXILIO
Biografía intelectual de LUÍS SEOANE
Autor: Xesús Alonso Montero
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1994
Colección: Ensaio

Xénero: Ensaio - Biografías

Construíu no exilio unha obra de poeta, de dramaturgo, de narrador, de ensaísta e de articulista que constitúe na historia do galeguismo o primeiro capítulo de notable entidade na historia do discurso progresista. Este discurso está nas súas palabras pero tamén nas súas empresas (revistas, coleccións de libros...), consciente de que tales empresas eran necesarias para complementa-lo discurso cultural galerista da metrópole, case inexistente nos primeiros anos da Posguerra e decididamente conservador desde 1950...

ISBN: 978-84-7507-801-X
Nº de páxinas: 252
Encadernación: Tapa branda


LA HIJA DEL CURANDERO


LA HIJA DEL CURANDERO
Autor: Amy Tan
Traducción: Mª. Eugenia Ciocchini        
Editorial Planeta S.A; 2015
Colección: Booket
 
Género: Literatura en castellano - Narrativa

Con el fin de evitar que sus recuerdos se pierdan para siempre, la anciana Luling, emigrada a Estados Unidos, escribe el relato de su pasado en China. Un día, su hija Ruth encuentra esos documentos en el apartamento y, a través de ellos, llega a conocer los primeros años de vida de su madre y algunas revelaciones sobre el pasado familiar. Las dos generaciones de mujeres, con voces alternas, hallarán en este repaso a la memoria un punto de encuentro y reconciliación.

Con "La hija del curandero", la novela sigue a El Club de la Buena Estrella, Amy Tan se consolidó como una de las escritoras que mejor ha sabido retratar la relación entre madres e hijas, y que mejor ha plasmado la confluencia de Oriente con Occidente.

ISBN: 978-84-08-13585-2
Nº de páginas:427
Encuadernación: Tapa blanda

mércores, 19 de outubro de 2016

O ZAPATEIRO E O RAPOSO


O ZAPATEIRO E O RAPOSO
Autor: María José Gulín 
Ilustracións: Antía Barba 
Ediciones Bolanda S.L., 2016

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

A desaparición dunhas galiñas en Aloia e Carballeda leva os seus veciños a facer quendas de vixilancia para atrapar o misterioso raposo. A intervención dos animais do bosque máximo será decisiva para resolver o caso.

ISBN: 978-84-608-8388-3
Nº de páxinas:32
Encuadernación: Tapa dura

SOÑOS ELÉCTRICOS


SOÑOS ELECTRICOS 
Autor: Ramón Caride Ogando
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1992
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Ciencia Ficción

O tema central é a cultura de masas, concretamente o universo do rock and roll, con moita influencia de músicos como David Bowie e referencias ó cine e ó cómic.

A novela está ambientada nun mundo futurista, que pode ser herdeiro do de Blade Runner, a película de Ridley Scott, ou de Un mundo feliz, de Aldous Huxley.

A estructura da novela é "coma unha acumulación de relatos curtos ou aventuras, unidos pola presencia de dous personaxes centrais, que viven nunha sociedade pechada, nunha cidade que está illada do entorno, ecoloxicamente estragado. Nesa cidade, Alfa, temos a estes dous personaxes, un pertencente á alta sociedade, un artista chamado Stevo Dádik, e outro á clase baixa, un asasino chamado Xandor-F. A novela conta a vida dos dous, os encontros e desencontros que teñen nas cinco partes de que consta a obra."

"Soños eléctricos recolle a tradición da ciencia ficción que podemos chamar "sociolóxica", que ten un dos seus máximos representantes actuais no americano Frederick Pohl, e foi iniciada por H. G. Wells, quen, frente á liña da ficción científica e tecnolóxica ó estilo de Verne, opta por especular coa evolución psicolóxica e social do home sometido á presión destas novas tecnoloxías." 

ISBN: 978-84-7507-689-0 
Nº de páxinas: 176 
Encadernación: Tapa branda


martes, 18 de outubro de 2016

LUÍS PIMENTEL. OBRA COMPLETA


LUIS PIMENTEL. Obra Completa
Autor: Luís Pimentel
Edición: Araceli Herrero Figueroa
Editorial Galaxia S.A., 2009
Colección: Obras completas

Xénero: Literatura Galega / Literatura Castelán

Por primeira vez, publícase a "Obra completa" do poeta Luís Pimentel.

Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, "Triscos", ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, "Sombra do aire na herba", publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega.

De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro "Barco sin luces", poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita ou non recopilada.

A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets.

Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.

ISBN: 978-84-9865-234-5
Nº de páxinas: 470
Encadernación: Tapa dura


luns, 17 de outubro de 2016

UNHA ESCOLA NAS NUBES

  
UNHA ESCOLA NAS NUBES
Autor: María José Gulín
Ilustracións: Antía Barba                               
Ediciones Bolanda S.L.,2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Pinguiña e as súas amigas viven nunha nube branca que non produce chuvia, así que non corren perigo de caer á Terra. Mais elas soñan con aventuras como a que viviu unha gran pinga nunha perigosa misión da que case non regresa. As pingas deberían avisar os humanos da contaminación que ameaza o seu planeta...

ISBN: 978-84-608-3827-2
Nº de páxinas:32
Encuadernación: Tapa dura

O SEGUNDO SEXO: I. Os feitos e os mitos


O SEGUNDO SEXO
Tomo I - Os feitos e os mitos
Tradución: Marga Rodríguez Marcuño
Revisión temático-filosófica: África B. López Souto
Edicións Xerais de Galicia, SA, 2008
Colección: Ensaio

Xénero: Ensaio - Filosofía - Ciencias Sociais

Hai libros que nos acompañan moito tempo despois de telos lido. Que abren camiños para o pensamento permanecendo vivos anos despois da súa primeira publicación. Este é o caso de O segundo sexo de Simone de Beauvoir, un texto imprescindible para os movementos de mulleres e a primeira reflexión filosófica de calado sobre a construción da condición feminina. 

Unha obra, publicada en 1949, que abriu debates sobre temas claves para o avance das mulleres, nomeadamente, a importancia da súa independencia económica, a redefinición do seu papel nas familias e na sociedade, a deconstrución da mística da maternidade ou a capacidade de decisión das mulleres sobre o seu propio corpo e da súa vida. Deixou claro que a bioloxía non é o destino. E, polo tanto, deu azos a moitas xeracións de mulleres para buscar formas para participar e transformar a vida social e política.

A obra de Beauvoir ten a virtude de ser contemporánea moitos anos despois. E agora a súa edición en galego, traducida por Marga Rodríguez Marcuño e introducida por África López Souto, no ano do centenario do seu nacemento apunta nesta mesma liña.

As nosas letras enriquécense cun texto fundamental para a humanidade que xerou unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. 

ISBN:  978-84-9782-709-6
Nº de páxinas: 462
Encadernación: Tapa branda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger